{"id":7569,"date":"2012-04-03T09:15:00","date_gmt":"2012-04-03T07:15:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:33:13","modified_gmt":"2024-11-12T13:33:13","slug":"via-crucis","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2012\/04\/03\/via-crucis\/","title":{"rendered":"Via Crucis"},"content":{"rendered":"<p>Hoxe amenceu con choiva. \u00c1 noite, en cambio, fac\u00eda unha temperatura abondo mellor que anos pasados en luns equivalente. E foi o d\u00eda do Via Crucis. Disp\u00faxose un pouco pasada a hora prevista, as dez da noite, e fixo a primeira parada \u00f3s poucos metros de comezar. A primeira estaci\u00f3n foi aproveitada polo p\u00e1rroco para instar a esquecerse do que non fora o cami\u00f1o do calvario. A imaxe coa cruz estaba diante da obra do antigo correos, e moita xente, \u00e1 beira dunha terraza ocupada da que se pod\u00edan escoitar perfectamente as conversas (que por certo, tentaron falar en voz m\u00e1is baixa). Na procesi\u00f3n, nese momento, por baixo das cen persoas, a\u00ednda que aumentar\u00eda algo despois. Un fot\u00f3grafo tomando unha foto co cristo debux\u00e1ndose por diante das casas do cant\u00f3n. Xente nova da catequese ou da confirmaci\u00f3n. E logo, xa dunha certa idade. Dos vinte \u00f3s corenta, case o deserto. Preponderancia abrumadora de mulleres. Segunda estaci\u00f3n, antes de sa\u00edr do terreo aberto do parque, na esquina de casa Arango. A\u00ednda est\u00e1 \u00e1 vista a igrexa, o que fai pensar nunha parada para tomar folgos antes de meterse por r\u00faas que poden estar m\u00e1is ocupadas que a procesi\u00f3n. Dobra a esquina e a r\u00faa est\u00e1 case vac\u00eda. A\u00ednda as\u00ed, parece notarse a presi\u00f3n. Unha presi\u00f3n, a presi\u00f3n de grupo, que hai anos contaba a favor de participar no evento, reco\u00f1ecido, con pulo, \u00e1 beira do poder &#8230; e agora a favor de retirarse del, algo curioso dos ind\u00edxenas para os turistas m\u00e1is que un acto relixioso. Mentras, outro d\u00eda, os Testigos de Xehov\u00e1 far\u00e1n a s\u00faa propia celebraci\u00f3n no seu templo, e preg\u00fantome se os musulm\u00e1ns de Ribadeo (que os hai) te\u00f1en alg\u00fan acto por mor de compartir unha tradici\u00f3n relixiosa.<\/p>\n<p>Terceira estaci\u00f3n, nas catro calles. Un altar pequeno nun portal faise sitio entre as mesas dun local. Pode que se non fora por el, as mesas estiveran como as da primeira estaci\u00f3n: ocupadas e vivindo nunha realidade diferente que a xente da procesi\u00f3n. O via Crucis, o cami\u00f1o do Calvario, prosegue.<\/p>\n<p>C\u00e1nto tempo seguir\u00e1 a procesi\u00f3n? Non se trata de tempo en horas, sen\u00f3n en anos. Despois de moito tempo, a ferida relixiosa (alomenos nesta terra) est\u00e1 na falta de xente de remprazo. Iso levar\u00eda a pensar non xa no que escrib\u00edn no seu momento en &#8216;<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2006\/12\/procesins-e-fauna-o-artigo.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">procesi\u00f3ns e fauna<\/a>&#8216;, sen\u00f3n dun xeito m\u00e1is amplo no futuro dunha instituci\u00f3n e dunhas crenzas. Pero iso escapa de Ribadeo e do blog.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hoxe amenceu con choiva. \u00c1 noite, en cambio, fac\u00eda unha temperatura abondo mellor que anos pasados en luns equivalente. E foi o d\u00eda do Via Crucis. Disp\u00faxose un pouco pasada a hora prevista, as dez da noite, e fixo a primeira parada \u00f3s poucos metros de comezar. A primeira estaci\u00f3n foi aproveitada polo p\u00e1rroco para [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9],"class_list":["post-7569","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7569","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7569"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7569\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7569"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7569"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7569"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}