{"id":7602,"date":"2012-03-12T08:02:00","date_gmt":"2012-03-12T07:02:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:34:13","modified_gmt":"2024-11-12T13:34:13","slug":"o-comezo-da-privatizacion-dos-concellos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2012\/03\/12\/o-comezo-da-privatizacion-dos-concellos\/","title":{"rendered":"O comezo da privatizaci\u00f3n dos concellos?"},"content":{"rendered":"<p>Resulta que este fin de semana os xornais trouxeron unha nova sobre o control \u00f3s concellos. Que si hab\u00eda que controlalos m\u00e1is para traelos \u00f3 rego do gasto, e hab\u00eda que cambiar algunhas cousas legais. Isa era a cuesti\u00f3n. Pero no medio, nun lugar pequeno, eses cambios incl\u00faen a posibilidade de que a xente de Madrid encargue auditori\u00e1s a empresas privadas.<\/p>\n<p>Ata o momento, os concellos pod\u00edan crear (igual que outras administraci\u00f3ns) entidades xur\u00eddicas que funcionaban como empresas privadas, a\u00ednda que o capital f\u00f3ra enteiramente p\u00fablico. A xustificaci\u00f3n, iso da eficiencia da empresa privada, con menores gastos, m\u00e1is independencia do poder pol\u00edtico, &#8230;\u00e9 dicir, como se o privado fora de por si mellor que o p\u00fablico para funcionar, e non houbera quebras, ineficiencias, recortes por unha beira e beneficios para outros, clientelismo e aproveitamento das administraci\u00f3ns, &#8230; En fin, hab\u00eda a posibilidade de que o p\u00fablico accedera a m\u00e9todos privados. Tam\u00e9n de que o p\u00fablico encargara servizos a empresas privadas, desentend\u00e9ndose da xesti\u00f3n deles e sendo un mero asegurador de que esos servizos se fixeran.<\/p>\n<p>As d\u00faas verquentes anteriores poder\u00edan indicar unha privatizaci\u00f3n, pero son sinxelamente unha desviaci\u00f3n de recursos cara \u00f3 privado (o segundo) e un camuflaxe interesado o primeiro. Agora haber\u00e1 esta nova versi\u00f3n, a supervisi\u00f3n do p\u00fablico por entidades privadas. Se viviramos nun mundo perfecto, quiz\u00e1is non haber\u00eda nada que obxectar. Pero non \u00e9 o caso. E ata o de agora, eran as persoas as que ti\u00f1an asignado o seguemento, control e variaci\u00f3n do poder pol\u00edtico (se fixeran efectivas esas funci\u00f3ns ou non). Pero agora resulta que pasan a ser as empresas (contratadas, \u00e9 dicir, previo pago, coas administraci\u00f3ns como clientes, e polo tanto deb\u00e9ndose \u00f3 poder pol\u00edtico e non \u00f3s cidad\u00e1ns) as que controlar\u00e1n por lei, sendo as\u00ed alonxado unha vez m\u00e1is o control dos cidad\u00e1ns, aumentando o n\u00famero de pasos ata chegar \u00f3 cidad\u00e1n, e polo tanto, aumentando a opacidade, diminu\u00edndo a eficacia do sistema administrativo, que \u00f3 tempo ver\u00e1 como se queda sen carga de traballo, se lle acusa -unha vez m\u00e1is- de non traballar e se lle botar\u00e1 as culpas de ineficacia, &#8230;<\/p>\n<p>S\u00ed, \u00e9 certo, iso non \u00e9 privatizar os concellos, \u00e9 permitir que empresas privadas cos seus propios intereses, e non os cidad\u00e1ns, marquen o cami\u00f1o a seguir. Mentras, se os concellos son ineficaces, non pasa ren: apl\u00e1nase o cami\u00f1o a unha futura reforma. O resto, ir\u00e1 vindo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Resulta que este fin de semana os xornais trouxeron unha nova sobre o control \u00f3s concellos. Que si hab\u00eda que controlalos m\u00e1is para traelos \u00f3 rego do gasto, e hab\u00eda que cambiar algunhas cousas legais. Isa era a cuesti\u00f3n. Pero no medio, nun lugar pequeno, eses cambios incl\u00faen a posibilidade de que a xente de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,13],"class_list":["post-7602","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7602","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7602"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7602\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7602"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7602"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7602"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}