{"id":7871,"date":"2011-07-25T13:52:00","date_gmt":"2011-07-25T11:52:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:43:01","modified_gmt":"2024-11-12T13:43:01","slug":"ttt-conto-popular-espanol","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2011\/07\/25\/ttt-conto-popular-espanol\/","title":{"rendered":"TTT, conto popular espa\u00f1ol"},"content":{"rendered":"<p>Alg\u00fans mante\u00f1en que \u00e9 un mito. Outros, algo cambiado pola perda da memoria&nbsp; hist\u00f3rica na noite dos tempos. Hai quen mant\u00e9n que \u00e9 un segredo deformado, polo boca a boca e que nunca se saber\u00e1 a verdade pola opacidade e dificultade de interpretaci\u00f3n documental, pero as diferenzas, no fondo, son pequenas, e poderiamos comezar o conto como segue:<\/p>\n<p>Hab\u00eda unha vez tres tristes traxes &#8230; que se sent\u00edan moi soios. Case todos os ninguneaban, non lles daban importancia, mesmo parec\u00edan unha graza, unha chanza en si, de xeito que decidiron reunirse para estudar a situaci\u00f3n. As\u00ed, xuntos, xa parec\u00edan algo, e tomaron un pouco de confianza: xa non eran un traxe aqu\u00ed, outro al\u00f3, outro acol\u00e1, desperdigados, sen\u00f3n algo m\u00e1is s\u00f3lido. Viron crari\u00f1o que a uni\u00f3n fai a forza. E decidiron probar a aumentar o grupo para ver se algu\u00e9n os tomaba m\u00e1is en serio.<\/p>\n<p>Invitaron a outros traxes, as\u00ed ata xuntarse 12, e decidiron que era bo,;mesmo xa tentaban esquecelos, pero not\u00e1base que era a posta, non para ningunealos, sen\u00f3n para tentar evitalos, como se as\u00ed se fixeran desaparecer. Os traxes not\u00e1ronno, e decidiron que a estratexia era boa. Chegados a este punto, por que non diversificar? Por que non probar cousas novas, por exemplo, americanas? Catro delas un\u00edronse \u00f3 grupo, e d\u00e9ronlle diveridade entre un esquecemento cada vez maior e cada vez m\u00e1is patentemente indicador de medo \u00f3 grupo.<\/p>\n<p>As\u00ed, a cousa seguiu, completando o vestiario. Vi\u00f1eron adem\u00e1is cinco pares de zapatos, e botaron a cami\u00f1ar, a\u00ednda baixo o ocultamento, pero sabendo que cami\u00f1ando, cami\u00f1ando, poder\u00edan sa\u00edr de calquera tipo de ocultamento.&nbsp;<\/p>\n<p>Para sa\u00edr m\u00e1is r\u00e1pido \u00e1 luz, para ser m\u00e1is visible, que mellor que unha corbata, trat\u00e1ndose de traxe de cabaleiro? V\u00e9se algo mellor? Non, decidiron, e incorporaron catro corbatas \u00f3 grupo.<\/p>\n<p>E chegou o momento de botar contas, que as cousas caras saben botalas con grandes n\u00fameros, e xa comezaban a ser grandi\u00f1os&#8230; Sumaron e sumaron, e xa \u00edan en 14 000 \u20ac.<\/p>\n<p>Aqu\u00ed p\u00e9rdense t\u00f3dalas historias e comezan as conxeturas. Hai quen di que a cousa quedou a\u00ed, na paga anual dun mileurista, pero tam\u00e9n quen apunta a que o grupo seguiu a medrar, diversificando a outro tipo de posesi\u00f3ns e m\u00e1is cartos, ou, polo contrario, quen di que o grupo, nun \u00faltimo intento, quedou relegado \u00e1 noite dos tempos polo seu propietario, adl\u00e1teres e medios de comunicaci\u00f3n tras un honroso acto final, atendendo \u00e1 cualificaci\u00f3n dos m\u00e1is pr\u00f3ximos a ditos bens e \u00f3 seu propietario.<\/p>\n<p>De calquera xeito, en segredo, corren rumores que hai xente que segue na procura de datos do mito ou da historia, e que aparecer\u00e1n m\u00e1is, \u00f3 tempo que otros investigadores est\u00e1n mirando (parece que con asombro) \u00e1s consecuencias que ter\u00eda noutros mitos e mesmo no futuro da mitolox\u00eda popular.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Alg\u00fans mante\u00f1en que \u00e9 un mito. Outros, algo cambiado pola perda da memoria&nbsp; hist\u00f3rica na noite dos tempos. Hai quen mant\u00e9n que \u00e9 un segredo deformado, polo boca a boca e que nunca se saber\u00e1 a verdade pola opacidade e dificultade de interpretaci\u00f3n documental, pero as diferenzas, no fondo, son pequenas, e poderiamos comezar o [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,9],"class_list":["post-7871","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7871","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7871"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7871\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7871"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7871"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7871"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}