{"id":7866,"date":"2011-07-27T21:30:00","date_gmt":"2011-07-27T19:30:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:42:53","modified_gmt":"2024-11-12T13:42:53","slug":"sobre-o-nome-da-ria-de-ribadeo-por","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2011\/07\/27\/sobre-o-nome-da-ria-de-ribadeo-por\/","title":{"rendered":"Sobre o nome da R\u00eda de Ribadeo, por Evaristo Lombardero"},"content":{"rendered":"<p>O TESON E O NOME DA RIA<\/p>\n<p>Vexo en La Comarca del Eo a precupaci\u00f3n de O TESON polo topon\u00edmico da r\u00eda que naturalmente comparto. Quixera engadir outro motivo para teimar que o acordo da Comisi\u00f3n Especializada de Nombres Geogr\u00e1ficos do Consejo Superior Geogr\u00e1fico do d\u00eda 12 de Marzo de 2.008 vai ter moi pouca ou nula repercusi\u00f3n no \u00e1meto institucional que, en \u00faltima instancia \u00e9 o que nos debe preocupar.<\/p>\n<p>Como xa se comentou repetidamente, a CENG solicitou informes \u00e1s comunidades aut\u00f3nomas asturiana e galega e mais \u00e1 Real Sociedad Geogr\u00e1fica. O informe desta sociedade cient\u00edfica e independente foi determinante para que a CENG acordase o dia 12 de marzo de 2.008 que o \u00fanico nome oficial da r\u00eda \u00e9 Ria de Ribadeo e que este topon\u00edmico \u00e9 de obrigado cumplimento para toda a administraci\u00f3n espa\u00f1ola, que incl\u00fae obviamente \u00e1s CCAA asturiana e galega e mesmo aos concellos, ao  CEDER Oscos-Eo e \u00e1 Asociaci\u00f3n Puente de los Santos.<\/p>\n<p>Digo que o acordo da CENG vai ter pouca eficacia porque despois de tres anos non se aprecia ning\u00fan inter\u00e9s por facelo efectivo, empezando polo concello de Ribadeo.<\/p>\n<p>Para mostra abonda un bot\u00f3n. O d\u00eda 18.5.09 o alcalde de Ribadeo entregaba aos directores dos colexios 800 exemplares da versi\u00f3n galega do libro \u201cA R\u00eda de Ribadeo Natureza entre duas augas\u201d , que m\u00e1is al\u00e1 do tiduo, nas p\u00e1xinas interiores utiliza alternativamente as f\u00f3rmulas R\u00eda del Eo e R\u00eda de Ribadeo. Como \u00e9 natural este libro vai estar durante moitos anos nas bibliotecas dos colexios ribadenses e durante moitos anos os profesores e os alumnos consultar\u00e1n ese texto e ver\u00e1n que os dous nomes son igualmente \u201clegais\u201d. Non as\u00ed na edici\u00f3n castel\u00e1, distribuida nos colexios asturianos, onde so aparece sistem\u00e1ticamente  a denominaci\u00f3n R\u00eda del Eo. Por si algu\u00e9n non o recorda compre suli\u00f1ar que o libri\u00f1o foi editado polo Ceder Oscos-Eo e a Asociaci\u00f3n Puente de los Santos cuxo secretaio era o alcalde de Ribadeo. A obra rematouse de redactar en outubro de 2.008, ou sexa seis meses despois da resoluci\u00f3n da CENG e publicouse no mes de maio de 2.009, ou sexa 14 meses despois do devandito acordo que incumple de xeito flagrante. Cecais encaixe na figura xur\u00eddica da prevaricaci\u00f3n, pero eu non son quen para facer este tipo de valoraci\u00f3ns.<\/p>\n<p>Xa o dixen mais veces, pero quero insistir en que \u00e9sta \u00e9 unha operaci\u00f3n moi ben calculada, de efectos enormemente eficaces a moi longo prazo, porque todalas xeraci\u00f3ns de cativos e profesores que ve\u00f1an detr\u00e1s ver\u00e1n con naturalidade o doble nome da r\u00eda e non saber\u00e1n distinguir a f\u00f3rmula legal da manipulaci\u00f3n p\u00f2l\u00edtica e esa confusa idea quedaralles grabada para toda a sua vida porque a aprenderon na escola. O que ten este caso de singular \u00e9 que leva o selo oficial do concello de Ribadeo e, naturalmente, o apoio pol\u00edtico do alcalde.<\/p>\n<p>Non me vou extender en comentar outros graves erros do libri\u00f1o que tam\u00e9n suli\u00f1an a desidia do noso alcalde e o seu equipo, como por exemplo o feito de que confunda As Ace\u00f1as con A Vilavella, ou que pase de citar o Rio Grande, o Berbesa, o Suar\u00f3n e o Monxard\u00edn, ou que dea unha lista de moluscos e peixes que c\u00e1seque non existen dende hai vinte anos, etc. etc. etc. Ou sexa un modelo de libri\u00f1o educativo e cient\u00edfico, como dixo o Sr. alcalde na sua presentaci\u00f3n aos medios e directores dos colexios.<\/p>\n<p>Evaristo Lombardero Rico<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O TESON E O NOME DA RIA Vexo en La Comarca del Eo a precupaci\u00f3n de O TESON polo topon\u00edmico da r\u00eda que naturalmente comparto. Quixera engadir outro motivo para teimar que o acordo da Comisi\u00f3n Especializada de Nombres Geogr\u00e1ficos do Consejo Superior Geogr\u00e1fico do d\u00eda 12 de Marzo de 2.008 vai ter moi pouca [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[34,56,9],"class_list":["post-7866","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-evaristo-lombardero","tag-ria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7866","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7866"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7866\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7866"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7866"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7866"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}