{"id":7857,"date":"2011-08-04T08:21:00","date_gmt":"2011-08-04T06:21:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:42:31","modified_gmt":"2024-11-12T13:42:31","slug":"cousas-de-veran","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2011\/08\/04\/cousas-de-veran\/","title":{"rendered":"Cousas de ver\u00e1n"},"content":{"rendered":"<p>Chegou o ver\u00e1n onte con forza, nun d\u00eda magn\u00edfico para estar \u00e1 sombra, ou queimarse \u00f3 Sol. A r\u00eda de Ribadeo, a rebosar, de auga polas mareas que est\u00e1 a haber estes d\u00edas, e de barcos surcando as s\u00faas augas, alg\u00fans desfrutando delas e outros cruzando a toda pastilla. Hoxe pres\u00e9ntase outro d\u00eda semellante, onde seguramente non nos enteraremos da desaparici\u00f3n doutro xornal en galego, porque xa non quedan despois do peche anunciado onte da edici\u00f3n en papel do <a href=\"http:\/\/www.xornal.com\/\">Xornal de Galicia<\/a>, non compensada pola <a href=\"http:\/\/www.elpais.com\/articulo\/Galicia\/juez\/obliga\/Louzan\/usar\/gallego\/boletin\/elpepuespgal\/20110804elpgal_6\/Tes\">obriga de editar o BOP de Pontevedra coa cabeceira en galego<\/a>. Si seguiremos coas loitas medi\u00e1ticas entorno a calquera cousa: como a cidade da cultura xa non pode optar a Copa Davis para a que hai pouco parecera que fora constru\u00edda, agora acoller\u00e1 un circo. Non medi\u00e1tico e doutro estilo, que tam\u00e9n, sen\u00f3n dos tradicionais. M\u00e1is ben, actuaci\u00f3ns de circo, de 20 circos&#8230;<\/p>\n<p>Centr\u00e9monos en Ribadeo: \u00e1 espera da festa do percebe en Rinlo, onte non fixo falta usar os bombeiros por unha falsa alarma, pero ir, foron, acheg\u00e1ndose a un piso do que sa\u00eda moito fume dunha ola a presi\u00f3n. Son as novas do ver\u00e1n, xunto cn publireportaxes de hostaler\u00eda que hoxe copan case as novas de Ribadeo dalg\u00fan xornal. E seguindo con Ribadeo, <a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/amarina\/2011\/08\/04\/0003_201108X4C4997.htm\">o PP acusa \u00f3 goberno local de perder unha subvenci\u00f3n de 8 400 \u20ac<\/a>. A resposta, \u00e9 de supo\u00f1er, nun pr\u00f3ximo cap\u00edtulo.<\/p>\n<p>Pero nos comezos de agosto, o que quenta non \u00e9 tanto o Sol como o mercado: coa prima de risco batendo marcas, <a href=\"http:\/\/www.publico.es\/dinero\/390025\/ue\/espera\/gesto\/bce\/calme\/mercados\">os gobernos europeos esperan un xesto do banco central europeo &#8216;que calme os mercados&#8217;<\/a>. Pero se non existen, se o que existe \u00e9 a codicia humana!, e iso aumenta a cada bocado que mete &#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Chegou o ver\u00e1n onte con forza, nun d\u00eda magn\u00edfico para estar \u00e1 sombra, ou queimarse \u00f3 Sol. A r\u00eda de Ribadeo, a rebosar, de auga polas mareas que est\u00e1 a haber estes d\u00edas, e de barcos surcando as s\u00faas augas, alg\u00fans desfrutando delas e outros cruzando a toda pastilla. Hoxe pres\u00e9ntase outro d\u00eda semellante, onde [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9],"class_list":["post-7857","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7857","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7857"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7857\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7857"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7857"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7857"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}