{"id":7712,"date":"2011-12-22T08:24:00","date_gmt":"2011-12-22T07:24:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:38:02","modified_gmt":"2024-11-12T13:38:02","slug":"isto-non-e-o-xoan-sen-medo-ou-o","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2011\/12\/22\/isto-non-e-o-xoan-sen-medo-ou-o\/","title":{"rendered":"Isto non \u00e9 o &#8216;Xo\u00e1n sen medo ou o zapateiro valente&#8217;"},"content":{"rendered":"<p>Para quen non lembre o conto do zapateiro valente, un pequeno resumo \u00e9 que un zapateiro que non daba matado nin unha mosca, un d\u00eda, nun golpe de sorte, matou cinco, e comezouno a contar moi ufano cando estaban na procura dalgu\u00e9n que se enfrontara a un xigante que ameazaba no reino. Unha cousa levou a outra e o zapateiro, en base \u00e1 astucia, rematou vencendo \u00f3 xigante e tendo a s\u00faa recompensa.<\/p>\n<p>Non, isto non \u00e9 o o zapateiro valente: onte <a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/amarina\/2011\/12\/22\/0003_201112X22C3994.htm\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">cinco vivendas de Ribadeo, na zona da sa\u00edda da estrada do monte, foron asaltadas<\/a>. Non foron valentes quenes as asaltaron.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/amarina\/2011\/12\/21\/0003_201112X21C1992.htm?utm_source=buscavoz&amp;utm_medium=buscavoz\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">A Xunta aproba o Ere de Hermida<\/a> e vese na foto a un grupo (son 75 os afectados), pero non hai tanto tempo a prensa reproduc\u00eda unha marcha de protesta na que hab\u00eda \u00bf25? persoas &#8230; o que ser\u00eda indicativo de que pode haber alomenos 50 que non foron valentes.<\/p>\n<p>O novo presidente do goberno promete cambiar a lei de educaci\u00f3n, para meter 3 anos de bacharelato. Com\u00e9ntoo despois, pero qu\u00e9dome coa resposta a Rubalcaba dic\u00edndolle que a \u00fanica lei educativa da democracia f\u00edxoa o PSOE, e xa \u00e9 hora de ir cambiando&#8230; Sa\u00edu un instante na tele e non o vin reproducido escrito por ningures. Si vin unha referencia \u00e1 cantidade de leis de educaci\u00f3n que levamos. Falta de importancia, mentira ideol\u00f3xica (a dos medios, non a de Rajoi, que \u00e9 diferente) ou falta de valent\u00eda para dicir que o Presidente mentiu xa na investidura?<\/p>\n<p>A estas altura non sei (e non me da a gana de procurar en internet a resposta) se o BNG participou activamente no debate ou non. M\u00e9too aqu\u00ed a\u00ednda que non creo que se lle poda chamar falta de valent\u00eda a que un peri\u00f3dico de difusi\u00f3n galega faga referencia \u00e1 intervenci\u00f3n de Coalici\u00f3n Canaria (1 representante) e non \u00e1 intervenci\u00f3n (ou falta dela, que tam\u00e9n ser\u00eda noticia polas circunstancias da investidura e\/ou a reducci\u00f3n de tempo que constri\u00f1e as intervenci\u00f3ns no grupo mixto) do BNG (2 representantes)<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/espana\/2011\/12\/21\/0003_201112G21P23992.htm\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">A Casa real pediu \u00f3 esposo da Infanta Cristina que non ve\u00f1a polo Nadal<\/a>. Pr\u00edncipe valente? Coido que nin pr\u00edncipe nin zapateiro.<\/p>\n<p>Non son ning\u00fan valente. Pero calquera pode observar moitas faltas de valent\u00eda nas referencias anteriores.<\/p>\n<p>Voltando a unha referencia que fixen sobre Rajoi e o cambio educativo. Unha das cousas m\u00e1is comentadas deste parece ser o aumento do bacharelato a 3 anos. Como saia, a oportunidade ou conveniencia para a xente \u00e9 o de menos, pero a xogada, matem\u00e1ticamente \u00e9 maxistral:<\/p>\n<p>1.Aumenta a carga de traballo (preto dun 20%) sobre os profesores de medias cando se di que non vai a aumentar o persoal, con m\u00e1is traballo e facilidade de submetemento, e sen aumentar o gasto a cargo dos presupostos.<\/p>\n<p>2.Dimin\u00fae alomenos durante 4 anos a xente na universidade, co que ten a oportunidade de adicarlle menos cartos, liberarse de persoal universitario e en xeral, meter as tesouras na universidade.<\/p>\n<p>3.En versi\u00f3n menor en tempo e cantidades, o da Universidade \u00e9 trasladable \u00e1 FP<\/p>\n<p>4.Unha promoci\u00f3n enteira (perto de 500 000 persoas) tender\u00e1 a tardar una ano m\u00e1is en incorporarse \u00f3 mundo do traballo, co que diminuir\u00e1 de xeito permanente a lista do paro.<\/p>\n<p>Quen da m\u00e1is? O que pensen, ou o esforzo das 500 000 familias correspondentes, por exemplo, \u00e9 algo que non est\u00e1 sobre a mesa.<\/p>\n<p>&#8230; que toque a loter\u00eda &#8230; os <a href=\"http:\/\/www.publico.es\/dinero\/413450\/bce\/presta\/medio\/billon\/tres\/anos\/banca\/sanee\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">bancos xa tiveron outra volta a s\u00faa<\/a>: van a poder seguir collendo cartos \u00f3 1% para comprar d\u00e9beda \u00f3 6%<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Para quen non lembre o conto do zapateiro valente, un pequeno resumo \u00e9 que un zapateiro que non daba matado nin unha mosca, un d\u00eda, nun golpe de sorte, matou cinco, e comezouno a contar moi ufano cando estaban na procura dalgu\u00e9n que se enfrontara a un xigante que ameazaba no reino. Unha cousa levou [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,13,9],"class_list":["post-7712","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7712","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7712"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7712\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7712"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7712"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7712"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}