{"id":7671,"date":"2012-01-22T10:05:00","date_gmt":"2012-01-22T09:05:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:36:18","modified_gmt":"2024-11-12T13:36:18","slug":"o-estiramento-dunha-masa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2012\/01\/22\/o-estiramento-dunha-masa\/","title":{"rendered":"O estiramento dunha masa"},"content":{"rendered":"<p>Procurando outras cousas, remata de caer a mi\u00f1a atenci\u00f3n na versi\u00f3n dixitalizada de artigos que te\u00f1o publicado en tempos (d\u00e9cada dos 90) na Mari\u00f1a de El Progreso. Deixo unha das publicaci\u00f3ns que coido resistiu abondo ben o tempo, a pesares da tem\u00e1tica:<\/p>\n<p><strong>O estiramento dunha masa<\/strong> (4\/12\/97)<\/p>\n<p>A semana pasada volv\u00edn escoitar mencionar un efecto econ\u00f3mico que contin\u00faa a producirse nos EUA dende comezos da d\u00e9cada pasada: a separaci\u00f3n cada vez maior entre a renta das capas sociais econ\u00f3micamente poidentes e os desfavorecidos.<\/p>\n<p>Este fen\u00f3meno prod\u00facese a nivel mundial e a nivel de cada pa\u00eds. Resulta que, no mundo e en termos xerais, os que te\u00f1en cartos, cada vez te\u00f1en m\u00e1is. E os que te\u00f1en poucos, cada vez te\u00f1en relativamente menos. Dentro de cada pa\u00eds manif\u00e9stase o feito do enfraquecemento da chamada clase media, que en principio parec\u00eda caracter\u00edstico da econom\u00eda estadounidense.<\/p>\n<p>No conxunto das naci\u00f3ns, est\u00e1 a aumentar a separaci\u00f3n entre os pa\u00edses desenvoltos e os chamados non desenvolvidos, tras varios decenios nos que se daba efecto contrario. E a\u00ednda agora est\u00e1n os chamados drag\u00f3ns asi\u00e1ticos, pa\u00edses con forte crecemento, a sufrir os efectos dunha tormenta monetaria contra econom\u00edas que se saben d\u00e9biles e con defectos estructurais debidos en parte \u00f3 seu r\u00e1pido crecemento.<\/p>\n<p>As causas destas manifestaci\u00f3ns son diversas. O abandono da progresividade nos impostos pola presi\u00f3n da xente que pode influ\u00edr, a maior facilidade para establecer contactos comerciais e de emprego por parte da xente que xa pode facelo, os contactos, &#8230; . No caso de comparaci\u00f3ns internacionais manif\u00e9stanse m\u00e1is claramente outros efectos, como que a pobreza impide manter a sociedade organizada e aumenta a corrupci\u00f3n, prod\u00facense os levantamentos armados e os mot\u00edns, etc. No caso de particulares, o verse atado para facer calquera cousa por falta de cartos inicia a espiral da marxinaci\u00f3n e aumenta o problema.<\/p>\n<p>V\u00e9nseme \u00e1 cabeza o estiramento dunha masa. Se temos masa para facer empanada, por exemplo, podemos estirala de varios xeitos. Cun rodillo, a mistura queda aplastada por igual e dilu\u00edda, con pouca consistencia mentras non se coce. Pero hai veces que est\u00edrase suxeitando unha porci\u00f3n cunha man arriba e outra coa outra man, abaixo. Nese caso, se se comeza a estirar, cada cachi\u00f1o de masa dos que queda no medio toma un cami\u00f1o, en parte aleatorio, para unha ou outra beira. Cando se segue a estirar e a afina-la ponte entre enrriba e abaixo, ent\u00f3n vese claro que o mesmo peso leva a maior\u00eda de material cara abaixo. As\u00ed ata que remata por rachar, e ent\u00f3n podemos contemplar dous bloques separados nos que a maior parte (case toda) da masa que fac\u00eda ponte est\u00e1 na parte de abaixo.<\/p>\n<p>A idea par\u00e9ceme abondo concordante co que est\u00e1 pasando na econom\u00eda: non \u00e9 s\u00f3 que esa ponte est\u00e9 a facerse m\u00e1is estreita, senon que cada vez \u00e9 m\u00e1is longa.<\/p>\n<p>Pensando no fen\u00f3meno que est\u00e1 a suceder coa \u00b4ponte\u00b4, podemos chegar a algunhas conclusi\u00f3ns. Coa masa, o facer pontes podemos considera que non \u00e9 m\u00e1is que un xogo. Na econom\u00eda \u00e9 a realidade na que se ve afectada moita (toda) a xente.<\/p>\n<p>Parece que a creaci\u00f3n de riqueza de que tanto se fala por parte dos economistas e pol\u00edticos debera servir para atenua-lo proceso. Ata hai un par de d\u00e9cadas, as\u00ed foi en todo o mundo. Dende ent\u00f3n, comezando polos EUA, non o \u00e9. A creaci\u00f3n de riqueza vai cada vez m\u00e1is para os que xa son ricos. Adem\u00e1is, de pouco serve o ter algo de cartos cando eses cartos non chegan. E telos v\u00f3lvese cada vez m\u00e1is necesario para poder facer calquera cousa. Ref\u00edrome a facer algo coa propia vida, sen m\u00e1is: \u00bfque se pode facer hoxe sen cartos?. Est\u00e1 visto que os tempos cambiaron; na xeraci\u00f3n anterior un neno que ti\u00f1a algo na casa non era pobre. Hoxe necesita ter cartos para poder sa\u00edr dela. O mesmo sirve para os maiores, con outros matices.<\/p>\n<p>&#8230; Despois de todo, e ben pensado, a analox\u00eda econ\u00f3mica coa ponte de masa non debe ser moi v\u00e1lida: a masa soa a cartos, a eso de \u00b4masa monetaria\u00b4, por exemplo. Pero sobre todo non debe selo porque na realidade, esa masa monetaria vai parar \u00f3s menos, \u00f3s m\u00e1is ricos, os \u00b4de enrriba\u00b4. Non \u00f3s m\u00e1is numerosos, os pobres, os de \u00b4abaixo\u00b4.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Procurando outras cousas, remata de caer a mi\u00f1a atenci\u00f3n na versi\u00f3n dixitalizada de artigos que te\u00f1o publicado en tempos (d\u00e9cada dos 90) na Mari\u00f1a de El Progreso. Deixo unha das publicaci\u00f3ns que coido resistiu abondo ben o tempo, a pesares da tem\u00e1tica: O estiramento dunha masa (4\/12\/97) A semana pasada volv\u00edn escoitar mencionar un efecto [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,111],"class_list":["post-7671","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-marina"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7671","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7671"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7671\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7671"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7671"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7671"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}