{"id":7784,"date":"2011-10-13T17:51:00","date_gmt":"2011-10-13T15:51:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:40:20","modified_gmt":"2024-11-12T13:40:20","slug":"patrimonio-municipal-e-ii-artigo-e","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2011\/10\/13\/patrimonio-municipal-e-ii-artigo-e\/","title":{"rendered":"PATRIMONIO MUNICIPAL (e II) &#8211; Artigo e Evaristo Lombardero"},"content":{"rendered":"<p>Continuaci\u00f3n de <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2011\/09\/patrimonio-municipal-i-artigo-de.html\">Patrimonio Municipal (I)<\/a><\/p>\n<p>En EL PROGRESO do 29 de Setembro coment\u00e1bamos que no \u00faltimo pleno o concello de Ribadeo acordou rexeitar a solicitude da Comunidade Monte Cordal de As Anzas da devoluci\u00f3n dunha parcela do monte onde se construiu a antiga escola nos anos 58-59. O alcalde argumentou que o terreo era patrimonio municipal (rexistrado polo concello no derradeiro ano do franquismo). Os grupos da oposici\u00f3n respostaronlle que debera presentar alg\u00fan informe t\u00e9cnico que avaliase a sua posici\u00f3n. O representante do PSOE argumentou que o proceso levaba o cami\u00f1o dun contencioso administrativo e xa se sabe que os pleitos poden ga\u00f1arse ou perderse.<\/p>\n<p>Vou citar agora catro sentencias favorabeis \u00e1s comunidades veci\u00f1ais en casos similares ao tema que nos ocupa.<\/p>\n<p>1.- Veci\u00f1os de Obe: asunto FABRICA DE PARQUET. A comezos dos anos 70 o concello vendeu unha parcela do monte comunal de Obe a unha sociedade creada para construir unha f\u00e1brica de parquet, por un precio simb\u00f3lico de 1 peseta o metro cadrado. Por circunstancias que desco\u00f1ezo a empresa deixou de funcionar ao pouco tempo. Posteriormente un grupo acreedor f\u00edxose ca titularidade da parcela  que mais adiante foi subastada. No ano 1.982 os comuneros de Obe recuperaron a gran maior\u00eda do monte veci\u00f1al, pero neste expediente non figuraba a parcela da f\u00e1brica de parquet e tiveron que pleitear ata acadar a sentencia favorable hai tres anos. Folga suli\u00f1ar que o concello vendeu a parcela sendo \u201cpatrimonio municipal\u201d.<\/p>\n<p>2.- Veci\u00f1os de Balboa. Hai mais de trinta anos, un particular inscribiu ao seu nome unha parcela de 82 hect\u00e1reas do monte veci\u00f1al de Balboa (Trabada). A operaci\u00f3n parec\u00eda tan consolidada que se chegaron a vender alg\u00fans anacos de dita propiedade. Os comuneros de Balboa estiveron 23 anos pleiteando ca oposici\u00f3n do concello de Trabada e da Xunta de Galicia. Finalmente hai uns sete anos conqueriron a sentencia firme que lles devolveu as 82 Has da s\u00faa propiedade.<\/p>\n<p>3.- Veci\u00f1os de Toxoso, parroquia de San Sim\u00f3n da Costa (Vilalba) contra acordo do Consello de Goberno da Xunta de Galicia de 2-11-2000 que conced\u00eda autorizaci\u00f3n para un parque e\u00f3lico nun monte comunal. Sentencia inicial do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de 26-10-2006 rexeitando a reclamaci\u00f3n  veci\u00f1al e sentencia firme de 2-3-2011 da Sala do Contencioso-Administrivo (Secci\u00f3n 5\u00aa) do Tribunal Supremo anulando a anterior e d\u00e1ndolle a raz\u00f3n a catro veci\u00f1os frente ao Goberno da Xunta de Galicia e a unha multinacional dos e\u00f3licos.<\/p>\n<p>4.- Veci\u00f1os de Salceda (Pontevedra) contra Ministerio de Defensa e Concello de Pontevedra. Sentencia (recurrible) do Xuzgado de 1\u00aa Instancia de Pontevedra de Setembro de 2011 favorable aos veci\u00f1os que reclaman 180 hect\u00e1reas de monte comunal, onde est\u00e1 instalada actualmente a Brigada de Infanter\u00eda Ligera Aerotransportable (BRILAT). A finais do s\u00e9culo XIX o ex\u00e9rcito ocupou unha parcela do monte, que posteriormente ampliou no ano 1.965 por cesi\u00f3n do concello para construir un cuartel (naturalmente era \u201cpatrimonio municipal\u201d). Xa no 2008 o Ministerio de defensa ampliou unilateralmente os terreos ocupados para construir \u201ccampos de maniobras\u201d, ata completar as 180 hect\u00e1reas. Os veci\u00f1os reclamaron sucesivamente a propiedade, agora reco\u00f1ecida polo Xuzgado de 1\u00aa Instancia de Pontevedra, despois de acreditar o seu uso dende o s\u00e9culo XVII. En INTERNET hai abondosa informaci\u00f3n sobre este caso.<\/p>\n<p>Dende as transferencias \u00e1s CCAA as leis de Montes veci\u00f1ais en Man Com\u00fan son mais favorables aos veci\u00f1os do que foi a primeira do 1968. Sentencias hainas a centos, traemos estas pola sua especial significaci\u00f3n. Xa sabemos que non hai dous casos iguales pero t\u00f3dolos indicios apuntan a que neste caso o concello ten t\u00f3dalas bazas para perder outro xuicio.<\/p>\n<p>Evaristo Lombardero Rico<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Continuaci\u00f3n de Patrimonio Municipal (I) En EL PROGRESO do 29 de Setembro coment\u00e1bamos que no \u00faltimo pleno o concello de Ribadeo acordou rexeitar a solicitude da Comunidade Monte Cordal de As Anzas da devoluci\u00f3n dunha parcela do monte onde se construiu a antiga escola nos anos 58-59. O alcalde argumentou que o terreo era patrimonio [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[34,13,9],"class_list":["post-7784","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-evaristo-lombardero","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7784","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7784"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7784\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7784"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7784"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7784"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}