{"id":7559,"date":"2012-04-10T18:03:00","date_gmt":"2012-04-10T16:03:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:32:49","modified_gmt":"2024-11-12T13:32:49","slug":"1982-un-artigo-feito-para-o-libro-das","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2012\/04\/10\/1982-un-artigo-feito-para-o-libro-das\/","title":{"rendered":"1982, un artigo feito para o libro das patronais de 1999"},"content":{"rendered":"<p>1982<\/p>\n<p>As pr\u00f3ximas elecci\u00f3ns ser\u00e1n as \u00faltimas nas que non participe xente non nacida antes de que a mi\u00f1a muller e mais eu nos instal\u00e1ramos en Ribadeo, o 27 de setembro de 1982. Dende aquela, n\u00f3s cambiamos (ti que est\u00e1s a ler, tam\u00e9n). E Ribadeo.<\/p>\n<p>As persoas te\u00f1en xuventude, madurez, vellez&#8230; os pobos poden rexerarse. E eso lle pasou a Ribadeo estas d\u00faas d\u00e9cadas transcorridas dende ent\u00f3n. Os cambios na paisaxe urbana (e non s\u00f3 nela), m\u00e1is ca un lifting (mellor usar estiramento) foron un rexuvenecemento. A diferencia est\u00e1 en que practicar un estiramento \u00e9 algo as\u00ed como po\u00f1erse unha unha m\u00e1scara, mentres o corpo segue a ser vello, e o rexuvenecemento debe afectar a todo o corpo, cobrando novos brios e unhas caracter\u00edsticas m\u00e1is xuven\u00eds en xeral.<\/p>\n<p>Ribadeo tivo un rexuvenecemento urbano. A ponte ou a r\u00faa peatonal poden amosalo, pero a xente tam\u00e9n. \u00bfC\u00f3mo pode rexuvenecer a xente? En realidade, non \u00e9 o rexuvenecemento da mesma xente, sen\u00f3n da sociedade en si. Por exemplo, atraendo inmigrantes, persoas de f\u00f3ra, con novas ideas, novas formas de facer as cousas, e sobre todo, con necesidade de adaptarse \u00f3 lugar onde vivir e \u00e1 s\u00faa xente, a xente que o configurou con antelaci\u00f3n e que ten que integralos, e con eso renovarse ela mesma. Galegos coma min, ou xente que previamente era asturiana, pero tam\u00e9n sudamericanos, e a\u00ednda doutros pa\u00edses afinc\u00e1ronse estes anos na vila, que se fixo m\u00e1is cosmopolita e aberta, cobrando o de fora, as relaci\u00f3ns con outros lugares, a importancia que se di xa tivo noutras \u00e9pocas por diferentes motivos.<\/p>\n<p>Nesa armon\u00eda que debe ser un pobo non se poden illar uns aspectos doutros. E a\u00ednda que para as persoas a xente debemos se-lo m\u00e1is importante, o certo e que vivimos rodeados das nosas obras, configuramos a paisaxe no noso entorno, e rematamos tam\u00e9n configurados por el. Por eso hai que considerar outras perspectivas.<\/p>\n<p>Sufriu un cambio na cultura, nun sentido amplo. Por suposto, por incorporaci\u00f3n desa xente que vi\u00f1emos de fora. Pero non s\u00f3 por esto e por outras cousas m\u00e1is evidentes, como pode ser se miramos fix\u00e1ndonos nos aspectos musicais, onde Amadores e a Banda supuxeron unha revoluci\u00f3n (atenci\u00f3n: detr\u00e1s da revoluci\u00f3n ten que haber revolucionarios). Tam\u00e9n pola animaci\u00f3n producida polos Foros de Debate e as figuras que por eles desfilan, as Xornadas Mar por Medio, as de Medio Ambiente (este ano curso de ver\u00e1n da universidade), as Xornadas de Automoci\u00f3n, que facilitaron que se celebraran exames de oposici\u00f3ns para ensino medio este mesmo ver\u00e1n, &#8230; actividades que, miradas en perspectiva, van cobrando m\u00e1is importancia e relevancia para o que facer diario no noso pobo, atraendo m\u00e1is xente, ideas e contribuindo a refacer Ribadeo.<\/p>\n<p>Mesmo para a xente mi\u00fada, o cambio de ideas est\u00e1 propiciado pola cantidade de actividades das que dispo\u00f1en, da m\u00fasica \u00f3 remo, non esquecendo os deportes tradicionais como f\u00fatbol ou baloncesto, pero tampouco os novamente afincados como ximnasia e nataci\u00f3n, ou a\u00ednda outros alicientes que para moitos supo\u00f1en por exemplo os concursos da Diadema ou da biblioteca. Claro que \u00f3 anterior hai que engadir outras causas de \u00e1mbito moito maior que Ribadeo como son a tele e a inform\u00e1tica.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n refai Ribadeo o cambio nas estructuras. Creceu coa Ponte que a\u00ednda non hai moito cumpriu o seu d\u00e9cimo aniversario e que variou a relaci\u00f3n coa outra beira da r\u00eda, marcando un antes e un despois. Pero tam\u00e9n con obras menores en relaci\u00f3n a ela: a piscina, que variou a formaci\u00f3n da nova xeraci\u00f3n de xoves en aspectos l\u00fadicos e deportivos; a rehabilitaci\u00f3n do forte de San Dami\u00e1n, que creo que a\u00ednda se integrar\u00e1 m\u00e1is no futuro dentro da paisaxe e actividades no pobo; a creaci\u00f3n do parque do cargadeiro e ampliaci\u00f3n do paseo ate a illa Pancha (un pouqui\u00f1o menos), que est\u00e1 a variar a perspectiva da r\u00eda de moitos ribadenses; novas r\u00faas e edificios, na antiga v\u00eda do ferrocarril, por exemplo, obviando unha realizaci\u00f3n pouco anterior \u00f3 82, o eixe dende o xard\u00edn ate o Parador polas avenidas de Asturias e de Galicia, que supuxo o facer outra vila diferente; a r\u00faa peatonal, aut\u00e9ntico pulm\u00f3n no centro e que rematou cunhas estreiteces que hoxe xa soan inconcebibles, a nova s\u00e9 da casa da cultura, cun uso que pouco a pouco se vai acrecentando&#8230; e a\u00ednda que hai que deixar moitas cousas de lado por mor do espacio, do propio esquecemento e de non cansar \u00f3 lector. Con todo, non se pode pode pasar tampouco por alto, por fin, o tratamento da Torre dos Moreno, que esperamos se vaia consumando pouco a pouco para rematar, se cabe, co seu centenario. Todo o anterior, sen buscar unha proxecci\u00f3n de futuro que xa se albisca con outras obras comezadas, proxectadas ou faladas: o impacto dunha circunvalaci\u00f3n, un auditorio ou a unha autov\u00eda dan por si s\u00f3s para un artigo e moito m\u00e1is.<\/p>\n<p>Vai variando doutros xeitos. O comercio \u00e9 potenciado e ten unha puxanza acorde cos novos tempos, o porto, a trav\u00e9s de sucesivas ampliaci\u00f3ns, permite servicios que antes non ti\u00f1a, o pol\u00edgono &#8230; bo, eso ser\u00e1 para outras festas.<\/p>\n<p>Claro que non todo foi positivo nestes anos. Unha mirada sobre a beirar\u00eda afasta un pouco a imaxe de para\u00edso natural de fai d\u00faas d\u00e9cadas, a\u00ednda que siga a selo. A perda de intimidade que pode facer suspirar a algunha xente vai da man do crecemento experimentado e de que Ribadeo sexa hoxe un enclave tur\u00edstico abondo m\u00e1is importante que a principios da d\u00e9cada dos oitenta. As remodelaci\u00f3ns do parque non poden atallar que a xente nova se ave\u00f1a a un modelo de comportamento urbano e pase de verse na r\u00faa \u00f3 &#8220;cham\u00e1monos&#8221; ou \u00e1 poltrona televisiva. Pero sobre todo para os que vivimos estas d\u00faas d\u00e9cadas finiseculares aqu\u00ed, o peor \u00e9 que xa vemos as cousas con outra perspectiva, a que da o paso dos anos m\u00e1is sobre n\u00f3s que sobre un todo \u00f3 que queremos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>1982 As pr\u00f3ximas elecci\u00f3ns ser\u00e1n as \u00faltimas nas que non participe xente non nacida antes de que a mi\u00f1a muller e mais eu nos instal\u00e1ramos en Ribadeo, o 27 de setembro de 1982. Dende aquela, n\u00f3s cambiamos (ti que est\u00e1s a ler, tam\u00e9n). E Ribadeo. As persoas te\u00f1en xuventude, madurez, vellez&#8230; os pobos poden rexerarse. [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,11,9,58],"class_list":["post-7559","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-historia","tag-sociedade","tag-torre-dos-moreno"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7559","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7559"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7559\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7559"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7559"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7559"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}