{"id":7808,"date":"2011-09-19T23:38:00","date_gmt":"2011-09-19T21:38:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:41:04","modified_gmt":"2024-11-12T13:41:04","slug":"20110919-pleno-i","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2011\/09\/19\/20110919-pleno-i\/","title":{"rendered":"20110919 pleno (I)"},"content":{"rendered":"<p>Comezando polo final, as preguntas de O Tes\u00f3n, que foi o \u00faltimo contestado, xa f\u00f3ra do pleno, coma sempre:<\/p>\n<p>As de novembro pasado (2010!)&#8230;<\/p>\n<p>1.Tendo xa inaugurado o ascensor, e vendo a s\u00faa necesidade de coidados, solicitamos co\u00f1ecer o estudo econ\u00f3mico para o seu mantemento e funcionamento, ou, no seu defecto, o custe de mantemento dende a inauguraci\u00f3n ata a actualidade.<\/p>\n<p>A resposta foi taquigr\u00e1fica:&nbsp; No 2011, 2012 \u20ac de diversas facturas, 812 \u20ac de electricidade e falta alg\u00fan cargo de limpeza espor\u00e1dica. Proxectando o resultado \u00f3 ano, saen uns 4 000 \u20ac (o alcalde citou &#8216;arredor de 3 000&#8217;, pero non me saen as contas). Entendo ademais que o mantemento \u00e9 algo m\u00e1is que luz, limpeza e contrato coa compa\u00f1\u00eda do ascensor.<\/p>\n<p>2.Vendo que segundo art. 38.1 do \u201cRegulamento Xeral de Circulaci\u00f3n\u201d, est\u00e1 especificado que \u201cos condutores de bicicletas maiores de 14 anos poder\u00e1n circular polos arcenes das autov\u00edas, salvo que por raz\u00f3ns xustificadas de seguridade vial se proh\u00edba mediante a sinalizaci\u00f3n correspondente. Dita prohibici\u00f3n complementarase cun panel que informe do itinerario alternativo\u201d, notamos que no caso da autov\u00eda en Ribadeo aparentemente se cumpre isto. Por elo, solicitamos saber por que non hai itinerario alternativo ou por que non se elimina a prohibici\u00f3n expresa que aparece na entrada da autov\u00eda, ou alternativamente, as xesti\u00f3ns realizadas para a normalizaci\u00f3n da situaci\u00f3n. <\/p>\n<p>A resposta: est\u00e1 feita unha reclamaci\u00f3n verbal, pero farase unha reclamaci\u00f3n escrita por non ter tido tempo antes (ao ter &#8216;perdido&#8217; as preguntas: son as de novembro&#8230;)<\/p>\n<p>E as deste mes &#8230;<\/p>\n<p>Tendo medido este ver\u00e1n s\u00f3 no eixo parque &#8211; xard\u00edn, sen r\u00faas adxacentes, s\u00f3 terrazas (cubertas, descubertas, con mesas, con bocois, cerradas, abertas, con pantalla, sen ela, a unha beira, a ambas, &#8230;), m\u00e1is de 1 000 m\u00b2, e xa que pode ter aspectos positivos o aumento de terrazas, pero seguramente deba marcarse alg\u00fan tipo de l\u00edmite ou condici\u00f3n, solicitamos co\u00f1ecer as condici\u00f3ns de concesi\u00f3n e a recadaci\u00f3n efectuada por este concepto.<\/p>\n<p>Depende dunha vella normativa que est\u00e1 a revisarse para ser presentada \u00f3 pleno en breve. Non saben canto importa, pero a tarifa est\u00e1 en 5,88 \u20ac\/m<sup>2<\/sup>.M\u00e1is resposta, non houbo.<\/p>\n<p>Hab\u00e9ndose recibido polo concello unha nova partida de bicicletas dun comercio recentemente instalado en Ribadeo, e desco\u00f1ecendo o paradeiro das anteriores, solicitamos co\u00f1ecer que se fixo coas bicicletas anteriores e por que, as\u00ed como os resultados da s\u00faa instauraci\u00f3n.<\/p>\n<p>O resultado, positivo &#8230; e as vellas? a bo recaudo en dependencias municipais para chatarra. Antig\u00fcidade? 6-7 anos &#8230; <\/p>\n<p>Por certo, \u00f3 anunciar o alcalde a contestaci\u00f3n das preguntas, Eduardo Guti\u00e9rrez levantouse. \u00d3 velo, o alcalde dixo algo as\u00ed como que claro, o pleno estaba levantado, por se quer\u00eda irse algu\u00e9n, \u00f3 que houbo respostas negando coa cabeza. Contrastes.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Comezando polo final, as preguntas de O Tes\u00f3n, que foi o \u00faltimo contestado, xa f\u00f3ra do pleno, coma sempre: As de novembro pasado (2010!)&#8230; 1.Tendo xa inaugurado o ascensor, e vendo a s\u00faa necesidade de coidados, solicitamos co\u00f1ecer o estudo econ\u00f3mico para o seu mantemento e funcionamento, ou, no seu defecto, o custe de mantemento [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[28,38,11,74,42],"class_list":["post-7808","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-bici","tag-eduardo-gutierrez","tag-historia","tag-o-teson","tag-plenos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7808","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7808"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7808\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7808"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7808"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7808"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}