{"id":7788,"date":"2011-10-12T09:43:00","date_gmt":"2011-10-12T07:43:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:40:26","modified_gmt":"2024-11-12T13:40:26","slug":"16-000-mais-ben-160-000-e-pico","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2011\/10\/12\/16-000-mais-ben-160-000-e-pico\/","title":{"rendered":"16 000 \u20ac? M\u00e1is ben 160 000 \u20ac! (e pico)"},"content":{"rendered":"<p>A AVV O Tes\u00f3n xa dispuxo as participaci\u00f3ns da loter\u00eda do Nadal. Cada participaci\u00f3n do n\u00ba 70 566 vese ilustrada por tres fotos correspondentes a detalles de como quedaron as vidrieiras do cemiterio despois da agresi\u00f3n sufrida hai xa case un ano: a vidrieira mellor conservada e dous anacos con m\u00faltiples desperfectos. O que se pretende con esto \u00e9 precisamente unha lembranza de que as vidrieiras da capela do cemiterio ribadense foron arrasadas e polo momento que se saiba non hai soluci\u00f3n en canto a procura de causas, responsabilidade, legalidade ou reposici\u00f3n \u00f3 estado anterior.<\/p>\n<p>A conta desto \u00faltimo, da reposici\u00f3n, o alcalde leva citado varias veces un orzamento orientativo de 16 000 \u20ac, a \u00faltima segundo a prensa hai un par de d\u00edas cando esto escribo. Dende a asociaci\u00f3n botamos as nosas contas e non nos saen. A falta de datos sobre custe inicial das vidrieiras  hai cousa de oitenta anos, e doutros moitos datos que nos far\u00edan falla para facer un c\u00e1lculo de base hist\u00f3rica, ou da disposici\u00f3n dos anacos para as consultas pertinentes a especialistas, s\u00f3 se poden facer algunhas contas indicativas. Pero iso si, contas, non contos.<\/p>\n<p>Son oito vidrieiras as afectadas (os roset\u00f3ns non pasaron polo calvario), cada unha cunhas 600 pezas. E cada peza, cun tratamento particular, podemos especular que non saer\u00eda nunha tenda actual a menos de 30 \u20ac de media (para pezas \u00fanicas ou de tirada moi limitada, non parece excesivo&#8230;). \u00d3 anterior, haber\u00eda que engadirlle non s\u00f3 a montaxe da propia vidrieira, sen\u00f3n tam\u00e9n a colocaci\u00f3n, pero sobre todo, o redese\u00f1o de cada unha das pezas e da vidrieira enteira. Se se botan contas, deixando a parte todo o tratamento citado, isto \u00e9, tendo s\u00f3 en conta o valor de fabricaci\u00f3n das pezas, saen 8 x 600 x 30 = 146 000 \u20ac. Ou sexa, que, sen os cuantiosos &#8216;flecos&#8217; que quedan a unha beira, unha estimaci\u00f3n de custo implicar\u00eda unhas dez veces m\u00e1is cartos que a cantidade da que fala o sr. Alcalde. Ou, o que ser\u00eda semellante, haber\u00eda que baixar o custo por anaco ata 3 \u20ac para facer as contas anunciadas por el. Onde est\u00e1n esas gangas?<\/p>\n<p>Quiz\u00e1is non sobre o dicir que &#8216;unhas vidrieiras&#8217; seguramente se podan conseguir a\u00ednda por menos da cifra que prop\u00f3n o rexedor (de feito, coido que se manexaba unha segunda cifra uns 2 000 \u20ac inferior), pero tr\u00e1tase de facer unha reposici\u00f3n, non un engano. As\u00ed pois, para que ser\u00edan eses 16 000 \u20ac?<\/p>\n<p>De calquera xeito, e con ser moi importante, hai que lembrar que non se trata tanto ou s\u00f3 diso, da reposici\u00f3n, sen\u00f3n de mirar cara \u00f3 futuro e evitar outros males semellantes. Tr\u00e1tase de que &#8216;quen as fixo, as pague&#8217;, si, pero iso s\u00f3 serve para unha vez, co que non ser\u00eda abondo cara \u00e1 prevenci\u00f3n. Niso, na prevenci\u00f3n, est\u00e1 o que os feitos non se repitan, pero \u00e9 algo que parece estar a\u00ednda lonxe. Mentras, o que se leva dito nas intervenci\u00f3ns do alcalde para aclarar os feitos non aclara moito; \u00e9 m\u00e1is, quiz\u00e1is sen pretendelo deixa polo cami\u00f1o un mar de d\u00fabidas polas lagoas de acci\u00f3n, comunicaci\u00f3n ou resultados que van quedando. Algo que dun xeito ou outro afecta ou debera afectar a t\u00f3dolos electos na corporaci\u00f3n.<\/p>\n<p>M\u00e1is sobre as vidrieiras:<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2011\/01\/as-vidrieiras-da-capela-do-cemiterio.html\">Nota de publicaci\u00f3n de referenza<\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2010\/11\/un-momento-pero-non-habia-vidrieiras-ai.html\">A primeira nota no blog<\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2010\/12\/houberahabera-unhas-vidrieiras-ideas.html\">Ideas para a recuperaci\u00f3n<\/a><\/p>\n<p>e moitos m\u00e1is &#8230; (polo momento)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A AVV O Tes\u00f3n xa dispuxo as participaci\u00f3ns da loter\u00eda do Nadal. Cada participaci\u00f3n do n\u00ba 70 566 vese ilustrada por tres fotos correspondentes a detalles de como quedaron as vidrieiras do cemiterio despois da agresi\u00f3n sufrida hai xa case un ano: a vidrieira mellor conservada e dous anacos con m\u00faltiples desperfectos. O que se [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[74],"class_list":["post-7788","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-o-teson"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7788","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7788"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7788\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7788"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7788"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7788"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}