{"id":7544,"date":"2012-04-20T18:35:00","date_gmt":"2012-04-20T16:35:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:32:25","modified_gmt":"2024-11-12T13:32:25","slug":"164-gb-moita-memoria","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2012\/04\/20\/164-gb-moita-memoria\/","title":{"rendered":"16,4 Gb (Moita memoria)"},"content":{"rendered":"<p>Publicado en A Mari\u00f1a\/O Progreso o 15\/07\/1999 &#8230; e coido que a\u00ednda non se queda tan atrasado, a pesares dos cambios en 13 anos &#8230;:<\/p>\n<p>16,4 Gb (Moita memoria)<\/p>\n<p>Xa fai alg\u00fan tempo, creo que foi polo pasado nadal, escoitei en Lugo a conversa de dous pequenos. Estiven a punto de chamarlles &#8220;mocosos&#8221; na frase anterior, pero cont\u00edvenme: estou fixo que non ti\u00f1an mocos que levarse \u00f3 pano cando os vin, xa anoitecendo, por unha r\u00faa c\u00e9ntrica. O caso \u00e9 que non me chamaron a atenci\u00f3na ate que estiven \u00f3 seu lado e escoitei dicirle un \u00f3 outro: \u00bfy para que necesitas dieciseis coma cuatro gigabytes de memoria?<\/p>\n<p>E eso me quedei pensando daquela: \u00bfpara que os necesitar\u00e1? A cousa vai m\u00e1is al\u00f3, porque esa capacidade de memoria atrever\u00edame a dicir que non hai hoxe tres ordenadores en Ribadeo que a te\u00f1an, e iso dando unha ampla marxe se tomamos en conta o que ocorr\u00eda o pasado nadal. E a\u00ed estaba dous rapaci\u00f1os duns 12 anos falando dunha memoria inform\u00e1tica capaz de absorber no seu interior algunhas bibliotecas de pobos non tan pequenos.<\/p>\n<p>Ti\u00f1a presa e non puiden seguir a historia, o que me gustar\u00eda, pero non podo menos que lembrar agora con m\u00e1is tempo aquel retazo que me chegou. \u00bfPara que querer\u00eda aquel rapaci\u00f1o tanta memoria? Era evidente que, ben a ti\u00f1a, ben pensaba tela en breve nun ordenador \u00f3 que pod\u00eda optar con certa facilidade.<\/p>\n<p>O primeiro pensamento \u00e9 sobre a permeabilidade que ten a xente nova para aprender. Eso, cando lles interesa. E a\u00ed, a crudeza con que se presenta un punto clave para o ensino hoxe en d\u00eda: ter que competir uns co\u00f1ecementos estructurados perante milenios dun xeito radicional coa tecnolox\u00eda que moitas veces non somos capaces de seguir na s\u00faa evoluci\u00f3n (xa non digo de usar preparando materiais para tecnolox\u00eda punta) por falta de tempo, cartos e co\u00f1ecemento.<\/p>\n<p>Despois ven outro sobre o avance da t\u00e9cnica cando hai interese de xeito contante e sonante pola s\u00faa aplicaci\u00f3n pr\u00e1ctica. Hai unha lei que di que o precio dun equipo inform\u00e1tico red\u00facese \u00e1 metade, e a capacidade que corresponde a un equipo tipo dupl\u00edcase, nun periodo tan breve como seis meses. \u00c9 algo que se obt\u00e9n emp\u00edricamente, e que non fallo ate o momento polo que parece. Se collemos a evoluci\u00f3n mantida dende principios dos oitenta, con aqueles micrordenadores (a\u00ednda non pc) ate agora, sobre 1982, unha memoria t\u00edpica era de 1kb, mentres agora v\u00e1ise a memorias de 8Gb, \u00e9 dicir, 2 elevado a 23, oito mill\u00f3ns de veces m\u00e1is que aqueles aparellos. Ben, seguind a &#8220;lei&#8221; expresada \u00f3 pe da letra, ter\u00eda que ser a\u00ednda m\u00e1is, 2 elevado a 34, pero tam\u00e9n hai que ter en conta que agora hai cousas que antes non se so\u00f1aban ou que a venda dos aparellos actuais multiplica \u00f3 daquelas pequenas marabillas de ent\u00f3n, ou que coa velocidade de proceso que ti\u00f1an, os actuais ordenadores personais tardar\u00edan unhas cantas horas cada vez que os quix\u00e9ramos arrancar (o certo \u00e9 que a\u00ednda nos aprecen lentos, moi lentos)<\/p>\n<p>V\u00e9\u00f1ense \u00e1 cabeza m\u00e1is comentarios posibles a partir dunhas sinxelas palabras entre rapaces entusiasmadados cunha tecnolox\u00eda que para moitos de n\u00f3s \u00e9 unha marabilla, e para eles nada m\u00e1is que algo actual.<\/p>\n<p>Pero m\u00e1is chamativo que o xa comentado me pareceu que dous rapaces de pouca idade estiveran a falar de algo que boa parte dos maiores da nosa xeraci\u00f3n sinxelamente non usa. Xa non \u00e9 que comprendan ou non, que saiban o significado ou non, que &#8230; por certo, un Gb, gigabyte, \u00e9 aproximadamente un millardo (ou mil mill\u00f3ns) de bytes, o que, \u00f3 tempo, representan oito unidades de informaci\u00f3n binaria, \u00e9 dicir, a informaci\u00f3n que pode conter oito pares de opci\u00f3ns &#8220;1&#8221; ou &#8220;0&#8221;. Este artigo, sen o formato no que aparece no peri\u00f3dico, ocupa 4kb, \u00e9 dicir, caber\u00edan uns 250.000 artigos coma este nun s\u00f3 Gb. P\u00f3dense facer m\u00e1is contas e comparaci\u00f3ns. Agora, cos ordenadores, \u00e9 m\u00e1is doado (se se sabe como)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Publicado en A Mari\u00f1a\/O Progreso o 15\/07\/1999 &#8230; e coido que a\u00ednda non se queda tan atrasado, a pesares dos cambios en 13 anos &#8230;: 16,4 Gb (Moita memoria) Xa fai alg\u00fan tempo, creo que foi polo pasado nadal, escoitei en Lugo a conversa de dous pequenos. Estiven a punto de chamarlles &#8220;mocosos&#8221; na frase [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9,40],"class_list":["post-7544","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade","tag-tecnoloxia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7544","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7544"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7544\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7544"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7544"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7544"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}