{"id":7733,"date":"2011-12-01T08:08:00","date_gmt":"2011-12-01T07:08:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:38:41","modified_gmt":"2024-11-12T13:38:41","slug":"un-varios-novos-enfrontamentos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2011\/12\/01\/un-varios-novos-enfrontamentos\/","title":{"rendered":"Un (varios) novo(s) enfrontamento(s)"},"content":{"rendered":"<p>Unha das misi\u00f3ns importantes que coido que ten o aparello medi\u00e1tico do concello \u00e9 dirixir (ou tratar de facelo) as novas, a atenci\u00f3n da cidadan\u00eda cara onde interese no momento concreto, dirixindo as\u00ed tam\u00e9n o debate correspondente e mantendo a outras forzas \u00e1 contra. Certamente, non \u00e9 a \u00fanica, nin a m\u00e1is desexable para a cidadan\u00eda, pero est\u00e1 a\u00ed.<\/p>\n<p>Nestes d\u00edas, tras a revolta electoral, coa vistoria indiscutible do PP tam\u00e9n en Ribadeo, e mesmo xa con antelaci\u00f3n \u00e1 mesma, parece que esta formaci\u00f3n pol\u00edtica est\u00e1 tentando contrarrestar esa forza, combinando Ribadeo e m\u00e1is al\u00f3, porque poden. Hoxe, onte e antonte, con tres temas ben diversos: o uso da casa das algas, os restos arqueol\u00f3xicos da r\u00eda e o deserto aparcadoiro de pago.<\/p>\n<p>No primeiro caso, o desencadeante foi o uso da casa para un anuncio do concello. Suced\u00eda abondo despois dun pol\u00e9mico v\u00eddeo que o alcalde sacou para ensinar da s\u00faa man o conxunto do paseo \u00e1s Aceas, que est\u00e1 sen inaugurar pero en uso dende hai tempo por parte dos ribadenses (e foi rese\u00f1ado aqu\u00ed). Se daquela a resposta viu do PSOE por ser unha obra feita con cartos de Madrid, agora \u00e9 por non ter a\u00ednda mirado que facer co edificio e ser unha inauguraci\u00f3n que non corresponde \u00f3 concello, pois haber\u00e1 pronto novo goberno en Madrid.<\/p>\n<p>A segunda \u00e9 polo deserto no que se convertiu a praza do mercado para o aparcamento (tema tam\u00e9n tratado en fotos no blog), coa discrepancia entre o \u00e9xito que din uns e o fracaso que atrib\u00faen os outros. En ambos casos, nomean \u00f3s comerciantes \u00f3 seu favor (foron consultados e f\u00edxose coa aquiescencia da ACIA, di o BNG, sofren as consecuencias, di o PP), sen que saia a relocer de xeito directo a s\u00faa postura (colectiva, da ACIA, nin mesmo de individualidades) polo momento. Mentras, queda no aire mesmo a rendibilidade econ\u00f3mica da iniciativa, \u00f3 supor 4 000 \u20ac\/ano o alquiler dos parqu\u00edmetros, e, \u00e1 vista desta tempada, ser previsible que se supere esa recadaci\u00f3n pero non tan folgadamente.<\/p>\n<p>A terceira, os restos arqueol\u00f3xicos da r\u00eda. A prospecci\u00f3n foi moi ben recibida no seu momento, pero o mesmo que noutras actuaci\u00f3ns, faise valer que o poder do concello sobre a r\u00eda \u00e9 limitado para derivar iniciativas e actuaci\u00f3ns, e, neste caso, que as pezas vaian a Vigo e non quede en Ribado nin rastro. Mais a pol\u00e9mica xurdiu cando no acto protocolario de presentaci\u00f3n non foi invitado o alcalde, que, enterado, presentouse al\u00ed, no club n\u00e1utico, a facer valer os seus dereitos e os nosos (como representante, se entende). \u00d3 final, parece que polo momento vai haber unha exposici\u00f3n de pezas rescatadas en Ribadeo, pero despois de lanzar unha acusaci\u00f3n de que hab\u00eda moitos restos polas casas particulares, foi retrucado que denunciara e rematou dicindo que prefer\u00eda os restos en Vigo que desaparecendo nas casas particulares. Tam\u00e9n este tema foi tratado con aanterioridade no blog, mesmo por Pancho Campos, o presidente de O Tes\u00f3n, ou a conto do que pode supor a draga para estes restos se non se ten algo de coidado.<\/p>\n<p>Calquera dos tres temas pode considerarse &#8216;cerrado en falso&#8217;, o que dar\u00e1 lugar a novos titulares de prensa: o mercado, a falta da voz dos comerciantes e n\u00fameros. A casa das algas, a falta de inauguraci\u00f3n e asignaci\u00f3n de funci\u00f3ns. Os restos da r\u00eda, porque a\u00ednda quedan no fondo e non est\u00e1 estipulado o como e cando da exposici\u00f3n, que ser\u00e1 un momento para lembrar de novo que non estar\u00e1n permanentemente en Ribadeo &#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha das misi\u00f3ns importantes que coido que ten o aparello medi\u00e1tico do concello \u00e9 dirixir (ou tratar de facelo) as novas, a atenci\u00f3n da cidadan\u00eda cara onde interese no momento concreto, dirixindo as\u00ed tam\u00e9n o debate correspondente e mantendo a outras forzas \u00e1 contra. Certamente, non \u00e9 a \u00fanica, nin a m\u00e1is desexable para a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[13,9],"class_list":["post-7733","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7733","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7733"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7733\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7733"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7733"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7733"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}