{"id":7887,"date":"2011-07-12T10:08:00","date_gmt":"2011-07-12T08:08:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:43:30","modified_gmt":"2024-11-12T13:43:30","slug":"primeiro-pleno-ordinario-do-novo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2011\/07\/12\/primeiro-pleno-ordinario-do-novo\/","title":{"rendered":"Primeiro pleno ordinario do novo mandato"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhgLkN75WeOkiLxWO6D4ZIaHvsaUVI7Yy4CL2wfiYcrFMCixc66-05nkHyeaRh4pu46ny63SwC6TABLbbFSkdFvieVr6lFYWrnHsfhA_4TgB5dk-SCl0LZXeQffhlqm55jJyUDsLA\/s2048\/distribucion+plenos.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"291\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhgLkN75WeOkiLxWO6D4ZIaHvsaUVI7Yy4CL2wfiYcrFMCixc66-05nkHyeaRh4pu46ny63SwC6TABLbbFSkdFvieVr6lFYWrnHsfhA_4TgB5dk-SCl0LZXeQffhlqm55jJyUDsLA\/s2048\/distribucion+plenos.jpg\" width=\"400\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Distribuci\u00f3n no sal\u00f3n de plenos no mandato 2011\/2015 (a falta de intervenci\u00f3n)<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>Onte, luns 2\u00ba de mes \u00e1s oito, como habitualmente est\u00e1 establecido, celebrouse o primeiro pleno do novo mandato da corporaci\u00f3n ribadense.<\/p>\n<p>Significou unha variaci\u00f3n sobre os plenos anteriores, \u00f3 po\u00f1er a an\u00e1lise dos decretos da alcald\u00eda (pagos varios) \u00f3 final, xunto con Rogos e preguntas, formando un s\u00f3 bloque.<\/p>\n<p>O punto primeiro foi, como sempre, a aprobaci\u00f3n de actas, neste caso de 11 e 15 de xu\u00f1o, os plenos de constituci\u00f3n da corporaci\u00f3n.<\/p>\n<p>O segundo punto foi o acordo entre Concello e Deputaci\u00f3n por mor do selo de empregado p\u00fablico e o servizo de sede electr\u00f3nica, a traverso do programa &#8216;inn\u00f3vate&#8217;, que pasou con unanimidade.<\/p>\n<p>O terceiro punto versou sobre a petici\u00f3n de baixa da asociaci\u00f3n &#8216;villas Marineras&#8217;. A dicir que, do falado no pleno, despr\u00e9ndese que Ribadeo leva 5 anos na asociaci\u00f3n, que a cota \u00e9 de preto de 8 000 \u20ac\/ano e que debe 23 000 \u20ac, sen ter sacado un rendemento aceptable. A asociaci\u00f3n \u00e9 de promoci\u00f3n tur\u00edstica de vilas na costa norte espa\u00f1ola, e o concello pretende concentrar eses cartos en promoci\u00f3n directa, \u00f3 tempo que ten a d\u00e9beda reco\u00f1ecida e califica de &#8216;custe inasumible&#8217; seguir mantendo ise d\u00e9bito anual cunha relaci\u00f3n prezo\/custe insatisfactoria. O representante do PSOE anuncia a abstenci\u00f3n por desco\u00f1ecemento do caso, e Francisco Rivas&nbsp; anuncia tam\u00e9n a abstenci\u00f3n, pero preguntando se se fixo alg\u00fan tipo de avaliaci\u00f3n e que actividades se fixeron de promoc\u00f3n.<\/p>\n<p>Azucena Gonz\u00e1lez axusta que son 17 concellos participantes, que se entrou por unanimidade e que para entrar Ribadeo modific\u00e1ronse os estatutos da asociaci\u00f3n, obtendo a resposta do alcalde no sentido de que xa sa\u00edron os concellos vascos, que foron os \u00faltimos en entrar.<\/p>\n<p>A partires de aqu\u00ed hai un cambio de rumbo nas argumentaci\u00f3ns sa\u00edndo a relocer o aporte da Xunta \u00e1 promoci\u00f3n tur\u00edstica da Mari\u00f1a (ou m\u00e1is ben a falta del, sendo integrado no conxunto de Galicia) e o feito de que a promoci\u00f3n tur\u00edstica ten resultados a longo prazo, as\u00ed como que se espera que se faiga unha planificaci\u00f3n para aproveitar os recursos de promoci\u00f3n, ou o aumento de recursos de persoal. A votaci\u00f3n arroxou 7 a favor (BNG), 2 abst. (UPRi e PSOE) e 4 en conta (PP)<\/p>\n<p>O punto 4\u00ba foi a resoluci\u00f3n de alegaci\u00f3n e aprobaci\u00f3n do convenio con ACISA para o uso da casa do Viejo Pancho, na que a asociaci\u00f3n mant\u00e9n unha oficina con permiso en precario.<\/p>\n<p>Alega o PP que est\u00e1 alter\u00e1ndose a concepci\u00f3n para a que se ideou a casa, un centro de estudos americanos, e UPRi que t\u00f3dalas asociaci\u00f3ns te\u00f1en dereito a locais, \u00f3 que respondeu Fernando Su\u00e1rez afirmando a supremac\u00eda de ACISA dentro das asociaci\u00f3ns, e que t\u00f3dalas asociaci\u00f3ns te\u00f1en xa un lugar de encontro no lavadorio [Nota propia: distinguir entre un lugar de encontro e un de recepci\u00f3n e atenci\u00f3n social]<\/p>\n<p>A votaci\u00f3n arroxou 7 a fvor e 6 abstenci\u00f3ns.<\/p>\n<p>O punto 5\u00ba foi a aprobaci\u00f3n de convenio urban\u00edstico con M\u00aa Isabel Arias L\u00f3pez en relaci\u00f3n co espazo que ocupa o taller &#8216;Loureiro&#8217; na r\/Pintor Fierros.<\/p>\n<p>Abstense Eduardo Guti\u00e9rrez, estando o resto a favor. Aclara o alcalde que os criterios deste tipo de convenio foron cosensuados pro todos os grupos en per\u00edodo anterior, e difunde que ma\u00f1\u00e1 martes (hoxe) haber\u00e1 comisi\u00f3n informativa sobre PXOM e Pepri, o que responde Eduardo G. que as cousas deben facerse do xeral \u00f3 particular, e non \u00f3 rev\u00e9s, constru\u00edndo o plan en base a pequenas cousas indepndentes.<\/p>\n<p>No 6\u00ba, as medidas para establecer e compensar os <a href=\"http:\/\/www.ribadeo.org\/actualidade\/nova.php?id=788&amp;lg=gal\">danos por xabariles<\/a>, deu lugar a diversas intervenci\u00f3ns, sendo quiz\u00e1is o punto m\u00e1is discutido. Eduardo considerou a proposta m\u00e1is propia de gruo parlamentario que de discusi\u00f3n no pleno, Francisco m\u00e1is unha declaraci\u00f3n de intenci\u00f3ns que de medidas propias, anunciando a s\u00faa negativa, e Campo que debera coordinarse cos outros concellos afectados, lendo un longo documento sobre o tema e propo\u00f1endo a aprobaci\u00f3n por apartados cun documento alternativo \u00f3 tempo que xustifica o retraso no cobro das indemnizaci\u00f3ns por incumprimento dos gobernos anteriores da Xunta sobre as cantidades a disposici\u00f3n, menos das debidas., aclarando que os pagos solicitados multiplic\u00e1ronse na vixencia da normativa. Sinala Fernando que as axudas non se cobran dende o 2009, e como non se pagan, non se denuncia, e iso fai que non existan administrativamente e que propicia os paos entre os cazadore e os agricultores. Fala asimesmo dunha xuntanza en Vilela, de onde saiu a iniciativa de presentar cada concello unha moci\u00f3n, de xeito independente, das que a que se est\u00e1 a tratar \u00e9 a primeira por oportunidade temporal. Aclara o secretario que a disgregaci\u00f3n e voto particular contrav\u00e9n a normativa, e que debera er presentado na comisi\u00f3n previa. Asemade, unha nova proposta de deixar o tema sobre a mesa para o seguinte pleno facer as cousas de xeito formal non \u00e9 estimada acorde coa regulamentaci\u00f3n. A votaci\u00f3n resulta en 7 a favor, a abstenci\u00f3n do PSOE e 5 en contra.<\/p>\n<p>Neste punto disculpa a s\u00faa asistencia Vicente Castro, e p\u00e1sase \u00f3 conxunto de decretos da alcald\u00eda e rogos e preguntas.<\/p>\n<p>Dentro das varias preguntas e rogos feitos, destacar s\u00f3 uns poucos:&nbsp; Axusta o secretario que este punto \u00e9 un punto \u00fanico de fiscalizaci\u00f3n da labor municipal.<\/p>\n<p>Pregunta Francisco R. sobre o funcionamento da depuradora, respond\u00e9ndolle o alcalde que est\u00e1 en funcionamento dende m\u00e1is ou menos un mes despois da s\u00faa inauguraci\u00f3n, pero non \u00f3 100%, e que polo momento non fixo como Frga en Palomares.<\/p>\n<p>A unha pregunta sobre a reclamaci\u00f3n de 200 000 e de m\u00e1rmores e granitos Eo, axusta o alcalde que corresponde a unha reclamaci\u00f3n patrimonial pola anulaci\u00f3n de licenza de actividade de corte de granito, tras un proceso xudicial debido a molestias e o ru\u00eddo, tramitado arredor do ano 2000. Foi consultado co Consello Consultivo de Galicia, e informado negativamente.<\/p>\n<p>Volve a haber reparos da interventora \u00e1s n\u00f3minas do concello, pero a s\u00faa ausencia fai pospo\u00f1er a resposta.<\/p>\n<p>Unha pregunta sobre a necesidade de estar empadroados ou escolarizados para ter preferencia nas activiadades de ver\u00e1n da lugar a un pequeno escarceo sen consecuencias, a conto da admisi\u00f3n correspondente \u00f3 ver\u00e1n pasado e a unha presunta posibilidade de xudicializaci\u00f3n por parte de Francisco R.<\/p>\n<p>Pregunta Paco sobre se se realizou algunha xesti\u00f3n sobre a residencia da 3\u00aa idade, respondendo o alcalde que se est\u00e1 a facer.<\/p>\n<p>Saen a relocer asemade as 12 bicicletas cedidas por Koodza.<\/p>\n<p>Campo trata o tema da subestaci\u00f3n, desviando o alcalde o tema por non corresponder \u00e1 xusrisdicci\u00f3n do concello, a excepci\u00f3n da emisi\u00f3n de informes (obrigada), sen\u00f3n \u00e1 Xunta.<\/p>\n<p>\u00d3 final do pleno o alcalde disculpa ter perdido as preguntas de O Tes\u00f3n, e empr\u00e1zase para respondelas por escrito.<\/p>\n<p>O pleno rematou cami\u00f1o das 10 da noite.<\/p>\n<p>[Nota: segundo a AVV de Santalla de Vilaosende haber\u00eda unha pregunta deles.]<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Distribuci\u00f3n no sal\u00f3n de plenos no mandato 2011\/2015 (a falta de intervenci\u00f3n) Onte, luns 2\u00ba de mes \u00e1s oito, como habitualmente est\u00e1 establecido, celebrouse o primeiro pleno do novo mandato da corporaci\u00f3n ribadense. Significou unha variaci\u00f3n sobre os plenos anteriores, \u00f3 po\u00f1er a an\u00e1lise dos decretos da alcald\u00eda (pagos varios) \u00f3 final, xunto con Rogos [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[98,38,133,42,13],"class_list":["post-7887","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-acisa","tag-eduardo-gutierrez","tag-eleccions-2011","tag-plenos","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7887","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7887"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7887\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7887"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7887"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7887"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}