{"id":7549,"date":"2012-04-17T12:32:00","date_gmt":"2012-04-17T10:32:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:32:33","modified_gmt":"2024-11-12T13:32:33","slug":"nosa-saude-faigome-eco","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2012\/04\/17\/nosa-saude-faigome-eco\/","title":{"rendered":"a nosa sa\u00fade: f\u00e1igome eco"},"content":{"rendered":"<p>F\u00e1igome eco dunha <a href=\"http:\/\/facendocamino.blogspot.com.es\/2012\/04\/sulfatando-gratis-aos-vecinos.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">entrada<\/a>, que copio abaixo literalmente, do blog <a href=\"http:\/\/facendocamino.blogspot.com.es\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Facendo Cami\u00f1o<\/a>:<\/p>\n<p>O pasado 22 de setembro do 2011 o Presidente da UE asinaba o Reglamento de Execuci\u00f3n n\u00ba 942\/2011 polo que se establece a non aprovaci\u00f3n da substancia activa Flufenoxur\u00f3n, de conformidade co Regulamento relativo \u00e1 comercializaci\u00f3n de produtos fitosanitarios.<\/p>\n<p>A denegaci\u00f3n desa aprovaci\u00f3n d\u00e9bese a que as avaliaciones realizadas polos cient\u00edficos revelaron un alto potencial de bioacumulaci\u00f3n, un elevado risco para os organismos acu\u00e1ticos, e non puideron desbotar a s\u00faa perigosidade para a sa\u00fade.<\/p>\n<p>O par\u00e1grafo n\u00ba 7 do devandito regulamento di \u201cDurante a evaluaci\u00f3n da substancia activa detect\u00e1ronse problemas. En particular, os que figuran a continuaci\u00f3n. Non se puido finalizar a evaluaci\u00f3n do risco para os consumidores porque a exposici\u00f3n dos consumidores no puido avaliarse dun xeito fiable, en particular no que respecta \u00e1 magnitude e \u00e1 relevancia toxicol\u00f3xica de diversos metabolitos. Ademais, o flufenoxur\u00f3n ten un alto potencial de bioacumulaci\u00f3n na cadea alimentaria. Pola outra banda, detectouse un elevado risco para os organismos acu\u00e1ticos. \u201d<\/p>\n<p>Consecuentemente, o Regulamento disp\u00f3n no seu artigo 2 \u201cOs Estados membros velar\u00e1n porque as autorizaci\u00f3ns de produtos fitosanitarios que contengan flufenoxur\u00f3n sexan retiradas a m\u00e1is tardar o 31 de decembro de 2011.\u201d<\/p>\n<p>Poren, \u00e9 certo que no seu artigo 3 o mesmo regulamento disp\u00f3n que \u201cTodo per\u00edodo de graza concedido polos Estados membros de conformidade co disposto no artigo 46 do Regulamento (CE) no 1107\/2009 ser\u00e1 o m\u00e1is breve posible e expirar\u00e1, \u00f3 m\u00e1is tardar, o 31 de decembro de 2012.\u201d \u00c9 dicir, a propia UE recomenda retiralo canto antes, pero abre a porta a prolongar por un ano o emprego do produto, para darlle sa\u00edda ao que te\u00f1amos almacenado.<\/p>\n<p>Curioso porque se imos velo devandito artigo 46 do regulamento n\u00ba 1107\/2009 di o seguinte:<\/p>\n<p>\u201cCando un Estado membro retire ou modifique unha autorizaci\u00f3n ou non a renove, poder\u00e1 conceder un per\u00edodo de graza para a eliminaci\u00f3n, almaceamiento, comercializaci\u00f3n e utilizaci\u00f3n das existencias. Cando as raz\u00f3ns da retirada, modificaci\u00f3n ou non renovaci\u00f3n da autorizaci\u00f3n non est\u00e9an relacionadas coa proteci\u00f3n da sa\u00fade humana ou animal ou do medio ambiente, o per\u00edodo de graza estar\u00e1 limitado e non superar\u00e1 seis meses para a venda e a distribuci\u00f3n e un ano adicional como m\u00e1ximo para a eliminaci\u00f3n, almaceaxe e uso das existencias dispo\u00f1ibles dos produtos fitosanitarios afectados. \u201d<\/p>\n<p>Como pode observarse o que di este artigo \u00e9 que da un ano se non hai risco para o medio ambiente on para a sa\u00fade das persoas, pero non din nada do prazo se SI hai risco para as persoas ou o medio ambiente. Dada esa omisi\u00f3n, a l\u00f3xica fai pensar que nese caso non debe haber prazo que valga: non se pode envelenar \u00e1 xente e o medio para aproveitar os restos que temos no almac\u00e9n.<\/p>\n<p>Pois ben, estes d\u00edas enter\u00e1monos por v\u00edas indiretas e por indiscreci\u00f3ns dalg\u00fans pol\u00edticos que \u201calgu\u00e9n\u201d est\u00e1 a financiar en diferentes concellos de Galicia a aplicaci\u00f3n, pola t\u00e9cnica da pulverizaci\u00f3n a\u00e9rea, dun insecticida a base de Flufenoxuron, sobre os montes e do noso rural.<\/p>\n<p>A cousa \u00e9 moi grave, porque a maiores de ser un produto prohibido na UE, a aplicaci\u00f3n de fitosanitarios mediante pulverizaci\u00f3n a\u00e9rea, para a que alg\u00fans estudos estiman que m\u00e1is dun 30% do aplicado se deposita f\u00f3ra dos montes, ten sido relacionada con enfermidades graves dos veci\u00f1os como a sensibilidade qu\u00edmica m\u00faltiple. De feito, a Directiva 2009\/128\/CE establece no seu artigo 9 a prohibici\u00f3n da pulverizaci\u00f3n a\u00e9rea dos fitosanitarios. Esta Directiva ti\u00f1a que ser trasposta \u00e1 nosa lexislaci\u00f3n ao m\u00e1s tardar o 14 de decembro do 2011, pero a\u00ednda non se fixo.<\/p>\n<p>O que sabemos polo momento \u00e9 que a alcaldesa de Melide ditou un bando chamando aos veci\u00f1os a apuntarse para fumigar de xeito gratu\u00edto os seus montes, e que unha empresa de Valladolid fai o mesmo no noso concello chamando \u00e1s Comunidades de Montes ofert\u00e1ndolles fumigaci\u00f3ns gratu\u00edta.<\/p>\n<p>\u00bfFumigaci\u00f3n ilegal cun produto ilegal, para aproveitar os saldos da fin da tempada?\u00bfE ese o valor da nosa sa\u00fade? \u00bfQu\u00e9n paga isto e por qu\u00e9 non o d\u00ed? \u00bfSabe que \u00e9 perigoso e ilegal? \u00bfPor qu\u00e9 non comunican os riscos aos veci\u00f1os? \u00bfVan po\u00f1er anuncios avisando ou poden sulfatarnos cando vaiamos pasear polo monte? \u00bfS\u00e1beo oa Conseller\u00eda de Medio Rural? \u00bfEst\u00e1 a investigalo?<\/p>\n<p>Moitas preguntas sen resposta, esperemos que pol\u00edticos e periodistas estean a face-lo seu traballo, descubran aos implicados e traballen para erradicar definitivamente estes tratamentos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>F\u00e1igome eco dunha entrada, que copio abaixo literalmente, do blog Facendo Cami\u00f1o: O pasado 22 de setembro do 2011 o Presidente da UE asinaba o Reglamento de Execuci\u00f3n n\u00ba 942\/2011 polo que se establece a non aprovaci\u00f3n da substancia activa Flufenoxur\u00f3n, de conformidade co Regulamento relativo \u00e1 comercializaci\u00f3n de produtos fitosanitarios. A denegaci\u00f3n desa aprovaci\u00f3n [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,27,9],"class_list":["post-7549","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-sanidade","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7549","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7549"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7549\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7549"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7549"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7549"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}