{"id":7577,"date":"2012-03-27T07:53:00","date_gmt":"2012-03-27T05:53:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:33:25","modified_gmt":"2024-11-12T13:33:25","slug":"preparando-folga","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2012\/03\/27\/preparando-folga\/","title":{"rendered":"Preparando a folga"},"content":{"rendered":"<p>Onte comentei noutro lugar unha <a href=\"http:\/\/fqribadeo.blogspot.com.es\/2012\/03\/estatisticas-e-representacion-de-datos.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">presentaci\u00f3n gr\u00e1fica sesgada sobre o resultado das elecci\u00f3ns<\/a> non como algo pol\u00edtico, sen\u00f3n como exemplo de algo para conseguir obxectivos.<\/p>\n<p>Doutro xeito, conseguir obxectivos,\u00e9 o que se pretende coa folga do 29M. Tanto por parte dos convocantes como dos adheridos como <a href=\"http:\/\/im-pulso.blogspot.com.es\/2012\/03\/cual-es-el-arma-secreta-del-gobierno.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">do goberno<\/a>. Por suposto, a rede est\u00e1 que bota fume. <a href=\"http:\/\/abusospatronales.es\/informes\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Est\u00e1nse a recoller datos<\/a>, explicar que <a href=\"http:\/\/www.cntvalladolid.es\/spip.php?article1141\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">tes dereito a traballar<\/a>, &#8230;<\/p>\n<p>E mesmo en Ribadeo est\u00e1 convocado un acto o 29 \u00e1s 12 diante do concello.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgE5iG323JDeF69JTmlLKvo3-L1jDnRFzV-a594DN5ElNtDjYxwjla5EA6WV5H_L9c3dQ-UEh6rnucxoeQEWzyN88WckdyYgtDdp4v12o0crwksgLV6XaPtaLPGsc8GtRqPJBwZWw\/s2048\/CARTAZ+FOLGA+29M.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgE5iG323JDeF69JTmlLKvo3-L1jDnRFzV-a594DN5ElNtDjYxwjla5EA6WV5H_L9c3dQ-UEh6rnucxoeQEWzyN88WckdyYgtDdp4v12o0crwksgLV6XaPtaLPGsc8GtRqPJBwZWw\/s2048\/CARTAZ+FOLGA+29M.jpg\" width=\"451\" \/><\/a><\/p>\n<p>Tr\u00e1tase de extender a protesta, de xeito que incl\u00faa a colectivos que se ven afectados pero que non te\u00f1en traballo remunerado e polo tanto non contan oficialmente.<\/p>\n<p>Deixo abaixo o texto definitivo da convocatoria (en galego e castel\u00e1n), e anuncio que este sitio \u00fanese o d\u00eda 29 \u00e1 folga, polo tanto non haber\u00e1 publicaci\u00f3n ese d\u00eda:<\/p>\n<p>&#8211;<\/p>\n<p>Imos \u00e1 folga?<\/p>\n<p>As folgas xerais non se convocan por causas particulares dunha empresa, sen\u00f3n para amosar o rexeitamento do conxunto dos traballadores e a cidadan\u00eda \u00e1s pol\u00edticas laborais ou econ\u00f3micas dun goberno. Por iso, cando desde a CEOE se di que a folga convocada para o vindeiro d\u00eda 29 de marzo \u00e9 unha folga pol\u00edtica, desde a Asemblea da Mari\u00f1a-Occidente estamos de acordo: \u00e9 unha folga contra a pol\u00edtica laboral do actual goberno.<\/p>\n<p>O que sucede \u00e9 que o movemento 15M non se asusta da verba \u201cpol\u00edtica\u201d, dado que precisamente a nosa intenci\u00f3n \u00e9 a de non deixar a pol\u00edtica nas mans dos profesionais da pol\u00edtica. Levamos xa m\u00e1is de dez meses pedindo aos pol\u00edticos transparencia e aos cidad\u00e1s participaci\u00f3n, e nesta ocasi\u00f3n non vai ser diferente. Os nosos movementos non dependen de qu\u00e9n convoca ou qu\u00e9n asiste a un acto. Unha cidadan\u00eda maior de idade pode avaliar cada situaci\u00f3n e posicionarse fronte a ela cun discurso propio, coincidindo \u00e1s veces con uns e outras con outros, sen tutelas nin coaci\u00f3ns dos diferentes actores.<\/p>\n<p>Hoxe nos enfrontamos \u00e1 reforma laboral presentada polo goberno. A s\u00faa proposta bas\u00e9ase na filosof\u00eda de que facilitar a xesti\u00f3n das empresas polos seus propietarios \u00e1 s\u00faa vontade facilitar\u00e1 a creaci\u00f3n de emprego, non dubidando para iso en eliminar os dereitos dos traballadores, permitindo que se unha empresa ga\u00f1a menos que antes (hoxe, todas) ou simplemente pensa que vai pasar, poida despedir barato aos seus traballadores, ou baixarlles o salario unilateralmente; cas empresas poidan mover \u00e1 xente onde e cando queiran, poidindo despedir barato a quen non estea disposto, que se poidan contratar xoves por un ano con despido libre ou que os incrementos salariais acordados polos sindicatos e a patronal poidan en caso de necesidade deixar de aplicarse nunha empresa en dificultades. Unha tras outra, medidas que facilitan o despedimento e a rebaixa dos dereitos e favorecen ao empregador.<\/p>\n<p>Din que con esta reforma tr\u00e1tase de crear emprego, pero despois din que este non vai crearse at\u00e9 que medre a econom\u00eda. \u00c9 dicir, que non vai crear emprego, que o emprego o xenera o crecemento, o mesmo que cando se creou emprego fai oito anos, coa anterior lexislaci\u00f3n laboral.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n din que se trata de que nunha futura crise non se despida aos traballadores, sen\u00f3n que se poidan repartir empregos e salarios dentro da empresa, pero iso foi precisamente o que acordaron en xaneiro empresarios e sindicatos, sen necesidade de abaratar o despedimento, antes de aproba-la reforma.<\/p>\n<p>Os m\u00e1is deles pensan ca reforma vai axudar aos empresarios a competir con produtos m\u00e1is baratos no mercado internacional, pero non falan do que vai supo\u00f1er a baixada dos salarios para os pequenos comercios e empresas que venden os seus produtos e servizos no mercado local.<\/p>\n<p>Desde a Asemblea Cidad\u00e1 denunciamos que:<\/p>\n<p>1. A reforma laboral vai supo\u00f1er unha baixada xeralizada dos salarios, e as\u00ed unha merma da nosa capacidade adquisitiva, polo que as empresas que venden os seus produtos na nosa comarca ver\u00e1n baixar as vendas, o que vai reducir \u00e1 s\u00faa carga de traballo e incrementa-lo noso desemprego.<\/p>\n<p>2. A estratexia da rebaixa salarial para competir no mercado europeo (o noso mercado) non pode triunfar se vai ser a mesma en t\u00f3dolos pa\u00edses da UE, indo quedar simplemente na destruci\u00f3n do sistema europeo de benestar.<\/p>\n<p>3. En definitiva, apoiar esta reforma \u00e9 optar por un sistema econ\u00f3mico global no que os traballadores vivan cada vez peor, para que a riqueza siga a acumularse nas mans do 0,1% da poboaci\u00f3n, dos banqueiros, dos executivos das grandes multinacionais e dos l\u00edderes dos grandes partidos pol\u00edticos que lles serven de coartada.<\/p>\n<p>Por iso desde aqu\u00ed queremos chamar a t\u00f3dolos cidad\u00e1s \u00e1 participar na folga, pero non qued\u00e1ndose na casa, sen\u00f3n deix\u00e1ndose ver nos diferentes actos que se propo\u00f1an o vindeiro xoves 29, para facer patente o noso desacordo coa reforma. Para que non digan que non fumos traballar porque os piquetes nolo impidiron. Chamamos tam\u00e9n \u00e1s mulleres e homes que traballan na casa, cuxo<\/p>\n<p>esforzo parece que non existe por non ter un salario, para que rexeiten unha reforma que vai a obrigalos a traballar tam\u00e9n f\u00f3ra da casa pola baixada dos salarios. Chamamos aos parados, para que levanten \u00e1 s\u00faa voz contra unha reforma que vai condealos a traballar gratis para a adminisitraci\u00f3n se non aceptan rotar en traballos precarios \u201cse \u00e9 preciso en Laponia\u201d.<\/p>\n<p>Chamamos a quen ten emprego e ao quen non o ten para que loiten xuntos, porque a uni\u00f3n fai a forza, e hai que parar esta estratexia de enfrontarnos uns cos outros que s\u00f3 pretende que non vaiamos na procura dos aut\u00e9nticos culpables nin das verdadeiras soluci\u00f3ns.<\/p>\n<p>Contra unha reforma pol\u00edtica, unha folga pol\u00edtica. Por suposto: os cidad\u00e1s facendo pol\u00edtica, de xeito transparente e sen intermediarios.<\/p>\n<p>Porque as cousas importantes \u00e9 mellor facelas un mesmo.<\/p>\n<p>Invitamos a todo mundo a acudir o xoves 29 \u00e1s 12 da ma\u00f1\u00e1 diante do Concello de Ribadeo.<\/p>\n<p>Asemblea Cidad\u00e1 da Mari\u00f1a-Occidente<\/p>\n<p>&#8211;<\/p>\n<p>\u00bfVAMOS A LA HUELGA?<\/p>\n<p>Las huelgas generales no se convocan por causas particulares de una empresa, sino para manifestar el rechazo del conjunto de los trabajadores y la ciudadan\u00eda a las pol\u00edticas laborales o econ\u00f3micas de un gobierno. Por eso, cuando desde la CEOE se dice que la huelga convocada para el pr\u00f3ximo 29 de marzo es una huelga pol\u00edtica, desde la Asamblea del Occidente-Mari\u00f1a estamos de acuerdo: es una huelga contra la pol\u00edtica laboral del actual gobierno.<\/p>\n<p>Lo que ocurre es que el movimiento 15M no se asusta de la palabra \u201cpol\u00edtica\u201d, dado que precisamente nuestra intenci\u00f3n es la de no dejar la pol\u00edtica en manos de los profesionales de la pol\u00edtica. Llevamos ya m\u00e1s de diez meses pidiendo a los pol\u00edticos transparencia y a los ciudadanos participaci\u00f3n, y en esta ocasi\u00f3n no va a ser diferente. Nuestros movimientos no dependen de qui\u00e9n convoca o qui\u00e9n asiste a un acto. Una ciudadan\u00eda mayor de edad puede respaldar cada situaci\u00f3n y posicionarse frente a ella con un discurso propio, coincidiendo unas veces con unos y otras con otros, sin tutelas ni coacciones de los diferentes actores.<\/p>\n<p>Hoy nos enfrentamos a la reforma laboral presentada por el gobierno. Su propuesta se basa en la filosof\u00eda de que facilitar la gesti\u00f3n de las empresas por sus propietarios a su voluntad facilitar\u00e1 la creaci\u00f3n de empleo, no dudando para ello en eliminar los derechos de los trabajadores, permitiendo que si una empresa gana menos que antes (hoy, todas), o simplemente prev\u00e9 que esto pueda ocurrir, pueda despedir barato a sus trabajadores, o bajarles el salario unilateralmente; que las empresas puedan mover a la gente donde y cuando quieran, pudiendo despedir barato a quien no est\u00e1 dispuesto, que se puedan contratar j\u00f3venes por un a\u00f1o con despido libre o que los incrementos salariales acordados por los sindicatos y la patronal puedan en caso de necesidad dejar de aplicarse en una empresa en dificultades. Una tras otra, medidas que facilitan el despido y la p\u00e9rdida de los derechos y favorecen al empresario.<\/p>\n<p>Dicen que con esta reforma se trata de crear empleo, pero a la vez dicen que \u00e9ste no va a crearse hasta que crezca la econom\u00eda. Es decir, que no va a crear empleo, que el empleo lo genera el crecimiento, igual que cuando se cre\u00f3 empleo hace ocho a\u00f1os con la anterior legislaci\u00f3n laboral.<\/p>\n<p>Tambi\u00e9n dicen que se trata de que en una futura crisis no se despida a los trabajadores, sino que se puedan repartir empleos y salarios dentro de la empresa, pero eso fue precisamente lo que acordaron en enero empresarios y sindicatos, sin necesidad de abaratar el despido antes de aprobar la reforma.<\/p>\n<p>La mayor\u00eda piensan que la reforma va a ayudar a los empresarios a competir con productos m\u00e1s baratos en el mercado internacional, pero no hablan de lo que va a suponer la bajada de los salarios para los peque\u00f1os comercios y empresas que venden sus productos y servicios en el mercado local.<\/p>\n<p>As\u00ed las cosas, desde la Asamblea ciudadana Occidente-Mari\u00f1a denunciamos que:<\/p>\n<p>1. La reforma laboral va a suponer una bajada generalizada de los salarios y una merma de nuestra capacidad adquisitiva, por lo que las empresas que venden sus productos en nuestra comarca ver\u00e1n disminuir sus ventas, lo que har\u00e1 que se reduzca su carga de trabajo incrementando as\u00ed nuestro desempleo.<\/p>\n<p>2. La estrategia de la rebaja salarial para competir en el mercado europeo (nuestro mercado) no puede triunfar si va a ser la misma en todos los pa\u00edses de la UE, yendo simplemente a parar en la destrucci\u00f3n del sistema europeo de bienestar.<\/p>\n<p>3. En definitiva, apoyar esta reforma es optar por un sistema econ\u00f3mico global en que los trabajadores vivan cada vez peor, para que la riqueza siga acumul\u00e1ndose en las manos del 1% de la poblaci\u00f3n, de los banqueros, de los ejecutivos de las grandes multinacionales y de los l\u00edderes de los grandes partidos pol\u00edticos que les sirven de coartada.<\/p>\n<p>Por eso desde aqu\u00ed queremos hacer un llamamiento a todos los ciudadanos a participar en la huelga, pero no qued\u00e1ndose en casa, sino dej\u00e1ndose ver en los diferentes actos que se proponen el pr\u00f3ximo jueves 29, para hacer patente nuestro desacuerdo con la reforma. Para que no digan que no fuimos a trabajar porque los piquetes nos lo impidieron. Hacemos un llamamiento tambi\u00e9n a las mujeres y los hombres que trabajan en su casa, cuyo esfuerzo parece que no existe por no tener un salario, para que rechacen una reforma que va a obligarlos a trabajar tambi\u00e9n fuera por la bajada de los salarios. Tambi\u00e9n a los parados, para que levanten su voz contra una reforma que va a condenarlos a trabajar gratis para la administraci\u00f3n si no aceptan la movilidad en trabajos precarios \u201csi es preciso en Laponia\u201d.<\/p>\n<p>Hacemos este llamamiento a quien tiene empleo y a quien no lo tiene, para que luchen juntos, porque la uni\u00f3n hace la fuerza, y hay que parar esta estrategia de enfrentarnos a los unos con los otros que solo pretende que no busquemos a los aut\u00e9nticos culpables ni las verdaderas soluciones.<\/p>\n<p>Contra una reforma pol\u00edtica, una huelga pol\u00edtica. Por supuesto: los ciudadanos haciendo pol\u00edtica de forma transparente y sin intermediarios.<\/p>\n<p>Porque las cosas importantes es mejor hacerlas uno mismo.<\/p>\n<p>Invitamos a todo el mundo a acudir el jueves 29 a las 12:00 de la ma\u00f1ana frente al ayuntamiento de Ribadeo.<\/p>\n<p>Asamblea Ciudadana del Occidente-Mari\u00f1a.<\/p>\n<p>&#8211;<\/p>\n<p>Outras entradas no blog: <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2012\/03\/un-borrador-para-un-comunicado.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Borrador do comunicado<\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2012\/03\/viva-la-pepa-en-ribadeo-hoxe-15m-e.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Algunha vi\u00f1eta propia<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onte comentei noutro lugar unha presentaci\u00f3n gr\u00e1fica sesgada sobre o resultado das elecci\u00f3ns non como algo pol\u00edtico, sen\u00f3n como exemplo de algo para conseguir obxectivos. Doutro xeito, conseguir obxectivos,\u00e9 o que se pretende coa folga do 29M. Tanto por parte dos convocantes como dos adheridos como do goberno. Por suposto, a rede est\u00e1 que bota [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[102,13,9],"class_list":["post-7577","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-15m","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7577","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7577"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7577\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7577"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7577"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7577"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}