{"id":7799,"date":"2011-09-29T07:58:00","date_gmt":"2011-09-29T05:58:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:40:43","modified_gmt":"2024-11-12T13:40:43","slug":"patrimonio-municipal-i-artigo-de","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2011\/09\/29\/patrimonio-municipal-i-artigo-de\/","title":{"rendered":"Patrimonio Municipal I -Artigo de Evaristo Lombardero-"},"content":{"rendered":"<p>PATRIMONIO MUNICIPAL I<\/p>\n<p>No pleno municipal de Ribadeo do pasado 19 de setembro, entre outros asuntos, tratouse a solicitud da Comunidade do Monte Cordal de As Anzas que pretende a devoluci\u00f3n dunha parcela onde se atopa a antiga escola, pechada dende hai moitos anos, que actualmente presta alg\u00fans servicios sociais e culturais aos veci\u00f1os de As Anzas e mais a outros colectivos do concello (grupos musicais). O Sr. Alcalde e mais os grupos da oposici\u00f3n xa deron conta deste asunto aos medios de comunicaci\u00f3n, pero, dende o meu punto de vista, expux\u00e9rono dun xeito excesivamente sinxelo e coido que exixe un an\u00e1lisis mais amplio.<\/p>\n<p>V\u00e9xamos, xa que logo, os antecedentes da cuesti\u00f3n.<\/p>\n<p>1\u00ba Dende tempo inmemorial os veci\u00f1os de As Anzas utilizaron o seu monte comunal para rozas, le\u00f1a, pastos etc. A partir do ano 1.948 a  dictadura do General\u00edsimo Franco prohibiu o uso do monte aos veci\u00f1os e o Patrimonio Forestal prantouno de pi\u00f1eiros. O rexime de Franco expoliou miles de hect\u00e1reas de monte veci\u00f1al e deu a sua xesti\u00f3n aos concellos, diputaci\u00f3ns e Patrimonio Forestal. A pol\u00edtica do r\u00e9ximen  consist\u00eda en prantar especies de crecemento r\u00e1pido (pi\u00f1eiro, eucalipto) sen reco\u00f1ecer os dereitos dos veci\u00f1os, cuxa propiedade se negaba en base \u00e1 falla de entidade xur\u00eddica da parroquia, barrio, lugar etc. Ao longo de toda Galicia houbo infinidade de protestas, \u201cresoltas\u201d a culatazos, multas e alguna vez a tiro limpio. Un  rapaz foi baleado e morto en Mazaricos no 1.962. A cot\u00edo as brigadas da forestal eran reforzadas polas \u201cbrigadillas\u201d da garda civil para plantar os montes a punta de metralleta. Folga suli\u00f1ar que os alcaldes, concellais, funcionarios, deputados provinciais, etc. ti\u00f1an clar\u00edsimo que o monte era \u201cpatrimonio\u201d dos concellos, deputaci\u00f3ns ou da forestal. <\/p>\n<p>2\u00ba Neste contexto, nos anos 1.958-59 construiuse a escola de As Anzas nun anaco do monte comunal, que funcionou ate a apertura de Grupo Escolar de Ribadeo, nos anos setenta. Recentemente f\u00edxose algunha pequena obra de conservaci\u00f3n e presta alg\u00fans servicios que xa comentamos mais adiante.       <\/p>\n<p>3\u00ba No ano 1.975 o concello de Ribadeo inscribiu no Rexistro da Propiedade a parcela ao remate da concentraci\u00f3n parcelaria. Compre suli\u00f1ar, para os mais desinformados, que Franco finou precisamente no mes de  novembro do 75. As primeiras eleccions municipais democr\u00e1ticas foron  no 1.979. Polo tanto o concello non comprou, nin herdou, nin adquiriu por troco a parcela devandita. Simplemente inscribiuna e dende enton pertence ao patrimonio municipal.     <\/p>\n<p>4\u00ba No ano 1.968 publicouse a Lei de Montes Veci\u00f1ais en Man Com\u00fan. Esta norma creaba a figura do monte veci\u00f1al en man com\u00fan, \u201cindivisible, intransferible, inembargable, inalienable\u201d, reco\u00f1ecia \u00e1 comunidade de veci\u00f1os como propietarios e creaba o Xurado Provincial de Montes como organismo encargado de avaliar a propiedade comunal da veci\u00f1anza. O regulamento de aplicaci\u00f3n desta lei \u00e9 do ano 1.970, pero non empezou a \u201cfuncionar\u201d ata comezos dos oitenta, cando a situaci\u00f3n sociopol\u00edtica comezou a mellorar. Miles de hect\u00e1reas de monte pasaron \u00e1s mans dos veci\u00f1os en toda Galicia e Asturias. Pero os concellos e deputaci\u00f3ns raramente colaboraron na tramitaci\u00f3n dos expedientes. Os veci\u00f1os tiveron que contratar abogados, gastar os carti\u00f1os, viaxes, etc. A democracia nac\u00eda moi coxa e moitos dos que defend\u00edan os montes comunais na oposici\u00f3n ao franquismo, cando tocaron poder esqueceron os proxectos de xuventude. Hab\u00eda que ser \u201crealistas\u201d, era patrimonio do concello.<\/p>\n<p>De feito os montes veci\u00f1ais nunca volveron a ser o que eran. Moitos particulares aproveitaron as circunstancias para inscribir predios ao seu favor e moitas comunidades veci\u00f1ais, ben por non ter l\u00edderes, pola urbanizaci\u00f3n, polo envecellemento e despoboaci\u00f3n e por non enfrontarse ao caciquismo, sempre dominante, renunciaron a recuperar o uso de moitos miles de hect\u00e1reas de monte comunal.<\/p>\n<p>5.- Esta \u00e9 unha historia nunca rematada, que chega ata os nosos d\u00edas. Anacos de monte veci\u00f1al seguen sendo motivo de demandas, aqu\u00ed e acol\u00e1. No pleno municipal do 19 de setembro de 2.011 o Sr. alcalde de Ribadeo e o seu grupo votaron en contra da solicitude dos veci\u00f1os porque \u00e9 \u201cpatrimonio municipal\u201d.<\/p>\n<p>En Ribadeo e perto de Ribadeo hai polos menos tres casos de restos de monte comunal que deron pe a pleitos ganados polas comunidades veci\u00f1ais nos \u00faltimos anos, sempre ca oposici\u00f3n da Xunta e os concellos. Pero eso queda para o pr\u00f3ximo n\u00famero. <\/p>\n<p>Polo de agora que lle quede claro ao Sr. alcalde e ao seu clon, patrimonio municipal si, pero herdado do franquismo.<\/p>\n<p>Evaristo Lombardero Rico<\/p>\n<p>Nota: Esta parte do pleno foi <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2011\/09\/20110919-pleno-iii.html\">tratada moi brevemente no blog<\/a>.<\/p>\n<p>Continuaci\u00f3n: <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2011\/10\/patrimonio-municipal-e-ii-artigo-e.html\">Patrimonio Municipal II<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>PATRIMONIO MUNICIPAL I No pleno municipal de Ribadeo do pasado 19 de setembro, entre outros asuntos, tratouse a solicitud da Comunidade do Monte Cordal de As Anzas que pretende a devoluci\u00f3n dunha parcela onde se atopa a antiga escola, pechada dende hai moitos anos, que actualmente presta alg\u00fans servicios sociais e culturais aos veci\u00f1os de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[34,42,13],"class_list":["post-7799","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-evaristo-lombardero","tag-plenos","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7799","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7799"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7799\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7799"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7799"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7799"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}