{"id":7556,"date":"2012-04-12T23:24:00","date_gmt":"2012-04-12T21:24:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:32:44","modified_gmt":"2024-11-12T13:32:44","slug":"analise-un-artigo-publicado-na-marina-o","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2012\/04\/12\/analise-un-artigo-publicado-na-marina-o\/","title":{"rendered":"An\u00e1lise, un artigo publicado na Mari\u00f1a o 11 de xu\u00f1o do 1999"},"content":{"rendered":"<p>Os temas dos que trata, hoxe, ser\u00edan diferentes. O fondo, coido que non:<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>An\u00e1lise<\/p>\n<p>Dados os cartos que os partidos gastan en propaganda electoral, creo que todos eses papeis que nos chegan \u00e1s casas merecen unha consideraci\u00f3n. Claro que non \u00e9 s\u00f3 polos cartos, porque sen\u00f3n, tam\u00e9n merecer\u00edan esa consideraci\u00f3n os multimillonarios de todo tipo que no mundo hai. E non \u00e9 certo, por moito que os cartos infl\u00faan nas elecci\u00f3ns (o que si est\u00e1 demostrado).<\/p>\n<p>Pois ben, collan a propaganda que chega e l\u00e9ana. Si, l\u00e9ana, a\u00ednda que sexa de xeito r\u00e1pido, sen fixarse moito. \u00d3 fin, \u00e9 unha propaganda dun tipo diferente que a morea dela que chega tam\u00e9n dun xeito non solicitado anunciando, por exemplo, unha vaixela, e que para n\u00f3s ten importancia s\u00f3 como posibilidade de reciclaxe do seu papel.<\/p>\n<p>\u00d3 lela, podemos atopar cousas que nos chamen a atenci\u00f3n, ben por novedosas, ben porque xa foran prometidas en anteriores ocasi\u00f3ns e non cumpridas, ou por outros motivos.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n podemos botar de menos o tratamento dalg\u00fan que outro problema. E, vela\u00ed, pode que atopemos en falta varios problemas en t\u00f3dolos folletos dos diferentes partidos que chegan \u00e1s nosas casas. Probando en Ribadeo, hai uns cantos temas dos que pode notarse a s\u00faa ausencia.<\/p>\n<p>Un caso concreto. Na vila hai unha puxante actividade que \u00f3 tempo xera molestias. Ref\u00edrome \u00e1 movida. Non me estra\u00f1ar\u00eda que fora o comercio que proporcione a principal fonte de ingresos da vila; en calquera caso, representa unha entrada importante. Por outra banda, tam\u00e9n hai queixas continuas relacionadas cos ru\u00eddos de noite ou desperfectos motivados por ela. E, mentres que se comenta de cando en cando na prensa que Espa\u00f1a \u00e9 o pa\u00eds m\u00e1is ruidoso de Europa, ou l\u00e9ese que algu\u00e9n tivo que esperar \u00f3 tribunal constitucional para cobrar fortes indemnizaci\u00f3ns dalg\u00fan concello por non atallar os ru\u00eddos dun establecemento, en Ribadeo parece que a li\u00f1a que trazan os partidos en relaci\u00f3n a esto pasa por esperar a que se degrade non s\u00f3 a calidade de vida polo ru\u00eddo, sen\u00f3n tam\u00e9n as relaci\u00f3ns humanas por ese efecto.<\/p>\n<p>Non importa que sexa unha actividade importante econ\u00f3micamente ou que a asociaci\u00f3n espa\u00f1ola contra a contaminaci\u00f3n do ru\u00eddo remate de celebrar un congreso con asistencia de pol\u00edticos de nome estatal para tratar parte do problema. \u00c9 como se non existira, a tenor das propostas partidarias. A\u00ednda que alg\u00fan partido trata o tema da droga, en parte relacionado, parece como se en Ribadeo non houbera nin esa actividade nin os inconvintes que leva consigo, ou todo fora sobre rodas para a poboaci\u00f3n respecto \u00f3 tema (por certo, nese caso o equipo de goberno estar\u00eda dando unha boa mostra como tal).<\/p>\n<p>Por buscar s\u00f3 outro tema m\u00e1is: comeza a chegar informaci\u00f3n preliminar sobre unha obra que, de facerse, pode constitu\u00edr a maior inversi\u00f3n en Ribadeo en moito tempo. Ref\u00edrome \u00e1 autov\u00eda, da que unha das opci\u00f3ns que se manexa afecta en termos legais a m\u00e1is dun 4% da superficie do concello, e, en calquera caso, \u00e9 previsible que te\u00f1a un impacto enorme en moitos campos en todo o termo municipal. Pois ben, o tema n\u00f3tase pola s\u00faa ausencia nas propostas que se fan cara \u00e1s elecci\u00f3ns. Todo elo, a pesar de que na prensa falouse recentemente do informe preliminar e houbo declaraci\u00f3ns dos pol\u00edticos locais (que por certo parece que amosaban un desco\u00f1ecemento do tema semellante \u00f3 do resto dos cidad\u00e1ns).<\/p>\n<p>Parece que alg\u00fans temas que poden resultar complicados non se tratan nas campa\u00f1as: \u00bfestamos ante un estilo avestruz, meter a cabeza na terra para evitar que saian as ideas en temas que poden resultar espi\u00f1osos? Din que para esixir hai que ter conciencia de que \u00e9 o que hai que esixir. Un bo punto para comezar pode ser ese: ler os programas electorais.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Os temas dos que trata, hoxe, ser\u00edan diferentes. O fondo, coido que non: &nbsp; An\u00e1lise Dados os cartos que os partidos gastan en propaganda electoral, creo que todos eses papeis que nos chegan \u00e1s casas merecen unha consideraci\u00f3n. Claro que non \u00e9 s\u00f3 polos cartos, porque sen\u00f3n, tam\u00e9n merecer\u00edan esa consideraci\u00f3n os multimillonarios de todo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[13],"class_list":["post-7556","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7556","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7556"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7556\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7556"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7556"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7556"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}