{"id":7697,"date":"2012-01-05T09:57:00","date_gmt":"2012-01-05T08:57:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:37:12","modified_gmt":"2024-11-12T13:37:12","slug":"que-pasa-coa-herdanza-dos-moreno","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2012\/01\/05\/que-pasa-coa-herdanza-dos-moreno\/","title":{"rendered":"Que pasa coa herdanza dos Moreno?"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Cen anos despois de que os Moreno comezaran a contribu\u00edr a Ribadeo con diversas obras, parece como se foran xa cousa do pasado e Ribadeo non tivera moito interese polo seu futuro. O futuro da herdanza viva dos Moreno e o futuro de Ribadeo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>O \u00faltimo episodio, ata o momento, saltou coa paralizaci\u00f3n da obra en curso na torre, nova na prensa e comunicado de da empresa Intemac sobre o tema. O obra segue parada, a direcci\u00f3n de obra dimitida e a empresa consultora que levaba m\u00e1is de d\u00faas d\u00e9cadas fac\u00e9ndolle o seguimento, lav\u00e1ndose as mans de agora en diante. O edificio, apuntalado (o custe diario dos puntais coido que far\u00eda bo o telos mercado de comezo, seguro que sa\u00eda a conta), o desconcerto, asegurado e o seu futuro dubidoso despois de insistirse nos informes unha e outra vez na urxencia da actuaci\u00f3n. A nivel municipal parece que se deixa o m\u00ednimo movemento de anos anteriores en mans da parte privada, que antes non se mov\u00eda e que co cambio de propiedade parece que est\u00e1 m\u00e1is interesada en rendibilizar o capital invertido na compra, faltando por saber se eses intereses coinciden cos ribadenses.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>De calquera xeito, a historia d<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/torre%20dos%20Moreno\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">a Torre<\/a> \u00e9 para outro momento, m\u00e1is extensa, quizais por cap\u00edtulos, pois \u00e9 longa \u00e9 \u00f3 tempo, est\u00e1 comezando nunha fase que poder\u00eda ser terminal. Fari\u00f1a doutro costal son as vidreiras da capela do cemiterio. Van xa 14 meses dende que se produciu o seu expolio, e aqu\u00ed non se sabe nada. Por non saber, a xente ignora mesmo onde est\u00e1n os anacos que quedaron (por certo, deben estar no almac\u00e9n do concello en Vilasel\u00e1n). L\u00e9vanse escrito xa unha cantidade considerable de artigos sobre o tema, pero un ano despois contin\u00faa unha especie de pacto de silencio no Pazo de Ib\u00e1\u00f1ez, e botando unhas contas para po\u00f1er todas as vidreiras por un montante que pode que chegue para repo\u00f1er unha soa \u00f3 estado orixinal (eu mesmo te\u00f1o botado contas sobre o tema nun artigo anterior).<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Por parte da <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/O%20Tes%C3%B3n\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">AVV O Tes\u00f3n<\/a>, despois da publicaci\u00f3n en internet de &#8216;<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=vidreiras\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">As vidreiras da capela do cemiterio<\/a>&#8216;, pux\u00e9monos como obriga que non se esqueceran os feitos, que se aclararan e se buscaran responsabilidades, na procura de dous obxectivos. O primeiro, que se evitaran no futuro e no posible, novos expolios gratu\u00edtos, o que s\u00f3 se lograr\u00e1 se quen \u00e9 responsable se fai sentir responsable de xeito p\u00fablico e dalg\u00fan xeito purga esa irresponsabilidade sendo consciente a cidadan\u00eda desa purga. O segundo, porque a aclaraci\u00f3n de responsabilidade nos feitos axuda \u00e1 aclaraci\u00f3n de responsabilidade na restituci\u00f3n das vidreiras \u00f3 estado anterior, coa reposici\u00f3n dos anacos no encaixe, a feitura de novo dos xa irrecuperables ou a montaxe en marcos que non queden en ferruxe como lle pasou \u00f3s anteriores.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A \u00faltima actuaci\u00f3n polo momento da asociaci\u00f3n veci\u00f1al foi o plasmar tanto nas participaci\u00f3ns de loter\u00eda como na felicitaci\u00f3n do Nadal imaxes coas vidreiras, e na labor de lembranza continuamos.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Agora mesmo parece haber unha oportunidade para &#8216;valorizar&#8217; as vidreiras en tanto non se recuperan como \u00e9 debido. A\u00ed est\u00e1 un novo espazo que no futuro se pode adicar a exposici\u00f3ns, a\u00ednda que non polo momento non estea inaugurado oficialmente, o da f\u00e1brica de Alxinatos. Lugar que poder\u00eda artellarse para a de exposici\u00f3n dos restos, cun marco de historia e fotograf\u00edas de como estaban (ver o colgado en internet), algo que implica actuaci\u00f3ns e estudos de calquera xeito moi convenientes, sen\u00f3n necesarias, pensando en facer unha reposici\u00f3n das vidreiras. <span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>E que non \u00e9 labor tampouco de hoxe para ma\u00f1\u00e1, pero si unha acci\u00f3n para comezar.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Unhas vidreiras de hai preto de noventa anos, cada unha con seiscentas pezas de vidro posiblemente realizadas por Luis Lertxundi na bilba\u00edna Vidrieras de Arte, S.A., inxertadas nunha capela nun cemiterio constru\u00eddo a partires de 1922 para ser cedido por Juan Moreno y Ulloa \u00f3 concello, son un elemento art\u00edstico moito menos visible que a Torre dos Moreno pero tam\u00e9n distintivo de Ribadeo. E non pode ser abandonado as\u00ed como as\u00ed na s\u00faa destruci\u00f3n. A mostra dos restos pode ser un primeiro paso para devolver \u00f3 pobo o que do pobo \u00e9.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Hai alg\u00fan tempo pedimos dende O tes\u00f3n a exposici\u00f3n de ideas. Neste caso, a idea \u00e9 unha exposici\u00f3n.<br \/>\n<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2012\/01\/que-pasa-coa-herdanza-dos-moreno-ii.html\"><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Acceso \u00e1 2\u00aa parte<\/a><br \/>\n<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2012\/01\/que-pasa-coa-herdanza-dos-moreno-iii.html\"><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Acceso \u00e1 3\u00aa parte<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;Cen anos despois de que os Moreno comezaran a contribu\u00edr a Ribadeo con diversas obras, parece como se foran xa cousa do pasado e Ribadeo non tivera moito interese polo seu futuro. O futuro da herdanza viva dos Moreno e o futuro de Ribadeo. &nbsp;&nbsp; &nbsp;O \u00faltimo episodio, ata o momento, saltou coa paralizaci\u00f3n [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[92,74,9,58],"class_list":["post-7697","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-casas-de-indianos","tag-o-teson","tag-sociedade","tag-torre-dos-moreno"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7697","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7697"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7697\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7697"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7697"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7697"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}