{"id":7720,"date":"2011-12-12T08:12:00","date_gmt":"2011-12-12T07:12:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:38:15","modified_gmt":"2024-11-12T13:38:15","slug":"morosos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2011\/12\/12\/morosos\/","title":{"rendered":"Morosos"},"content":{"rendered":"<p>Mentras un galo lonxano declama dende hai alg\u00fan tempo, o mesmo que d\u00eda tras d\u00eda dende hai m\u00e1is dun mes, leo na prensa a morosidade de Ribadeo e lembro d\u00e9bedas xa sabidas do noso concello. Hai tempo (moito, mesmo en \u00e9pocas de vacas gordas) que ven arrastrando pagos a empresas e particulares, de xeito que mesmo se ten solicitado en pleno o pago de contas de longo percorrido temporal. Case se pode dicir que \u00e9 recurrente que a oposici\u00f3n lembre alg\u00fans pagos e o goberno diga que se est\u00e1 mellorando neses pagos atrasados doutros mandatos. A cousa tomou outros derroteiros, non m\u00e1is preocupantes pero si novedosos, cando se pasou da participaci\u00f3n das vilas mari\u00f1eiras. Naquel momento reco\u00f1ec\u00edase unha d\u00e9beda, a pagar m\u00e1is adiante, e razon\u00e1base de xeito diferente o deixar de pertencer \u00e1 asociaci\u00f3n por cuesti\u00f3ns de rendemento da inversi\u00f3n (algo que a\u00ednda comentei non hai tanto a conta dunha foto enviada por \u00c1ngel Alda sobre un anuncio nun autob\u00fas madrile\u00f1o), algo interpretable como natural \u00f3 tempo que disparaba a resposta do por que da participaci\u00f3n de Ribadeo sen esixir m\u00e1is ata o momento. E, a\u00ednda que xa anteriormente \u00f3 episodio das vilas mari\u00f1eiras se sucederon casos como a devoluci\u00f3n \u00f3 estado de cartos, os episodios dese estilo, nos que interv\u00e9n dalg\u00fan xeito todos e cada un dos concellos a nivel Espa\u00f1a, contar\u00edan doutro xeito que estes relativamente pequenos detalles que si son individualizables.<\/p>\n<p>Agora \u00e9 Alfonso Fuente Parga, o alcalde de Barreiros e presidente actual da Mancomunidade, o que <a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/amarina\/2011\/12\/12\/0003_201112X12C1997.htm\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">reclama que Ribadeo se po\u00f1a \u00f3 pago nas cotas<\/a> con esta instituci\u00f3n de pertenza voluntaria con misi\u00f3n de favorecer a prestaci\u00f3n de servizos dos concellos. Polo que di o xornal, Ribadeo deber\u00eda 6 200 \u20ac (a\u00ednda que non me saen as contas para que as\u00ed saia o total de 64 000 \u20ac que reclama Parga a varios concellos)<\/p>\n<p>A cousa \u00e9 que de pasar a deber a xente ou empresas con pouca (ou costosa) defensa ante o impago, estase pasando a deber a instituci\u00f3ns que manexan en p\u00e9 de igualdade ou mesmo con m\u00e1is posibilidade de recursos o tratamento deses impagos.<\/p>\n<p>Se \u00e9 verdade que se est\u00e1 adiantando no abono da d\u00e9beda a particulares e pequenas empresas, ser\u00eda un trasvase de d\u00e9beda dunhas a outras instancias, que saltar\u00eda \u00e1 prensa por mor das posibilidades destes novos acreedores. Se non, sinxelamente \u00e9 un aprofondamento na mala situaci\u00f3n das contas municipais. <\/p>\n<p>Voltando \u00f3 que di o alcalde de Barreiros, os morosos deben pagar ou pagar: \u00e9 dicir, dun xeito ou outro, a mancomunidade, coa d\u00e9beda demostrable, cobrar\u00e1, e a\u00ednda que o primeiro m\u00e9todo que prop\u00f3n (o pago directo das d\u00e9bedas da mancomunidade por parte dos morosos) \u00e9 de aplicaci\u00f3n dif\u00edcil de creer, s\u00f3 a perspectiva de que hai xa solicitadas subvenci\u00f3ns de xeito directo por parte da mancomunidade que implicar\u00edan que non as recibiran os concellos ata agora agrupados, impusa a pensar que \u00e9 certo.<\/p>\n<p>Por suposto, non estamos a falar aqu\u00ed dun vello concepto, o da honra de facer pago \u00e1s obrigas contra\u00eddas.<\/p>\n<p>Deixo \u00f3 p\u00e9 a foto de dous Boletus Edulis, seta comestible e saborosa, cunha idea: o aproveitamento do que dispo\u00f1emos \u00f3 noso arredor, que pode axudar na econom\u00eda, sexa familiar ou p\u00fablica. <\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjh5KX68_kxnTmDYthA5-twdFIHDGOniAuudJu6fwuECw1yiYKtX_vgtrlji_yH2m4YzkveFu9oqRU7gyMr6ofyBFX0mhngVpXPDpz_PRVvA8u9WDJ8DwuEyq8i09bN1_hM3EK5Ug\/s2048\/Boletus+Edulis.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"320\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjh5KX68_kxnTmDYthA5-twdFIHDGOniAuudJu6fwuECw1yiYKtX_vgtrlji_yH2m4YzkveFu9oqRU7gyMr6ofyBFX0mhngVpXPDpz_PRVvA8u9WDJ8DwuEyq8i09bN1_hM3EK5Ug\/s2048\/Boletus+Edulis.jpg\" width=\"258\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Boletus Edulis<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Mentras un galo lonxano declama dende hai alg\u00fan tempo, o mesmo que d\u00eda tras d\u00eda dende hai m\u00e1is dun mes, leo na prensa a morosidade de Ribadeo e lembro d\u00e9bedas xa sabidas do noso concello. Hai tempo (moito, mesmo en \u00e9pocas de vacas gordas) que ven arrastrando pagos a empresas e particulares, de xeito que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21],"class_list":["post-7720","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7720","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7720"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7720\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7720"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7720"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7720"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}