{"id":7669,"date":"2012-01-23T16:54:00","date_gmt":"2012-01-23T15:54:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:36:15","modified_gmt":"2024-11-12T13:36:15","slug":"estamos-na-periferia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2012\/01\/23\/estamos-na-periferia\/","title":{"rendered":"Estamos na periferia"},"content":{"rendered":"<p>Deixo outro artigo publicado na Mari\u00f1a de El Progreso a 19960522. O cambio tecnol\u00f3xico e a s\u00faa continuaci\u00f3n nos custes econ\u00f3micos \u00e9 patente, pero nun d\u00eda como hoxe, que a conexi\u00f3n a internet chegou a estar parada, ou ouho alg\u00fan corte de luz, coido que ven a conto. No \u00faltimo par\u00e1grafo, par\u00e1frase dunha cita que me chegou do alcalde anterior a esa data, refer\u00edndose a desfrutar da tranquilidade estando no centro da vila.<\/p>\n<p>&#8211;<\/p>\n<h3><center>Estamos na periferia.<\/center><\/h3>\n<p>Moitas veces digo que Ribadeo \u00e9 o c\u00fa do mundo. \u00c9 un dito cari\u00f1oso, no que trato de deixar constancia de que estamos lonxe de Lugo, da Coru\u00f1a e Oviedo, o que dificulta a relaci\u00f3n con ese sitio onde hoxe se atopa c\u00e1seque de todo que \u00e9 a cidade. O certo \u00e9 que a mellora da rede vial fai que estas cidades este\u00f1an moito m\u00e1is achegadas \u00e1 nosa vila (en tempo) que fai uns anos.<\/p>\n<p>Nembargantes, seguimos sendo periferia e, polo momento, a nosa situaci\u00f3n relativa est\u00e1 a empeorar nese sentido. Xa deixo craro que en termos absolutos a t\u00e9cnica permite unha mellor e maior conexi\u00f3n coas cidades, o noso entorno e, en xeral, co resto do mundo. Nembargantes, atop\u00e1monos agora con que para unha conexi\u00f3n mediante as novas tecnolox\u00edas inform\u00e1ticas (a &#8220;rede&#8221; inform\u00e1tica que pouco a pouco vai sendo tendida sobre o planeta enteiro) pode ser m\u00e1is rentable conectar po\u00f1amos por caso, A Coru\u00f1a con Toquio que Ribadeo con A Coru\u00f1a. \u00bfSorprendidos?. Pois s\u00ed. Expl\u00edcome: como o enganche entre dous ordenadores f\u00e1ise pola li\u00f1a telef\u00f3nica e a trav\u00e9s de conexi\u00f3ns especiais (os chamados &#8220;nodos&#8221; da rede), un ordenador da Coru\u00f1a, para po\u00f1erse en contacto con outro de Toquio ten que realizar unha chamada urbana para conectar co nodo correspondente e iste traslada a chamada a Toquio.<\/p>\n<p>Nembargantes, Ribadeo non ten nodo. Logo, para chamar de Ribadeo \u00e1 Coru\u00f1a establ\u00e9cese a conexi\u00f3n mediante a li\u00f1a telef\u00f3nica, sin mediaci\u00f3n de nodos. O caso \u00e9 que hai que pagar, no primeiro caso, s\u00f3 unha chamada urbana m\u00e1is o abono de conexi\u00f3n \u00f3 servidor da rede, mentras que no segundo hai que pagar a conferencia interprovincial, o que non evita ter que contratar o servicio da rede para outros casos, o que resulta en xeral abondo m\u00e1is gravoso. \u00c9 o mesmo caso que as chamadas \u00f3 vici\u00f1o ou as chamadas \u00f3 parende de Am\u00e9rica, s\u00f3 que por ista vez, para os que viven cerca dun nodo, calquera de outra cidade &#8220;con nodo&#8221; est\u00e1 tan preto en custe de chamada como o &#8220;vici\u00f1o&#8221;, mentras que para n\u00f3s, os &#8220;vici\u00f1os&#8221; seguen a ser s\u00f3 os de toda a vida. <\/p>\n<p>Polo que parece a\u00ednda ha pasar tempo ate que algu\u00e9n nos po\u00f1a achegado un nodo de conexi\u00f3n \u00e1 rede e evitemos as chamadas interurbanas, co aforro que iso sup\u00f3n. A Telef\u00f3nica xa est\u00e1 suavizando dende alg\u00fan tempo esta desigualdade, encarecendo relativamente m\u00e1is as chamadas urbanas. Pode que cando v\u00eda ordenador se solucione o tema, ent\u00f3n o coste da chamada urbana sexa xa o mesmo que se se fixera \u00e1s ant\u00edpodas. Claro que esto non nos servir\u00e1 ent\u00f3n de moito.<\/p>\n<p>Mentres, seguiremos na periferia aguantando cos cortes de luz no inverno que nos proporciona \u00a1gratis! Barras (que se chinchen os das cidades, que non os disfrutan), facendo compa\u00f1\u00eda \u00f3s axustes telef\u00f3nicos da dita C\u00eda. Telef\u00f3nica.<\/p>\n<p>\u00bfQue non somos o c\u00fa do mundo? Certo, hai sitios moito peores, pero bo, a idea &#8230; \u00bfOu que \u00e9 iso de estar vivindo &#8220;no campo&#8221; e querer disfrutar das ventaxas da cidade?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Deixo outro artigo publicado na Mari\u00f1a de El Progreso a 19960522. O cambio tecnol\u00f3xico e a s\u00faa continuaci\u00f3n nos custes econ\u00f3micos \u00e9 patente, pero nun d\u00eda como hoxe, que a conexi\u00f3n a internet chegou a estar parada, ou ouho alg\u00fan corte de luz, coido que ven a conto. No \u00faltimo par\u00e1grafo, par\u00e1frase dunha cita que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[111,40],"class_list":["post-7669","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-marina","tag-tecnoloxia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7669","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7669"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7669\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7669"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7669"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7669"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}