{"id":7587,"date":"2012-03-20T07:37:00","date_gmt":"2012-03-20T06:37:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:33:46","modified_gmt":"2024-11-12T13:33:46","slug":"un-borrador-para-un-comunicado","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2012\/03\/20\/un-borrador-para-un-comunicado\/","title":{"rendered":"Un borrador para un comunicado"},"content":{"rendered":"<p>Feito para pensar e discutir, \u00e9 s\u00f3 un borrador. Se est\u00e1s participando no 15M na zona, posiblemente <a href=\"http:\/\/www.facebook.com\/groups\/219369208082294\/doc\/383512621667951\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">o atopar\u00e1s noutro lugar<\/a>. Se non, p\u00f3delo igualmente pensar. \u00c9 o que te\u00f1en os borradores: p\u00f3dense variar \u00e1 vontade. An\u00edmase \u00e1 participaci\u00f3n para a s\u00faa mellora. Por certo, non \u00e9 un borrador meu, pero coido que neste caso non hai que pagar dereitos.<\/p>\n<p>&#8211;<\/p>\n<p>\u00bfImos \u00e1 folga? Asemblea cidad\u00e1 da Mari\u00f1a \u2013 Occidente de Asturias<\/p>\n<p>As folgas xerais non se convocan por causas particulares dunha empresa, sen\u00f3n para amosar o rexeitamento do conxunto dos traballadores e a cidadan\u00eda \u00e1s pol\u00edticas laborais ou econ\u00f3micas dun goberno. Por iso, cando desde a CEOE se di que a folga convocada para o vindeiro d\u00eda 29 de marzo \u00e9 unha folga pol\u00edtica, desde a Asemblea da Mari\u00f1a-Occidente estamos de acordo: \u00e9 unha folga contra a pol\u00edtica laboral do actual goberno.<\/p>\n<p>O que sucede \u00e9 que o movemento 15M non se asusta da verba \u201cpol\u00edtica\u201d, dado que precisamente a nosa intenci\u00f3n \u00e9 a de non deixar a pol\u00edtica nas mans dos profesionais da pol\u00edtica. Levamos xa m\u00e1is de dez meses pedindo aos pol\u00edticos transparencia e aos cidad\u00e1s participaci\u00f3n, e nesta ocasi\u00f3n non vai ser diferente. Os nosos movementos non dependen de qu\u00e9n convoca ou qu\u00e9n asiste a un acto. Unha cidadan\u00eda maior de idade pode avaliar cada situaci\u00f3n e posicionarse fronte a ela cun discurso propio, coincidindo \u00e1s veces con uns e outras con outros, sen tutelas nin coaci\u00f3ns dos diferentes actores.<\/p>\n<p>Hoxe nos enfrontamos \u00e1 reforma laboral presentada polo goberno. A s\u00faa proposta bas\u00e9ase na filosof\u00eda de que facilitar a xesti\u00f3n das empresas polos seus propietarios \u00e1 s\u00faa vontade facilitar\u00e1 a creaci\u00f3n de emprego, non dubidando para iso en eliminar os dereitos dos traballadores, permitindo que se unha empresa ga\u00f1a menos que antes (hoxe, todas) ou simplemente pensa que vai pasar, poida despedir barato aos seus traballadores, ou baixarlles o salario unilateralmente; cas empresas poidan mover \u00e1 xente onde e cando queiran, poidindo despedir barato a quen non estea disposto, que se poidan contratar xoves por un ano con despido libre ou que os incrementos salariais acordados polos sindicatos e a patronal poidan en caso de necesidade deixar de aplicarse nunha empresa en dificultades. Unha tras outra, medidas que facilitan o despedimento e a rebaixa dos dereitos e favorecen ao empregador.<\/p>\n<p>Din que con esta reforma tr\u00e1tase de crear emprego, pero despois din que este non vai crearse at\u00e9 que medre a econom\u00eda. \u00c9 dicir, que non vai crear emprego, que o emprego o xenera o crecemento, o mesmo que cando se creou emprego fai oito anos, coa anterior lexislaci\u00f3n laboral.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n din que se trata de que nunha futura crise non se despida aos traballadores, sen\u00f3n que se poidan repartir empregos e salarios dentro da empresa, pero iso foi precisamente o que acordaron en xaneiro empresarios e sindicatos, sen necesidade de abaratar o despedimento, antes de aproba-la reforma.<\/p>\n<p>Os m\u00e1is deles pensan ca reforma vai axudar aos empresarios a competir con produtos m\u00e1is baratos no mercado internacional, pero non falan do que vai supo\u00f1er a baixada dos salarios para os pequenos comercios e empresas que venden os seus produtos e servizos no mercado local.<\/p>\n<p>Desde a Asemblea Cidad\u00e1 pensamos que:<\/p>\n<p>1. A reforma laboral vai supo\u00f1er unha baixada xeralizada dos salarios, e as\u00ed unha merma da nosa capacidade adquisitiva, polo que as empresas que venden os seus produtos na nosa comarca ver\u00e1n baixar as vendas, o que vai reducir \u00e1 s\u00faa carga de traballo e incrementa-lo noso desemprego.<\/p>\n<p>2. A estratexia da rebaixa salarial para competir no mercado europeo (o noso mercado) non pode triunfar se vai ser a mesma en t\u00f3dolos pa\u00edses da UE, indo quedar simplemente na destruci\u00f3n do sistema europeo de benestar.<\/p>\n<p>3. En definitiva, apoiar esta reforma \u00e9 optar por un sistema econ\u00f3mico global no que os traballadores vivan cada vez peor, para que a riqueza siga a acumularse nas mans do 0,1% da poboaci\u00f3n, dos banqueiros, dos executivos das grandes multinacionais e dos l\u00edderes dos grandes partidos pol\u00edticos que lles serven de coartada.<\/p>\n<p>Por iso desde aqu\u00ed queremos chamar a t\u00f3dolos cidad\u00e1s \u00e1 participar na folga, pero non qued\u00e1ndose na casa, sen\u00f3n deix\u00e1ndose ver nos diferentes actos que se propo\u00f1an o vindeiro xoves 29, para facer patente o noso desacordo coa reforma. Para que non digan que non fumos traballar porque os piquetes nolo impidiron. Chamamos tam\u00e9n \u00e1s mulleres e homes que traballan na casa, cuxo esforzo parece que non existe por non ter un salario, para que rexeiten unha reforma que vai a obrigalos a traballar tam\u00e9n f\u00f3ra da casa pola baixada dos salarios. Chamamos aos parados, para que levanten \u00e1 s\u00faa voz contra unha reforma que vai condealos a traballar gratis para a adminisitraci\u00f3n se non aceptan rotar en traballos precarios \u201cse \u00e9 preciso en Laponia\u201d.<\/p>\n<p>Chamamos a quen ten emprego e ao quen non o ten para que loiten xuntos, porque a uni\u00f3n fai a forza, e hai que parar esta estratexia de enfrontarnos uns cos outros que s\u00f3 pretende que non vaiamos na procura dos aut\u00e9nticos culpables nin das verdadeiras soluci\u00f3ns.<\/p>\n<p>Contra unha reforma pol\u00edtica, unha folga pol\u00edtica. Por suposto: os cidad\u00e1s facendo pol\u00edtica, de xeito transparente e sen intermediarios.<\/p>\n<p>Porque as cousas importantes \u00e9 mellor facelas un mesmo.<\/p>\n<p>Asemblea Cidad\u00e1 da Mari\u00f1a-Occidente<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Feito para pensar e discutir, \u00e9 s\u00f3 un borrador. Se est\u00e1s participando no 15M na zona, posiblemente o atopar\u00e1s noutro lugar. Se non, p\u00f3delo igualmente pensar. \u00c9 o que te\u00f1en os borradores: p\u00f3dense variar \u00e1 vontade. An\u00edmase \u00e1 participaci\u00f3n para a s\u00faa mellora. Por certo, non \u00e9 un borrador meu, pero coido que neste caso [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[102],"class_list":["post-7587","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-15m"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7587","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7587"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7587\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7587"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7587"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7587"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}