{"id":7859,"date":"2011-08-03T12:01:00","date_gmt":"2011-08-03T10:01:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:42:35","modified_gmt":"2024-11-12T13:42:35","slug":"nove-meses-sen-resposta","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2011\/08\/03\/nove-meses-sen-resposta\/","title":{"rendered":"Nove meses sen resposta"},"content":{"rendered":"<p>* Un caso relativo \u00f3 tratamento da informaci\u00f3n no concello, coido que unha curiosidade -m\u00e1is que un non querer facelo-, pero de calquera xeito, un non facilitar informaci\u00f3n corrente que debera ser facilitada. *<\/p>\n<p>Hai nove meses, a comezos de novembro pasado, O Tes\u00f3n fixo d\u00faas preguntas para ser respondidas \u00f3 finalizar o pleno daquel mes. Non se contestaron e comezou unha situaci\u00f3n que da como resultado que se te\u00f1an contestado preguntas posteriores pero non as prantexadas daquela, mesmo tendo coincidido en parte con preguntas relacionadas por alg\u00fan grupo pol\u00edtico en plenos posteriores. Non vou detallar aqu\u00ed alg\u00fan detalle do transcorrido nos nove meses: alg\u00fans deles ter\u00edan servido como atenuantes, outros como agravantes, pero a cousa \u00e9 que algo presentado o 11 de novembro pasado a\u00ednda non ten resposta.<\/p>\n<p>Por partes. Hai anos que, a instancias de O Tes\u00f3n, viu a luz en Ribadeo unha regulamentaci\u00f3n m\u00ednima de resposta por parte dos integrantes no pleno \u00e1 cidadan\u00eda. A parte correspondente da acta onde se aprobou esa participaci\u00f3n descafeinada (correspondente \u00f3 pleno de 13 de setembro de 2004) est\u00e1 recollida en <a href=\"http:\/\/ribadeo-historia.blogspot.com\/2008\/05\/acta-do-pleno-do-concello-de-ribadeo-de.html\">http:\/\/ribadeo-historia.blogspot.com\/2008\/05\/acta-do-pleno-do-concello-de-ribadeo-de.html<\/a>. O sistema de preguntas as\u00ed permitido, con todas as restricci\u00f3ns impostas, foi usado polo Tes\u00f3n de xeito consistente pleno tras pleno, na grande maior\u00eda dos plenos ordinarios.<\/p>\n<p>As\u00ed as cousas, as preguntas presentadas \u00f3 pleno do pasado novembro de 2010 eran:<\/p>\n<p><em>&#8220;1.Tendo xa inaugurado o ascensor, e vendo a s\u00faa necesidade de coidados, solicitamos co\u00f1ecer o estudo econ\u00f3mico para o seu mantemento e funcionamento, ou, no seu defecto, o custe de mantemento dende a inuguraci\u00f3n ata a actualidade.<\/em><\/p>\n<p><em>2.Vendo que segundo art. 38.1 do \u201cRegulamento Xeral de Circulaci\u00f3n\u201d, est\u00e1 especificado que \u201cos conductores de bicicletas maiores de 14 anos poder\u00e1n circular polos arcenes das autov\u00edas, salvo que por raz\u00f3ns xustificadas de seguridade vial se proh\u00edba mediante a si\u00f1alizaci\u00f3n correspondente. Dita prohibici\u00f3n complementarase cun panel que informe do itinerario alternativo\u201d, notamos que no caso da autov\u00eda en Ribadeo aparentemente se cumpre isto. Por elo, solicitamos saber por que non hai itinerario alternativo ou por que non se elimina a prohibici\u00f3n expresa que aparece na entrada da autov\u00eda, ou alternativamente, as xesti\u00f3ns realizadas para a normalizaci\u00f3n da situaci\u00f3n.&#8221;<\/em><\/p>\n<p>En canto \u00f3 punto primeiro, a dicir de xeito complementario que nalg\u00fan pleno foron expostas contas parciais correspondentes a consumos do ascensor, \u00e9 dicir, o pago de diversas facturas soltas, pero non un c\u00e1lculo consolidado (previsi\u00f3n ou sinxela constancia de datos pasados) do que costa mantelo e conxunto. E a petici\u00f3n, de diversas formas, xa fora prantexada con abonda anterioridade \u00f3 pleno, mesmo \u00e1 s\u00faa construcci\u00f3n.<\/p>\n<p>Mentras, tense dito de manter cerrado o mamotreto en \u00e9poca de pouca afluenza de visitantes, pero a\u00ed segue.<\/p>\n<p>En canto \u00f3 servizo para que as bicicletas podan atravesar a ponte dos Santos, tratar\u00edase de que o paso fora o m\u00e1is flu\u00eddo posible. Calquera que atravese a ponte en bici, e hai unha morea de casos, sabe que o espazo, a anchura, \u00e9 reducida, increment\u00e1ndose a\u00ednda a estreitez nalg\u00fan punto debido \u00f3 sistema de colocaci\u00f3n do valado separador entre o paso habilitado para pe\u00f3ns en bicis e o de autom\u00f3biles. No Tes\u00f3n somos tam\u00e9n conscientes de que non \u00e9 tampouco normal que unha autov\u00eda te\u00f1a un paso de pe\u00f3ns s\u00faa beira, pero tampouco \u00e9 o \u00fanico caso.<\/p>\n<p>Mentras, non hai alternativa, e esta \u00e9 unha cuesti\u00f3n que incide na afluencia \u00e1s praias aturianas ou na visita de xente residindo nas Figueiras, por exemplo, e s\u00famase \u00f3 deficiente acceso a Ribadeo dende Asturias nas glorietas de Vilasel\u00e1n, a\u00ednda sen noticia de soluci\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>* Un caso relativo \u00f3 tratamento da informaci\u00f3n no concello, coido que unha curiosidade -m\u00e1is que un non querer facelo-, pero de calquera xeito, un non facilitar informaci\u00f3n corrente que debera ser facilitada. * Hai nove meses, a comezos de novembro pasado, O Tes\u00f3n fixo d\u00faas preguntas para ser respondidas \u00f3 finalizar o pleno daquel [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[28,74],"class_list":["post-7859","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-bici","tag-o-teson"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7859","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7859"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7859\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7859"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7859"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7859"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}