{"id":7668,"date":"2012-01-23T21:56:00","date_gmt":"2012-01-23T20:56:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:36:13","modified_gmt":"2024-11-12T13:36:13","slug":"nova-vella-entrada","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2012\/01\/23\/nova-vella-entrada\/","title":{"rendered":"Nova vella entrada: Ach\u00e9gase o Fin de Curso"},"content":{"rendered":"<p>O tema \u00e9 xa vello, pero ren\u00f3vase t\u00f3dolos anos, na mesma \u00e9poca (que non \u00e9 ista). O texto foi publicado o 19960630.<\/p>\n<p>&#8211;<\/p>\n<p>Ach\u00e9gase o Fin de Curso<\/p>\n<p>Na nosa tradici\u00f3n occidental parece que tomamos a vida e os sucesos como algo lineal; eso din os estudosos da mentalidade social. Nembargantes, celebramos os ciclos. Este tipo de festexos nunca o entend\u00edn moi ben.<\/p>\n<p>Celebramos os finais de ano como algo especial, cando o seu significado \u00e9 o de que a Terra deu unha volta m\u00e1is a unha estrela que distinguimos porque est\u00e1 moito m\u00e1is perto que as outras. Conmemor\u00e1molo ademais nunha data que non ten nada de especial astron\u00f3micamente e, para m\u00e1is inri, dun xeito inexacto porque esas voltas da Terra non coinciden cun n\u00famero enteiro de d\u00edas.<\/p>\n<p>A partir de ah\u00ed, cel\u00e9branse outras moitas festas, con m\u00e1is ou menos sentido. As\u00ed, non creo que moita xente se pregunte porque se celebra o cumpleanos do nacemento\/parto e non da concepci\u00f3n (o motivo non oficial pode estar en que se co\u00f1ece con m\u00e1is precisi\u00f3n e en caso contrario dar\u00eda lugar a descubrir m\u00e1is dun segredo ben gardado). Nembargantes, outras festas, a pesar de seguir o mesmo ritmo, te\u00f1en un sentido diferente, como as derivadas da recolecci\u00f3n, onde realmente hai algo importante que celebrar.<\/p>\n<p>Estamos na \u00e9poca pola que nesta parte do mundo se achega o fin do curso. Estoume referindo \u00f3 curso &#8220;normal&#8221;, o dos estudos, non \u00f3 pol\u00edtico ou outros \u00f3s que se lles chama as\u00ed agora, a\u00ednda que moitas veces coincidan. Pois ben, o caso \u00e9 que este final de curso ten d\u00faas celebraci\u00f3ns, unha posterior e a outra anterior \u00e1 data fixada. Expl\u00edcome. Tras rematar o curso, cel\u00e9brase que xa non hai clases, que (din) xa non hai que estudar, que hai m\u00e1is tempo libre, &#8230; . Antes de rematar as clases, nun per\u00edodo variable (segundo a persona, o nivel de estudios acadado, etc.) ext\u00e9ndese unha ceremonia de outro cariz: \u00e9 o s\u00edndrome do fin de curso. A \u00e9ste, t\u00e9meselle. Hai que esforzarse xa sen tempo, sen ganas, sen gusto, sen &#8230;<\/p>\n<p>A min, polo contrario, g\u00fastame imaxinar o curso escolar como un curso dun r\u00edo. O principio, proceloso, saltar\u00edn, como o alumno, cheo de enerx\u00eda e activo, descansado do ver\u00e1n. Logo, pouco a pouco, m\u00e1is calmado, pero con m\u00e1is caudal, con m\u00e1is co\u00f1ecementos cada vez, para rematar desembocando dun xeito totalmente suave, verquendo as s\u00faas augas \u00f3 mar, os seus co\u00f1ecementos na vida.<\/p>\n<p>Se tomamos outra comparaci\u00f3n, se estamos a ver unha carreira longa, todos nos asombramos e apoiamos a aquel atleta que cerca xa da meta deixa \u00f3s outros atr\u00e1s nun sprint final. Nembargantes, para facer iso, antes tivo que correr a car\u00f3n dos m\u00e1is, pois senon ese derradeiro xesto non lle serve de moito. O que se busca pois nesos finais \u00e9 acadar unha mellor posici\u00f3n, rematar super\u00e1ndose a si mesmo, non suplir a falta dun b\u00f3 traballo previo. Igual ocorre no ensino\/aprendizaxe.<\/p>\n<p>O dif\u00edcil \u00e9 practicar estas ideas. En particular, hai unha percepci\u00f3n de contracci\u00f3n\/dilataci\u00f3n do tempo coa idade que fai medrar na xente nova un sentimento de imposibilidade de manter o ritmo todo o curso.<\/p>\n<p>Pode que sexa un pensamento rom\u00e1ntico nunha \u00e9poca na que non se leva moito. Nembargantes, non s\u00f3 a LOGSE, senon tam\u00e9n polo menos a anterior lei, a LGE (Ley General de Educaci\u00f3n, Villar Palas\u00ed\/1970) po\u00f1en o \u00e9nfase no discurrir do traballo \u00f3 longo de todo o curso, a avaliaci\u00f3n cont\u00ednua e a formaci\u00f3n continuada. \u00c9 dicir, dase o mesmo valor o rendemento de cada minuto do curso, sexa o principio ou \u00f3 final do mesmo. &#8230;A\u00ednda que todos, profesores inclu\u00eddos, e coa excepci\u00f3n quiz\u00e1is dos anci\u00e1ns, tendemos a lembrar m\u00e1is as cousas m\u00e1is pr\u00f3ximas temporalmente, como ben saben os alumnos, dun xeito intuitivo.<\/p>\n<p>En sentido estrito, estos proleg\u00f3menos que son o s\u00edndrome do fin de curso, van contra a lei. Van contra a lei no seu esp\u00edritu, pero non creo que poda haber un resquicio de castigo legal contra a multitude de estudantes que o practica. Podemos pensar que ou cambiamos o uso popular ou cambiamos a lei. Nembargantes, todos sabemos do valor da constancia e da dificultade de levala a cabo. E dubido moito que haxa unha lei en alg\u00fan pa\u00eds que prime os atrac\u00f3ns da derradeira hora. \u00d3 final, que Deus os colla confesados &#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O tema \u00e9 xa vello, pero ren\u00f3vase t\u00f3dolos anos, na mesma \u00e9poca (que non \u00e9 ista). O texto foi publicado o 19960630. &#8211; Ach\u00e9gase o Fin de Curso Na nosa tradici\u00f3n occidental parece que tomamos a vida e os sucesos como algo lineal; eso din os estudosos da mentalidade social. Nembargantes, celebramos os ciclos. Este [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[18,111],"class_list":["post-7668","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-educacion","tag-marina"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7668","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7668"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7668\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7668"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7668"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7668"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}