{"id":7575,"date":"2012-03-28T08:09:00","date_gmt":"2012-03-28T06:09:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:33:23","modified_gmt":"2024-11-12T13:33:23","slug":"pleno-truncado-iii-20120323","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2012\/03\/28\/pleno-truncado-iii-20120323\/","title":{"rendered":"Pleno truncado (III) &#8211; 20120323"},"content":{"rendered":"<p>Continuaci\u00f3n de <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2012\/03\/pleno-truncado-20120323-ii.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Pleno Truncado (II)<\/a> e <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2012\/03\/pleno-truncado-20120323.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Pleno truncado<\/a><\/p>\n<p>O punto 7\u00ba versou sobre as facturas pendentes do 2011. Foi aclarado que se permite pagar \u00f3s concellos ata fin de abril, e que hai alg\u00fan erro no listado, as\u00ed como que o Real Decreto non incl\u00fae d\u00e9bedas a entidades p\u00fablicas e outras (concesi\u00f3ns, subvenci\u00f3ns, &#8230;) -Oc\u00f3rreseme que parece dese\u00f1ado para ver o monto total de d\u00e9beda p\u00fablica mercantil, \u00e9 dicir, para ver o d\u00e9ficit total cara a Bruxelas, no que non contar\u00edan a d\u00e9beda interna das administraci\u00f3ns nin aquelas outras que son de tipo voluntario das administraci\u00f3ns-<\/p>\n<p>O PP matizou que hab\u00eda d\u00e9bedas anteriores a 2007, uns 50 000 \u20ac, e 113 000 \u20ac de facturas non reco\u00f1ecidas, mentras o concelleiro de Facenda apuntou que a d\u00e9beda foise reducindo ano tras ano.<\/p>\n<p>A citar que o punto anterior, que no pleno non destacou especialmente, ten xerado despois unha discusi\u00f3n en prensa, inclu\u00edndo algunha <a href=\"http:\/\/www.ribadeo.org\/actualidade\/nova.php?id=958&amp;lg=gal\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">nota na web do concello<\/a>.<\/p>\n<p>O oitavo punto foi con diferenza o m\u00e1is longo, durando ata a finalizaci\u00f3n do pleno: o control dos \u00f3rganos de goberno, inclu\u00edndo Decretos da alcald\u00eda, moci\u00f3ns e deixando f\u00f3ra rogos e preguntas, como xa foi dito.<\/p>\n<p>Na primeira parte, pouco que rese\u00f1ar, a non ser os 410 \u20ac\/mes de mantemento de parqu\u00edmetro.<\/p>\n<p>O apartado das moci\u00f3ns foi a parte do le\u00f3n do punto.<\/p>\n<p>Comezou coa teima do PSOE da rebaixa de multas de aparcamento (a lembrar un <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2012\/01\/pleno-con-dous-puntos-ii.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">pleno anterior<\/a>) en carga e descarga, para as que o PP pediu aplicaci\u00f3n retroactiva \u00e1s multas en per\u00edodo recaudatorio, mentras que UPRi voltou con outra teima \u00f3 conto, en tono ir\u00f3nico, sobre as multas na zona azul, que pediu rebaixar a 6 \u20ac, permitir prazos e desconto por pago inmediato. A resposta do alcalde inclu\u00edu que o pasado ano recaudouse m\u00e1is que nunca po\u00f1endo menos multas: de 1 551 multas por 82 870 \u20ac pasouse en 2011 a 920 multas por un total de 90 956 \u20ac, 13% de leves, 86% de graves e 3% de moi graves. Na votaci\u00f3n, 5 si, 0 abstenci\u00f3ns e 8 non.<\/p>\n<p>A segunda moci\u00f3n, asemade do PSOE, dirixida a unha axuda xusta da Xunta para subvenci\u00f3n en materia de emprego, non diferenciada pola cor pol\u00edtica dos concellos, tivo unha votaci\u00f3n 8 &#8211; 1 &#8211; 4 despois de citar o PP outros desequilibrios provintes da Deputaci\u00f3n.<\/p>\n<p>A terceira moci\u00f3n, do PSOE, discutiuse con outra semellante (que ir\u00eda no n\u00ba 9) do BNG, ambas sobre a celebraci\u00f3n de Rosal\u00eda de Castro o 24 de febreiro en Ribadeo, e foron aprobadas ambas por unanimidade: 13 &#8211; 0 &#8211; 0<\/p>\n<p>A cuarta moci\u00f3n, do PP, retirouse por estar en parte prevista noutro lugar e non estar pensada para moci\u00f3n, segundo o propio PP.<\/p>\n<p>A quinta, do PSOE, sobre o d\u00eda internacional das mulleres, a pesares dun pequeno debate tam\u00e9n foi un\u00e1nime: 13 &#8211; 0 &#8211; 0<\/p>\n<p>O BNG presentou a sexta sobre dereitos das mulleres na interrupci\u00f3n do embarazo, presentando como un retroceso a nova lexislaci\u00f3n, sendo apoiado polo PSOE. UPRi calificou o tema de demagoxia, e puxo de exemplo unha rapaza de 16 anos que pode interromper o embarazo mentras que hai responsabilidade subsidiaria dos pais por causar alg\u00fan destrozo. En defensa, o BNG citou que a lei anterior non aumentou o n\u00famero de abortos. Aprobada: 8 &#8211; 0 &#8211; 5<\/p>\n<p>A s\u00e9tima moci\u00f3n, do BNG, era unha iniciativa lexislativa popular sobre a sanidade p\u00fablica. O PSOE fixo incidencia no mantemento da xesti\u00f3n p\u00fablica, mentras que UPRi destacou que hab\u00eda diferenza entre privatizaci\u00f3n e xesti\u00f3n externa, e que a lei que o permite ten a s\u00faa orixe no bipartito. Aprobada: 8 &#8211; 0 &#8211; 5<\/p>\n<p>A oitava, sobre a suba &#8216;escandalosa&#8217; e privatizaci\u00f3n das escolas infant\u00eds, foi proposta polo BNG, apoiada polo PSOE e discutida polos outros dous grupos, aclarando UPRi que segundo parece dende o ano 2002 non se actualizou o prezo e polo PP que non \u00e9 unha privatizaci\u00f3n e \u00e1s rendas baixas non se lles incrementou. Aprobada: 8 &#8211; 0 &#8211; 5<\/p>\n<p>A estas alturas de pleno pod\u00edase observar xa claramente unha viraxe clara respecto a outros anteriores, pasando de posturas m\u00e1is de concepci\u00f3n local a outras de m\u00e1is ali\u00f1amento ideol\u00f3xico, como corresponde \u00e1s moci\u00f3ns de prantexamento xeral.<\/p>\n<p>A \u00faltima moci\u00f3n tivo unha longfa discusi\u00f3n. Foi proposta polo PP sobre promoci\u00f3n e consolidaci\u00f3n de empresas e plan de emprego. O PSOE recolle da proposta a constituci\u00f3n dunha entidde de debate sobre o tema. UPRi resalta que calquera est\u00e1 de acordo, dando o seu apoio e dicindo que \u00f3 pol\u00edgono (o que segundo o representante se lle est\u00e1 a chamar &#8216;pol\u00edgono de Geyper&#8217;, por ser pequeno) ten parcelas grandes e caras, ata catro veces m\u00e1is que n Palas de Rei.<\/p>\n<p>O alcalde tivo unha longa resposta, apreciando alg\u00fan dos puntos, desetimando outros por diversos motivos (como o non ser da s\u00faa competencia o prezo das parcelas, ou que a creaci\u00f3n dun banco de tempo -un dos puntos inclu\u00eddos- non \u00e9 emprego, sen\u00f3n algo alternativo). A representante do PP na defensa dixo que non fac\u00eda falta a moci\u00f3n pero si un compromiso de impulso, por exemplo coa creaci\u00f3n dunha mesa sectorial. Foi proposto o voto segregado de cada punto da moci\u00f3n, pero non aceptado (houbo unha r\u00e1pida discusi\u00f3n sobre cuesti\u00f3ns legais e antecedentes). Por contra,o alcalde comprometeuse a continuar co impulso pedido por Campo Bra\u00f1a. A moci\u00f3n foi rexeitada: 5 &#8211; 1 &#8211; 7<\/p>\n<p>&#8230; E aqu\u00ed foi onde se chegou \u00e1s 12 da noite e \u00e1 discusi\u00f3n xa relatada sobre o truncamento do pleno, que foi cortado no longo punto de control e a falta de rogos e preguntas, motivo polo que o PP di que non se permitiu o control do goberno.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Continuaci\u00f3n de Pleno Truncado (II) e Pleno truncado O punto 7\u00ba versou sobre as facturas pendentes do 2011. Foi aclarado que se permite pagar \u00f3s concellos ata fin de abril, e que hai alg\u00fan erro no listado, as\u00ed como que o Real Decreto non incl\u00fae d\u00e9bedas a entidades p\u00fablicas e outras (concesi\u00f3ns, subvenci\u00f3ns, &#8230;) -Oc\u00f3rreseme [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[42],"class_list":["post-7575","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-plenos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7575","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7575"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7575\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7575"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7575"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7575"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}