{"id":7847,"date":"2011-08-12T10:38:00","date_gmt":"2011-08-12T08:38:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:42:15","modified_gmt":"2024-11-12T13:42:15","slug":"lei-de-independencia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2011\/08\/12\/lei-de-independencia\/","title":{"rendered":"Lei de independencia"},"content":{"rendered":"<p>Tense falado moito dun tempo a esta parte da lei de dependencia. Unha lei que procura po\u00f1er as condici\u00f3ns para que os nosos maiores sexan o m\u00e1is independentes posible, paliando a dependencia cunha contribuci\u00f3n social estruturada, en troques de deixala \u00f3 albur da familia ou achegados diversos, nun momento no que os lazos familiares tenden a relaxarse polo modelo social no que estamos. Nese sentido, ser\u00eda m\u00e1is ben unha lei que facilita a independencia da xente que se ve afectada por ela.<\/p>\n<p>O t\u00edtulo quere render tributo a esa lei, \u00f3 que se di nas novas, de aplicaci\u00f3n farto defectuosa, pero po\u00f1\u00e9ndoa en comparaci\u00f3n con outros feitos que est\u00e1n a ocorrer na sociedade de xeito m\u00e1is frecuente cada vez, e que manifestan unha deriva social que non se poder\u00eda manter a longo prazo. Tr\u00e1tase da incongruencia legal e l\u00f3xica amosada na formaci\u00f3n das novas (e xa non tan novas) xeraci\u00f3ns. Como docente cunha traxectoria con certa dilataci\u00f3n no tempo, levo observado alg\u00fan cambio en relaci\u00f3n \u00e1 educaci\u00f3n ds pequenos, entre eles, unha especie de contradicci\u00f3n: unha sobreprotecci\u00f3n dos fillos en canto a esixencia de dereitos e coidados por parte da sociedade, como cara dunha cruz que \u00e9 o esquecemento dos propios deberes (tanto dos pais como dos pequenos), tanto nas propias familias como coa sociedade. \u00d3 fin, manifestar\u00edase en comportamentos m\u00e1is ego\u00edstas que antisociais, tendo craro o ego pero non a idea de sociedade como algo conxunto, sen\u00f3n m\u00e1is ben como algo \u00f3 servizo propio.<\/p>\n<p>A cousa ben a conto de varias novas que se poden ler nos xornais como ocorridas onte en Ribadeo. Nunha delas, <a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/amarina\/2011\/08\/12\/0003_201108X12C5994.htm\">Gran despliegue para rescatar una lancha varada en la r\u00eda de Ribadeo. Las embarcaciones s\u00f3lo pudieron regresar a puerto cuando subi\u00f3 la marea<\/a>, p\u00f3dese lembrar sinxelamente que a marea sube e baixa d\u00faas veces \u00f3 d\u00eda, que o xeito de desvarar sempre foi ise, a suba de marea, e que un despregue de efectivos nunha r\u00eda que no ver\u00e1n est\u00e1 ateigada de embarcaci\u00f3ns implicar\u00eda como m\u00ednimo unha deixaci\u00f3n de deberes doutra xente. Parece que foi tarde cando sucedeu, e que polo tanto non haber\u00eda tanta xente navegando. A\u00ednda as\u00ed. Non ter\u00edan que co\u00f1ecer un m\u00ednimo na r\u00eda? Un erro teno calquera, pero o tema da suba da marea est\u00e1 craro. Resulta que se preocuparon por un neno pequeno na embarcaci\u00f3n. Non podo saber con que contaban para abrigalo, se o meteron a resgardo do vento ou estaba na cuberta como calquera m\u00e1is, &#8230; Unha vez rescatados, nin tiveron que pasar polo centro de sa\u00fade por hipotermia. Se est\u00e1 varada a embarcaci\u00f3n -alquilada-, sup\u00f3nse que se pode baixar dela e cami\u00f1ar polo tes\u00f3n correspondente, e procurar auxilio en calquera caso, doutro xeito diferente. Abondos m\u00e1is razonamentos oc\u00f3rresenme (por exemplo, se foi alquilada, non se esixe un m\u00ednimo de co\u00f1ecemento a quen alquila para saber sa\u00edr dun trance semellante?) arredor do feito, que ven amosar como, en certas circunstancias, se crea unha dependencia con &#8216;necesidade&#8217; dun grande despregue de medios, que se fan as\u00ed &#8216;necesarios&#8217;, competindo en necesidade con outros que poden ser m\u00e1is necesarios e que quedan arrumbados por cousa de poder de imposici\u00f3n.<\/p>\n<p>Outro dos casos que aparecen nos xornais \u00e9 o <a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/amarina\/2011\/08\/12\/0003_201108X12C5993.htm\">rescate dun cativo atrapado na casa, en Ribadeo<\/a>. Houbo mobilizaci\u00f3n de medios, pero cando chegaron as &#8216;forzas de rescate&#8217;, neste caso, a Polic\u00eda Local, o cativo xa fora rescatado. Nunha situaci\u00f3n de alerta, sempre se cometen fallos e moitas veces sobreact\u00faase. A cortedade da nova non permite moitos comentarios sobre que se fixo ou deixou de facer, pero ou ben a familia precipitouse grandemente, chamando cando xa estaba en v\u00edas de soluci\u00f3n pr\u00e1ctica a cousa, ou ben a PL retrasouse abondo como para verse forzada a familia a unha soluci\u00f3n de urxencia. Repito que non sei que pasou a excepci\u00f3n do que on a ligaz\u00f3n enrriba, pero a cousa foi que neste caso a dependencia foi invocada, pero triunfou a independencia na soluci\u00f3n.<\/p>\n<p>V\u00e9nme \u00e1 cabeza algo que coido ter xa comentad nalgues no blog: nenos de 14 ou 15 anos que saen os fins de semana ata as tantas da noite, lonxe dos pais, e \u00f3s que hai que coidar se se sae dun centro educativo pola mesma vila, de xeito que ata ai que pedir autorizaci\u00f3n \u00f3s pais, sendo o medio\u00eda &#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Tense falado moito dun tempo a esta parte da lei de dependencia. Unha lei que procura po\u00f1er as condici\u00f3ns para que os nosos maiores sexan o m\u00e1is independentes posible, paliando a dependencia cunha contribuci\u00f3n social estruturada, en troques de deixala \u00f3 albur da familia ou achegados diversos, nun momento no que os lazos familiares tenden [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[18,32,9],"class_list":["post-7847","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-educacion","tag-filosofia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7847","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7847"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7847\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7847"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7847"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7847"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}