{"id":7677,"date":"2012-01-18T08:47:00","date_gmt":"2012-01-18T07:47:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:36:27","modified_gmt":"2024-11-12T13:36:27","slug":"pleno-con-dous-puntos-ii","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2012\/01\/18\/pleno-con-dous-puntos-ii\/","title":{"rendered":"Pleno con dous puntos (II)"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2012\/01\/pleno-con-dous-puntos.html\">O dito da parte 1\u00aa<\/a><\/p>\n<p>Apunto que <a href=\"http:\/\/www.ribadeo.org\/actualidade\/nova.php?id=907&amp;lg=gal\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">xa est\u00e1 colgada a referencia \u00f3 pleno na p\u00e1xina web do concello<\/a>.<\/p>\n<p>Continuando: O apartado de control dos \u00f3rganos e rogos e preguntas suscitou coma sempre aun mont\u00f3n de pequenas preguntas focalizadas e moitas veces de dif\u0107il comprensi\u00f3n por quen non tivera a documentaci\u00f3n diante ou co\u00f1ecera o problema. A\u00ednda as\u00ed, tam\u00e9n coma sempre, moitas outras (ou mesmo algunha das anteriores) chaman a atenci\u00f3n na s\u00faa pregunta, na s\u00faa resposta ou sinxelamente na s\u00faa existencia.<\/p>\n<p>Houbo preguntas sobre obras, como a da barandilla oxidada en Rinlo, na recentemente rematada praza de Calvo Sotelo, ou sobre a unificaci\u00f3n dos tipos de sinais nas parroquias, con factura a cargo da Deputaci\u00f3n. A televixiancia do punto limpo, 2 000 \u20ac subvencionados, chamou a mi\u00f1a atenci\u00f3n non polo feito de po\u00f1er televixiancia, sen\u00f3n pola noticia de que houbera roubos no lugar.<\/p>\n<p>4 000 \u20acpara o baleirado da fosa s\u00e9ptica da praia das catedrais, algo a facer peri\u00f3dicamente, a\u00ednda que sexa m\u00e1is frecuente no ver\u00e1n.<\/p>\n<p>Alg\u00fan cargo curioso, como 330 \u20ac para a pegada f\u00f3ra do noso concello de carteis anunciadores do mercado do Nadal, ou 3 776 \u20ac para un concurso de gui\u00f3ns cinematogr\u00e1ficos no pasado 2011 (algo que me choca porque se non lembro mal, o concurso foi adicado \u00f3s centros educativos e te\u00f1o visto un folleto onde dic\u00eda que o custe total era abondo superior; ser\u00e1 s\u00f3 unha parte)<\/p>\n<p>Naturalmente, aqu\u00ed, xunto coas epquenas preguntas e respostas, tam\u00e9n hai pequenos aproveitos como para dicir a mans do PP que a Xunta subvenciona abondo, a conto da intervenci\u00f3n no punto limpo nunha obra de tres mill\u00f3ns das antigas pesetas.<\/p>\n<p>No futuro ser\u00e1 desglosado o gasto en m\u00f3biles. Coido que no pasado, hai tempo, xa estaba; de feito, t\u00e9nse comentado nos plenos o gasdo dos m\u00f3biles m\u00e1is dunha volta.<\/p>\n<p>Unha cousa que me chamou a atenci\u00f3n foi \u00e1 ra\u00edz dunha pregunta de M. Val\u00edn, o aporte do concello dos cartos para o gasto das dilixencias previas correspondentes \u00e1 defensa do xa ex-secretario, \u00f3 ser imputado durante un tempo pola xu\u00edza nun caso de prevaricaci\u00f3n. Naturalmente, \u00f3 estar imputado (e continuar neste intre) o antigo alcalde, e o secretario ter despois deixado de estar imputado, non se citou a palabri\u00f1a, pero si que o caso era polo tema de ru\u00eddo. Como contraste, Barreiros, onde -segundo a prensa de onte mesmo- estando imputados no caso urban\u00edstico alcalde e secretaria, o alcalde segue no posto pero apartou das s\u00faas tarefas \u00e1 secretaria.<\/p>\n<p>Tres pagos a Aquagest de 5 000 \u20ac, adxudicaci\u00f3n directa, motivaron unha pregunta, pero o substancial quedoume sen comprender&#8230;<\/p>\n<p>A licenza definitiva da xa vella tenda de Almacenes Bah\u00eda na r\/ Vilalba chamou a atenci\u00f3n polo seu retraso, e a pregunta de se era unha cousa habitual ou houbera algo extraordinario quedou sen responder ata pr\u00f3ximo pleno.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n curiosa foi a declaraci\u00f3n (PP) de que hab\u00eda d\u00faas empresas que si cobraban puntualmente, a responsable do gabinete de prensa e a de atenci\u00f3n \u00f3 domicilio.<\/p>\n<p>A expresi\u00f3n de &#8216;costa un huevo&#8217; foi usada para referirse \u00f3 custe do congreso de pediatr\u00eda, inquirindo se ese custe \u00eda ser repetido peri\u00f3dicamente ou ou congreso f\u00f3ra s\u00f3 unha vez.<\/p>\n<p>Xa na parte de Rogos e Preguntas, comezou o representante do PSOE sobre o pago de 60 \u20ac mensuais nunha sentenza por ru\u00eddo contra o concello, cun argumento que ten repetido hai tempo, preguntando se se estaba a facer algo para deixar de pagar. Pregunta contestada polo alcalde no sentido de que estaban \u00e1 espera. Algo que polo que sei, podo dicir que como m\u00ednimo \u00e9 incompleto.<\/p>\n<p>O mesmo representante sacou a relocer o importante monto das multas por aparcamento en determiandas circunstancias, parece ser que a conto de que a el mesmo lle puxeran unha. 200 \u20ac por mal aparcamento en lugar non ORA. Ben, parece que a normativa e importes ven feita de xeito estatal polo seu partido (alomenos eso contestou o alcalde, non quedando convencido Eduardo Guti\u00e9rrez)<\/p>\n<p>O subministro el\u00e9ctrico \u00f3 pol\u00edgono industrial foi a base da primeira pregunta de UPRi, sacando a relocer o alcalde o retraso da construcci\u00f3n da subestaci\u00f3n e a lentitude en principio da compa\u00f1\u00eda e a Xunta para os tr\u00e1mites.<\/p>\n<p>Curiosa pregunta a seguinte. Resulta que para alugar bicis, ped\u00edaselles o DNI, que quedaba na oficina de turismo, co que os ciclistas \u00edan indocumentados. Algo que parece xa se subsanou, pasando a quedarse cunha copia do DNI.<\/p>\n<p>A carpa do parque tivo a s\u00faa intervenci\u00f3n diferenciada: 5 000 e do \u00faltimo custe son moitos cartos, pero negouse a viabilidade da compra porque hai que montala, desmontala, asegurala e conservala, e o concello non se ve capaz de facelo de xeito m\u00e1is barato que o aluguer, a parte dos problems que representar\u00eda que \u00f3 ter o concello a posibilidade, todas as asociaci\u00f3ns quixeran usala. A Mancomunidade est\u00e1 en mercar unha carpa, pero ise \u00e9 outro tema.<\/p>\n<p>A <a href=\"http:\/\/www.ribadeo.org\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">p\u00e1xina web do concello<\/a> centrou a primeira intervenci\u00f3n de Campo Bra\u00f1a, pois est\u00e1 sen actualizar mesmo na composici\u00f3n dos plenos, por non falar de que o orzamento que aparece \u00e9 do 2008, mentras que as novas que pon o alcalde aparecen peri\u00f3dicamente. E os novos medios, a segunda, pois pediu que a documentaci\u00f3n previa \u00f3s plenos fora escaneada e enviada por correo electr\u00f3nico &#8230; pensei que \u00eda dicir colgada na rede, pero iso ser\u00eda demasiado.<\/p>\n<p>Sobre o destino da Torre dos Moreno, e a conta das \u00faltimas declaraci\u00f3ns do alcalde, Campo Bra\u00f1a pediu que se convoque \u00f3s grupos municipais para que decidan. Tam\u00e9n neste caso pensei que \u00eda pedir que se abrira un debate p\u00fablico en Ribadeo, pero tam\u00e9n me equivoquei. A resposta do alcalde foi que a pesares do que sa\u00edra na prensa, non hai nada pensado sobre a Torre, inclu\u00edndo xunto a esta declaraci\u00f3n de culpabilidade da prensa na comunicaci\u00f3n un que &#8216;nos collen en medio dunha historia complexa para explicar aqu\u00ed&#8217;.<\/p>\n<p>A obra do paseo das Aceas foi recepcionada. Unha volta establecido, unha pregunta sobre a &#8216;Casa das algas&#8217;, nome que parece ser\u00e1 oficial: Pode usala calquera asociaci\u00f3n?. A resposta \u00e9 que en principio, si.<\/p>\n<p>Outra pregunta do PP foi sobre o avance no tema das vidrieiras. O alcalde expuxo que a Asoc. Ponte dos Santos comunicoulle un pr\u00f3ximo procedemento xudicial contra a empresa aseguradora. Contestou Campo que non valen excusas. E engado eu que parece que o tema desv\u00edase polos cartos, sen responsabilidades ou proxecto de futuro.<\/p>\n<p>Custe de apresar e mante cada res salvaxe (cabalos recollidos no monte, que xa tiveron unha primeira subasta para un grupo o mes pasado)? uns 225 \u20ac (a lembrar que a pasada adxudicaci\u00f3n f\u00edxose por 300 en conxunto)<\/p>\n<p>Recadaci\u00f3n por nultas na zona ORA? non hai datos a\u00ednda, pero falouse duns 800-900 \u20ac dende o 10N que se puxo en marcha, o que cubrir\u00eda o aluguer o equipo, que &#8216;entend\u00edn&#8217; que era o que se procuraba (o certo \u00e9 que nesta resposta en concreto escoit\u00e1base abondo mal)[Nota de 20\/1\/2011: El Progreso apunta nun artigo que se recadan 1200\u20ac\/mes].<\/p>\n<p>M. Val\u00edn felicitou a E. Guti\u00e9rrez polo seu artigo &#8216;Donde est\u00e1n las llaves?&#8217; a conto do albergue de peregrinos nunha pregunta difusa, que foi contestada no sentido de que que pasaba polo albergue xeraba gasto e poucos cartos deixaba en Ribadeo.<\/p>\n<p>Val\u00edn pediu asemade a constituci\u00f3n dunha comisi\u00f3n para reco\u00f1ecemento de Jos\u00e9 Calavera e a s\u00faa labor \u00f3 longo do tempo en relaci\u00f3n \u00e1 Torre dos Moreno, reco\u00f1ecemento e comisi\u00f3n que poder\u00eda extenderse a John Rutherford e que sen d\u00fabida atopar\u00eda m\u00e1is caso.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O dito da parte 1\u00aa Apunto que xa est\u00e1 colgada a referencia \u00f3 pleno na p\u00e1xina web do concello. Continuando: O apartado de control dos \u00f3rganos e rogos e preguntas suscitou coma sempre aun mont\u00f3n de pequenas preguntas focalizadas e moitas veces de dif\u0107il comprensi\u00f3n por quen non tivera a documentaci\u00f3n diante ou co\u00f1ecera o [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[42,58],"class_list":["post-7677","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-plenos","tag-torre-dos-moreno"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7677","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7677"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7677\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7677"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7677"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7677"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}