{"id":7618,"date":"2012-03-03T22:14:00","date_gmt":"2012-03-03T21:14:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:34:37","modified_gmt":"2024-11-12T13:34:37","slug":"fun-partenia-e-gustoume","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2012\/03\/03\/fun-partenia-e-gustoume\/","title":{"rendered":"Fun a Partenia, e gustoume"},"content":{"rendered":"<p>(Artigo publicado o 19990728 en A Mari\u00f1a de O Progreso)<\/p>\n<p>Fun a Partenia, e Gustoume. Ser\u00eda un lema tur\u00edstico como outro calquera, sen\u00f3n fora porque a tal Partenia \u00e9 un lugar no norte de Africa, na actual Arxelia, que te\u00f1o entendido que hoxe \u00e9 ilocalizable. Nembargantes, existiu. Perante uns cantos s\u00e9culos foi un lugar importante, s\u00e9 dunha di\u00f3cese, e a\u00ednda que desaparecera como vila, a distribuci\u00f3n eclesi\u00e1stica correspondente mantense. Como tal, pode ter un bispo \u00f3 mando, e teno. Como di Jacques Gaillot, nomeado vai para catro anos como cabeza de dita di\u00f3cese, non ten catedral, sen\u00f3n que oficia fora dela. Na realidade, est\u00e1 case fora da igrexa oficial.<\/p>\n<p>O bispo di ben: foi nomeado para unha di\u00f3cese virtual como &#8220;castigo&#8221; polas s\u00faas ideas, e non ten catedral nin as r\u00faas dunha vila. Parece que era inc\u00f3modo ou ti\u00f1a ideas diversas coa xerarqu\u00eda na que estaba inclu\u00eddo (\u00f3 fin, as d\u00faas cousas van da man se se cumpre dun xeito consecuente) A falta dunha s\u00e9 f\u00edsica ben especificada, buscou o seu lugar, e agora ten asento en d\u00faas s\u00e9s diferentes: a r\u00faa, calquera r\u00faa do mundo, e internet. Ben mirada a s\u00faa p\u00e1xina no correspondente lugar electr\u00f3nico e ollando un pouco pola r\u00faa, os recursos dos que goza en \u00e1mbalas d\u00faas son escasos. Cheguei \u00f3 seu lugar en internet a ra\u00edz dunha noticia na prensa, e realicei a viaxe de xeito abondo m\u00e1is r\u00e1pido, barato e doado que se fora en avi\u00f3n en busca dunha Partenia que xa non existe. De feito, creo que xa ti\u00f1a fai tempo un p\u00e9 na di\u00f3cese de Partenia sen sabelo. \u00c9 tan doado conectar coas s\u00faas ideas como aproximarse a facerlle unha visita por este medio electr\u00f3nico. E logo, a r\u00faa xa \u00e9 Partenia.<\/p>\n<p>A pesar de ser un destino de aparcamento, que se interpreta como de castigo e en teor\u00eda sen fieles, na realidade convertiuse, por unha transformaci\u00f3n do sentido administrativo, nunha agrupaci\u00f3n que representa (trata de facelo) a m\u00e1is grande parte dos integrantes na Igrexa. Botando contas da cantidade de cat\u00f3licos oficiais que hai e, dentro de n\u00f3s, compar\u00e1ndoo co n\u00famero dos afectos \u00e1 xerarqu\u00eda, penso que hai unha grande diferencia dende vai xa tempo.<\/p>\n<p>\u00bfOnde est\u00e1n estes outros cristi\u00e1ns non encadrados? Os diversos movementos &#8220;de base&#8221; dunha ou outra tendencia, apoiados en parte por elementos de a p\u00e9 da xerarqu\u00eda, receben directrices ou paus con regular frecuencia doutra parte desa mesma base e de estratos superiores. A forma de organizaci\u00f3n como Igrexa de todo o resto \u00e9 moi variable, dende o marxinalismo pasota ata o integrismo (por suposto, tam\u00e9n aqu\u00ed) m\u00e1is recalcitrante, pasando por un compromiso externo \u00e1 estructura. O paso de ser cristi\u00e1n comprometido a formar parte dese outro &#8220;resto&#8221; pode ser s\u00f3 cousa de estar cansado do rexeitamento oficial.<\/p>\n<p>Nun momento no que en Espa\u00f1a se trata de influ\u00edr no ensino da relixi\u00f3n m\u00e1is que no sentimento relixioso, e as\u00ed tomo a aplicaci\u00f3n do Concordato igrexa-estado en revisi\u00f3n continua no ensino, ou de separar ese mesmo estudio da formaci\u00f3n, como penso que ocorre cando se trata de obrigar a escoller relixi\u00f3n no ensino regrado como complemento para poder asistir \u00f3 cursi\u00f1o previo \u00e1 Confirmaci\u00f3n, iniciativas como a mantida na di\u00f3cese partenia de dar cabida \u00f3s que non a te\u00f1en nas catedrais, poden supor un refresco que vivifique \u00e1 mesma Igrexa da que moita xente forma parte sen estar encadrada na, nin tampouco pola, xerarqu\u00eda.<\/p>\n<p>En calquera lugar desta terra nosa son (somos) a gran maior\u00eda os bautizados. Nembargantes, a mala prensa (mellor, a mala lingua, que a prensa ten outras implicaci\u00f3ns) sobre a Igrexa non \u00e9 de hoxe. Ademais, f\u00e1lase moito m\u00e1is e tam\u00e9n pret\u00e9ndese ter co\u00f1ecemento sobre a igrexa &#8211; xerarqu\u00eda que sobre a Igrexa, unha desco\u00f1ecida. Unha revisi\u00f3n de boa fe sobre a \u00faltima, pero tam\u00e9n sobre a pen\u00faltima, a\u00ednda que poda ser un revulsivo, a ben seguro ser\u00e1 beneficiosa para todos. Nembargantes, fai demasiado tempo que non se pide de xeito craro nin dende dentro nin fora dun p\u00falpito.<\/p>\n<p>En fin, remata esta pequena reflexi\u00f3n a conto de Partenia. Pode que agora se comprenda un pouco mellor que non \u00e9 un lema tur\u00edstico: fun a Partenia, e gustoume.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>(Artigo publicado o 19990728 en A Mari\u00f1a de O Progreso) Fun a Partenia, e Gustoume. Ser\u00eda un lema tur\u00edstico como outro calquera, sen\u00f3n fora porque a tal Partenia \u00e9 un lugar no norte de Africa, na actual Arxelia, que te\u00f1o entendido que hoxe \u00e9 ilocalizable. Nembargantes, existiu. Perante uns cantos s\u00e9culos foi un lugar importante, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9],"class_list":["post-7618","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7618","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7618"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7618\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7618"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7618"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7618"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}