{"id":7881,"date":"2011-07-16T10:45:00","date_gmt":"2011-07-16T08:45:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:43:17","modified_gmt":"2024-11-12T13:43:17","slug":"mesa-redonda-sobre-hernan-nas-xornadas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2011\/07\/16\/mesa-redonda-sobre-hernan-nas-xornadas\/","title":{"rendered":"Mesa redonda sobre Hern\u00e1n nas xornadas de historia local"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhtYf8Is9hmpeaHpVj_VztzKxc74p2Ur_w6QlEZi3gJzD5jjHJ3Px5yT44B4gSVqvglTRYQAxOUGyEcKezzEnOrv9hnAkmK40G2M_JiNgc5WpKvYoU9meQFRRrdoEGCtS55WR0aNw\/s2048\/20110715+taboa+ronda+Hernan.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"157\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhtYf8Is9hmpeaHpVj_VztzKxc74p2Ur_w6QlEZi3gJzD5jjHJ3Px5yT44B4gSVqvglTRYQAxOUGyEcKezzEnOrv9hnAkmK40G2M_JiNgc5WpKvYoU9meQFRRrdoEGCtS55WR0aNw\/s2048\/20110715+taboa+ronda+Hernan.jpg\" width=\"400\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Un momento da presentaci\u00f3n, en recorte dunha foto de Chenchu (tomada do fb)<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>Venres tivo lugar no marco das xornadas de Historia Local da agrupaci\u00f3n cultural Francisco Lanza a mesa redonda sobre Hern\u00e1n. Participamos, por orde de intervenci\u00f3n, Dores Fern\u00e1ndez Abel (moderadora), Francisco Luis Rodr\u00edguez Guerreiro, Hugo Garc\u00eda Presno, Aurora L\u00f3pez Rodil e m\u00e1is eu.<\/p>\n<p>Os estilos das intervenci\u00f3ns foron abondo diferentes, dende o m\u00e1is documental de Francisco ou t\u00e9cnico de Hugo ata o m\u00e1is vivencial de Aurora ou meu.<\/p>\n<p>Deixo os audios das intervenci\u00f3ns e a parte escrita da mi\u00f1a intervenci\u00f3n. Quedar\u00eda por po\u00f1er a presentaci\u00f3n con fotos e m\u00fasica de Hern\u00e1n, montada por Hugo, e a parte correspondente \u00e1s preguntas finais.<\/p>\n<p>Intervenci\u00f3n de Francisco Rodr\u00edguez (e presentaci\u00f3n xeral de Dores)<\/p>\n<p><object height=\"132\" width=\"353\"><embed src=\"http:\/\/www.goear.com\/files\/external.swf?file=116c24a\" type=\"application\/x-shockwave-flash\" wmode=\"transparent\" quality=\"high\" width=\"353\" height=\"132\"><\/embed><\/object><\/p>\n<p>Intervenci\u00f3n de Hugo:<\/p>\n<p><object height=\"132\" width=\"353\"><embed src=\"http:\/\/www.goear.com\/files\/external.swf?file=9149841\" type=\"application\/x-shockwave-flash\" wmode=\"transparent\" quality=\"high\" width=\"353\" height=\"132\"><\/embed><\/object><\/p>\n<p>Intervenci\u00f3n de Aurora:<\/p>\n<p><object height=\"132\" width=\"353\"><embed src=\"http:\/\/www.goear.com\/files\/external.swf?file=c05f92b\" type=\"application\/x-shockwave-flash\" wmode=\"transparent\" quality=\"high\" width=\"353\" height=\"132\"><\/embed><\/object><\/p>\n<p>A mi\u00f1a intervenci\u00f3n:<\/p>\n<p><object height=\"132\" width=\"353\"><embed src=\"http:\/\/www.goear.com\/files\/external.swf?file=de97d60\" type=\"application\/x-shockwave-flash\" wmode=\"transparent\" quality=\"high\" width=\"353\" height=\"132\"><\/embed><\/object><\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>As facetas dunha persoa son inabarcables. E m\u00e1is se \u00e9 da talla de Hern\u00e1n.<\/p>\n<p>Despois da primeira consideraci\u00f3n, reunidos para falar de Hern\u00e1n en p\u00fablico, oc\u00f3rreseme que non deber\u00edamos falar quenes o apreciamos. Hai a tendencia, sempre, \u00f3 &#8216;non digas mal del&#8217; &#8230; a\u00ednda que, como toda persoa, ti\u00f1a as s\u00faas beiras, e sempre as hai que se poden considerar boas ou malas segundo a referencia que se elixa ou que se te\u00f1a para mirar. Mais, como ignorado ata o momento por un estudo estruturado e en profundidade, s\u00f3 quedamos quenes o co\u00f1ecimos para deixar esa testemu\u00f1a da nosa apreciaci\u00f3n, que a\u00ednda que pretendamos obxectiva, non podemos separar do noso aprecio.<\/p>\n<p>Coido que o anterior leva a falar, o primeiro, do factor humano: quer\u00eda \u00e1 s\u00faa xente, e n\u00f3s sab\u00edamolo. A\u00ednda que eso non nos libraba de broncas, algunhas discutibles, en particular se eramos n\u00f3s os abroncados.<\/p>\n<p>Hern\u00e1n chegou a Ribadeo con entusiasmo: present\u00f3uselle a oportunidade de levar a cabo unha labor definida por el mesmo nun contexto que lle impo\u00f1\u00edan pero que lle vi\u00f1a case como anel \u00f3 dedo, e \u00f3 pouco, percibiu que ti\u00f1a un respaldo. \u00d3 longo do tempo, o entusiasmo variou en punto de mira, \u00f3 ir axustando o proxecto, incardinouse nas relaci\u00f3ns coa xente, pero non mermou en cantidade. E ise entusiasmo levouno a dar todo de si. Hern\u00e1n fixo entrar a banda pola porta grande \u00e1 vida musical, cunha visi\u00f3n ampla, e as\u00ed a mantivo. Era a s\u00faa banda, coa que compart\u00eda a m\u00fasica.<\/p>\n<p>Coido que pode dicirse que o traballo era para el un desfrute, e desfrutaba moito, porque traballaba moito. Traballo e esforzo, a m\u00e1is de condici\u00f3ns naturais, claro, fundamentaron pola s\u00faa parte unha obra que non foi s\u00f3 musical, sen\u00f3n, e coido que sobre todo, social, nun entronque da s\u00faa adicaci\u00f3n vital \u00e1 m\u00fasica con ideas pol\u00edticas e de filosof\u00eda de vida que configuraron a s\u00faa vida en conxunto con aquela. Entre os que o tratamos na \u00e9poca ribadense, perdura o ritmo musical a car\u00f3n do marcado polas verbas compartidas e os artigos no semanario e nos xornais, con mistura de ideas de acci\u00f3n e ideolox\u00eda con s\u00e1tira, historia ou pedagox\u00eda.<\/p>\n<p>Como Hern\u00e1n era unha soa persoa, o desenvolvemento en diferentes campos e o uso de co\u00f1ecemento duns como \u00fatis noutro, fai que \u00e1s veces pareza que non sab\u00eda distinguir entre diferentes facetas, como a m\u00fasica e a pol\u00edtica, pero m\u00e1is que que non soubera distinguir \u00e9 que empregaba o que mellor co\u00f1ec\u00eda como dato ou como apoio para outra faceta da s\u00faa actividade, que \u00e9 ben diferente. E que fac\u00eda a distinci\u00f3n est\u00e1 claro en detalles como o que xa te\u00f1o comentado sobre o himno galego, a diferencia de importancia entre o que \u00e9 emblema e o aspecto musical.<\/p>\n<p>Despois do anterior, dubido que ningu\u00e9n este\u00f1a tentado a distinguir a Hern\u00e1n pola Banda de xeito exclusivo, por unha predominancia de temas musicais. Ser\u00eda un erro tremendo: por suposto que a banda tivo moita importancia para el, pero entenderase a cousa se lembro que mentras que a banda trata de m\u00fasica, a m\u00fasica non trata da banda, e \u00e9 evidente que Hern\u00e1n controlaba esta distinci\u00f3n moito mellor que eu.<\/p>\n<p>As\u00ed, deixando a referencia da faceta m\u00e1is musical, te\u00f1o escoitado que a relaci\u00f3n cos cartos define \u00e1s persoas: a parte dalgunha an\u00e9cdota m\u00e1is persoal no mesmo sentido, coido que todos os que ti\u00f1amos relaci\u00f3n con el a traverso de Amadores sabemos que os consideraba un medio, e por iso estaba sempre pedindo, pero non para si: ped\u00eda medios para realizar unha labor na que cr\u00eda. Mesmo po\u00f1\u00e9ndoos do seu peto.<\/p>\n<p>Falando de Amadores, as relaci\u00f3ns coa directiva. Tam\u00e9n era quen supl\u00eda ou complementaba moitas veces o traballo da directiva da Amadores. Como en calquera relaci\u00f3n, \u00e1s veces hab\u00eda instrumentaci\u00f3n: a directiva como instrumento de Hern\u00e1n, pero tam\u00e9n viceversa, Hern\u00e1n como instrumento da directiva. Que non se entenda mal: \u00e9ramolo con moito gusto, porque sabiamos que estabamos en boas mans e nos transmit\u00eda entusiasmo. E, cando tocaba, Hern\u00e1n fac\u00eda de instrumento, facendo que \u00f3 final, esa diferenza entre directiva e director \u00e1s veces se dilu\u00edra no entusiasmo e no traballo. Estatutariamente, a directiva non ten moito que ver co director, pero se hai boa comunicaci\u00f3n, mesmo simbiose, o resultado n\u00f3tase. E not\u00e1base.<\/p>\n<p>O mellor que fixo a xestora da Asociaci\u00f3n Amadores da M\u00fasica no seu momento foi po\u00f1er a banda nas s\u00faas mans. E, daqu\u00ed, enfatizo a palabra familia: fixo da banda unha familia e unha instituci\u00f3n que rend\u00eda resultados. Pero primeiro, unha familia. Hai que lembrar que como en calquera familia, tam\u00e9n hab\u00eda broncas, pero como en toda familia que se leva ben, pesaban m\u00e1is os b\u00f3s momentos. E iso trad\u00faxose en que a banda f\u00f3mola todos, e, \u00f3 tempo, con cari\u00f1o, orgullo mutuo e reco\u00f1ecemento da primac\u00eda da s\u00faa labor.<\/p>\n<p>Todos, cun apoio no contraste das caracter\u00edsticas persoais que reco\u00f1ec\u00eda a boa vontade e o traballo mutuo. Respecto a isto \u00faltimo, Hern\u00e1n era esixente. V\u00eda a esixencia como unha necesidade. E daba exemplo \u00f3 tempo que pod\u00eda disculpar os erros, pero non a falta de esforzo. Os que estabamos dirixidos pola s\u00faa batuta sab\u00edamos desa necesidade e do seu criterio. Aprend\u00edmolo no medrar dunha banda que tivo que comezar con pouco m\u00e1is que lembranzas de m\u00fasica popular doutros tempos, daquela vistos como gloriosos.<\/p>\n<p>Dende o punto de vista da m\u00fasica, co seu f\u00edo condutor, tam\u00e9n poden verse outras cousas. Por exemplo, o galeguismo de Hern\u00e1n era patente. Pero hai que distinguir entre un galeguismo pacato, da Galicia-aldea, do que praticaba Hern\u00e1n, tentando a coller a Galicia por separado para mellor integrala (e que poidera contribu\u00edr tam\u00e9n mellor) no conxunto de pobos do mundo. \u00c9 dicir, un apoio na propia identidade para non perderse na universalidade. E isto v\u00edase a traverso da m\u00fasica, das obras que escoll\u00eda, da dignificaci\u00f3n por riba da tradici\u00f3n, da apertura a outros ritmos e tam\u00e9n outras ideas, da sensibilizaci\u00f3n, &#8230;<\/p>\n<p>A conta dalgunha pol\u00e9mica t\u00e9nselle achacado af\u00e1n de protagonismo. Coido que unha cousa \u00e9 procurar o protagonismo e outra o non poder escapar del de xeito doado ou sinxelamente non precuparse del. E cando algu\u00e9n \u00e9 activo, con sentido e con esforzo, cando logra acadar metas para ben de todos, cons\u00edgueo a base de esforzo, de loitar polo que cree e de defendelo. As\u00ed, s\u00f3  poder\u00e1 despreocuparse do protagonismo ou tentar escapar del, moitas veces sen conseguilo, pero \u00e9 protagonista. E Hern\u00e1n \u00e9rao. Sen af\u00e1n, por m\u00e9ritos.<\/p>\n<p>Para rematar, coido que mentras Hern\u00e1n non sexa obxecto dun estudo en profundidade, seguir\u00e1 a sentirse a necesidade de lembranzas pequenas, aqu\u00ed e al\u00f3, noutrora e agora, tentando non esquecer o seu facer, a s\u00faa necesidade, pero sen quedar en paz un pobo que sabe que lle falta ese espaldarazo de reco\u00f1ecemento a pesares do punto da orde do d\u00eda do pleno de 20060710 no que se da o nome de Hern\u00e1n Naval Parapar \u00f3 auditorio municipal, o Especial Cadernos Ribadenses (maio 2002), a Recompilaci\u00f3n de artigos de Fernando Rodr\u00edguez Ra\u00f1o ou a pl\u00e9tora de p\u00e1xinas a medio facer en internet.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un momento da presentaci\u00f3n, en recorte dunha foto de Chenchu (tomada do fb) Venres tivo lugar no marco das xornadas de Historia Local da agrupaci\u00f3n cultural Francisco Lanza a mesa redonda sobre Hern\u00e1n. Participamos, por orde de intervenci\u00f3n, Dores Fern\u00e1ndez Abel (moderadora), Francisco Luis Rodr\u00edguez Guerreiro, Hugo Garc\u00eda Presno, Aurora L\u00f3pez Rodil e m\u00e1is eu. [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[51],"class_list":["post-7881","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-hernan-naval"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7881","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7881"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7881\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7881"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7881"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7881"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}