{"id":7541,"date":"2012-04-23T08:06:00","date_gmt":"2012-04-23T06:06:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:32:13","modified_gmt":"2024-11-12T13:32:13","slug":"unha-manifestacion-para-lembrar-o-dia-i","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2012\/04\/23\/unha-manifestacion-para-lembrar-o-dia-i\/","title":{"rendered":"Unha manifestaci\u00f3n para lembrar o d\u00eda (I)"},"content":{"rendered":"<p>Onte tivo lugar la manifestaci\u00f3n para pedir a residencia de anci\u00e1ns en Ribadeo. Como caracter\u00edsticas, que a manifestaci\u00f3n foi a maior que se lembra na vila, con cousa de 1 500 persoas asistindo na r\u00faa. Choveu, e iso impideu que todos chegaran \u00f3 concello, pero non fixo que a manifestaci\u00f3n se vi\u00f1era abaixo, sen\u00f3n que lle deu car\u00e1cter, resaltando a petici\u00f3n. Apoiada polos pol\u00edticos, con representantes de todos os partidos no concello sustentando a pancarta inicial, pero sen o soporte informativo da TVG, que incomprensiblemente non deu nin aviso anterior nin nova do acto. Si asistiu a ORT, que deu cumprida informaci\u00f3n, como xa fixera do <a href=\"http:\/\/www.youtube.com\/watch?v=baTWxidu_RI&amp;feature=relmfu\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">pleno de apoio<\/a>.<\/p>\n<p>Coido que se poder\u00edan dicir moitas cousas sobre a manifestaci\u00f3n e a petici\u00f3n, comezando polo comentario de que ganar unha batalla non \u00e9 ganar a guerra, pero polo momento, conformareime con asignarlle a esta entra o n\u00ba 1 sobre o tema, aglutinar informaci\u00f3n recibida da propia Plataforma e deixar algunha imaxe para dar unha idea do que foi a manifestaci\u00f3n:<\/p>\n<p>Comunicado lido \u00f3 final da manifestaci\u00f3n:<\/p>\n<p>COMUNICADO DA MANIFESTACI\u00d3N<\/p>\n<p>Veci\u00f1os, hoxe estamos aqu\u00ed reunidos para pedir unha residencia comarcal para mayores en Ribadeo. Ribadeo e a sua comarca medraron moito nos derradeiros tempos e a actual residencia que temos quedouse pequena para poder acoller nela a tantas personas necesitadas. Os profundos cambios orixinados nas nosas familias e o actual alongamento do ciclo vital, as\u00ed como a moita xente chegada doutros concellos que abandoaron as s\u00faas parroquias natais para afincarse nesta vila e no seu entorno, aumentou moito nesta comarca o n\u00famero de persoas maiores necesitadas de acubillo. Persoas vivindo soas, abandoadas a s\u00faa sorte porque, ou ben non te\u00f1en familia que as coide no seu fogar, ou precisan de traballar.<\/p>\n<p>Soamente en Ribadeo hai 815 persoas maiores de 80 anos. Delas, 550 anci\u00e1ns vivindo s\u00f3s nos seus fogares, uns con dependencia, outros con demencia senil, e todos eles agardando unha praza nunha residencia da que non dispo\u00f1emos. E non esquezamos as preto de 50 personas, familiares ou veci\u00f1os nosos, que se atopan recollidos noutras residencias, lonxe da s\u00faa terri\u00f1a e dos seus familiares e amigos, chorando a s\u00faa soedade. Agotando os seus d\u00edas noutras terras para eles lonxanas, como Xove, Taramundi, Ferreira do Valadouro, Burela, Foz, Viveiro, Vilalba, Mondo\u00f1edo, Castro de Rey, Breto\u00f1a, etc., non faltando ainda quen foi a acabar a Quiroga. E todo esto, co gran inconvinte que representa a distancia, o tempo e a custe da viaxe para que os seus familiares podan manter un frecuente e axeitado contacto coas suas queridas persoas maiores. E deste xeito por a\u00ed est\u00e1n hoxe espalladas personas que entregaron toda a s\u00faa vida \u00f3 duro traballo e o esforzo, para que nos poidamos disfrutar hoxe dun mundo mellor. Para todos eles, desde aqu\u00ed, a nosa cari\u00f1osa lembranza. Nosoutros, en troques, os seus fillos e veci\u00f1os, abusando da s\u00faa fraxilidade, pechamos os ollos e deixamos que sexan levados a acabar os seus d\u00edas lonxe da s\u00faa terri\u00f1a, da s\u00faa familia e dos seus amigos, mentras nosoutros, insensibles a s\u00faa dor e soedade, ollamos para outro lado ou agochamos a nosa cabeza entre as mantas. Veci\u00f1os, \u00bfSon os nosos vellos merecentes deste trato e deste desprezo?<\/p>\n<p>Estamos hoxe aqu\u00ed para pedir, alto e claro, a quen corresponda, Deputaci\u00f3n e Xunta de Galicia sobre todo, a soluci\u00f3n deste grave problema. Queremos que Ribadeo figure no posto que lle corresponde no mapa de cobertura de residencias para Galicia. Demandamos que os nosos maiores necesitados poidan ser acollidos no seu entorno de orixe. Esiximos, en definitiva, unha Residencia Comarcal en Ribadeo. Dirannos que non hai cartos. E te\u00f1en raz\u00f3n. Non hai cartos para Ribadeo. Pero hainos para outros sitios e para outros investimentos. Porque hoxe, Ribadeo est\u00e1 a ser esquecido fronte a outros concellos con menos poboaci\u00f3n necesitada ca Ribadeo e gozando doutras residencias na s\u00faa proximidade, das que n\u00f3s non desfrutamos. E Ribadeo non \u00e9 mais, pero tampouco menos ca ningu\u00e9n. Fixeron unha residencia en Viveiro, fix\u00e9rona en Burela e, parece ser, que a van a facer en Foz. \u00bfQu\u00e9 pasa con Ribadeo? Se outros te\u00f1en dereito a unha residencia, mais ten Ribadeo.<\/p>\n<p>Veci\u00f1os, queremos unha soluci\u00f3n xusta para os nosos anci\u00e1ns e, tam\u00e9n, para nosoutros ma\u00f1\u00e1. E por eso temos que seguir a loitar. E que non se excusen decindo que en Ribadeo non hai lista de espera dabondo que xustifique unha residencia; pois tampouco hai lista de espera para traballar no Corte Ingl\u00e9s, pero \u00e9 porque aqu\u00ed non hai Corte Ingl\u00e9s.<br \/>\nE hora de loitar todos xuntos por unha residencia para Ribadeo. E non s\u00f3 polos nosos vellos, sen\u00f3n porque, ademais, o s\u00e9u destino actual ser\u00e1, sen d\u00fabida, o noso destino futuro, pois como dec\u00edan os nosos av\u00f3s, \u201ccomo te ves eu me vin e como me ves te ver\u00e1s\u201d.<\/p>\n<p>Veci\u00f1os, non estamos s\u00f3s nesta loita. Temos a todas as forzas pol\u00edticas do noso concello, aqu\u00ed presentes, loitando unidas codo con codo connosco nesta demanda. Expresi\u00f3n da s\u00faa vontade foi o pleno do xoves pasado, no que tomaron o acordo de solicitar da Xunta de Galicia a inclusi\u00f3n de Ribadeo no mapa de residencias para Galicia. Esta Plataforma agrad\u00e9celles a sensibilidade que amosaron \u00f3 acoller e facer s\u00faa esta demanda do pobo. Nas s\u00faas mans po\u00f1emos hoxe a nosa esperanza. Para todos eles o gradecemento m\u00e1is profundo deste movemento popular, que non pretende quitar nin po\u00f1er rei. S\u00f3 pretende arrimar entre todos o hombro na procura deste obxectivo com\u00fan.<br \/>\nE antes de rematar, quero aproveitar esta ocasi\u00f3n, en nome de todos, para agradecer desde aqu\u00ed a certos veci\u00f1os o s\u00e9u xeneroso xesto de po\u00f1er as s\u00faas propiedades a nosa dispor para poder levar adiante este proxecto. Son os modernos benfeitores que queren contribu\u00edr cos s\u00e9us propios bens \u00f3 benestar de todolos ribadenses. Un verdadeiro ejemplo para todos n\u00f3s. A eles, pois, o noso agradecemento. E o noso agradecemento, tam\u00e9n, para todos aqueles que un d\u00eda foron quen de po\u00f1erse en p\u00e9 para po\u00f1er en marcha esta loita.<\/p>\n<p>E da Xunta de Galicia, na que estamos a manter hoxe as nosos esperanzas, agardamos a soluci\u00f3n deste grave problema.<\/p>\n<p>E agora, ribadenses, gritemos todos xuntos: RESIDENCIA PARA RIBADEO, XA!<\/p>\n<p>Nota informativa da plataforma de asociaci\u00f3ns:<\/p>\n<p>NOTA INFORMATIVA<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; A Plataforma pro Residencia Comarcal de Maiores agradece a todos os portavoces dos partidos pol\u00edticos da localidade a s\u00faa adhesi\u00f3n e participaci\u00f3n na manifestaci\u00f3n pro residencia celebrada en Ribadeo o pasado domingo. Nas s\u00faas mans, como representantes da vontade popular, po\u00f1emos agora, confiados, a continuidade desta demanda, coa constante colaboraci\u00f3n e apoio desta Plataforma.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Aos medios de comunicaci\u00f3n, tanto escritos como audiovisuales, agradecemos a s\u00faa extraordinaria e constante colaboraci\u00f3n na difusi\u00f3n desta convocatoria.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; E \u00e1 hora de facer unha avaliaci\u00f3n desta manifestaci\u00f3n queremos manifestar&nbsp; aos veci\u00f1os deste concello, tanto do seu \u00e1mbito rural como urbano, e \u00e1s demais persoas que de forma espont\u00e1nea se achegaron a Ribadeo para participar connosco nesta manifestaci\u00f3n, a s\u00faa masiva asistencia e apoio. Se fai xa un ano o pobo do concejo de Ribadeo manifestou mayoritariamente a necesidade dun servizo imprescindible para Ribadeo mediante a achega \u00e1 Conseller\u00eda de Benestar de 2 225 firmas solicitando unha residencia de maiores para Ribadeo, non foi menos expl\u00edcito en manifestar estas mesmas esixencias nesta manifestaci\u00f3n ao apoiala coa s\u00faa asistencia masiva, pois estimamos que o n\u00famero dos participantes non baixaba das 1 500 persoas. P\u00f3dese, pois, dicir que hoxe se puxo en marcha un pobo que recuperou a sensibilidade de preocuparse polo destino dos seus maiores necesitados.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Somos plenamente conscientes do longo percorrido que nos espera nesta loita. Pero estamos dispostos seguir po\u00f1endo o noso graui\u00f1o de area na consecuci\u00f3n deste obxectivo, coa convicci\u00f3n de que todos unidos nesta loita finalmente conseguir\u00e9molo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; En nome da Plataforma de Veci\u00f1os, a todos o noso agradecimiento.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiLcgL5b9wOHJbJiuvxmHx26MzfTs-i5CL51B-QCNtI15kQLcQ2Nyrq_M76SqF2DdrdfJXZMemB6LGFQ94gh85uoWkFZXMaR1tcDnJbxfxihrGGNaCfBUqYHdHTk4LS9BAxq4WQjA\/s2048\/SNC03690_p.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"398\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiLcgL5b9wOHJbJiuvxmHx26MzfTs-i5CL51B-QCNtI15kQLcQ2Nyrq_M76SqF2DdrdfJXZMemB6LGFQ94gh85uoWkFZXMaR1tcDnJbxfxihrGGNaCfBUqYHdHTk4LS9BAxq4WQjA\/s2048\/SNC03690_p.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgiHiKsoTcOY9gAGnrGokqqFYjd2LfbeFIi6dsTjEiLtlz7KQ65LeAkfSFyvjr25v9BoqqNpK1dAhgsToMzPk0EBnqPRdXtRDU2fK6OmWfgmmzjvOeZ-6GXBpER8YzfAHVNeAytow\/s2048\/SNC03691_p.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"340\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgiHiKsoTcOY9gAGnrGokqqFYjd2LfbeFIi6dsTjEiLtlz7KQ65LeAkfSFyvjr25v9BoqqNpK1dAhgsToMzPk0EBnqPRdXtRDU2fK6OmWfgmmzjvOeZ-6GXBpER8YzfAHVNeAytow\/s2048\/SNC03691_p.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgJk5OL6Ia5NAJz1nmYfrk15OPbPESK0ZelxRh9X4n3FWGPNMwxEEOq_4UMUoYP1NB5552LS8P0-6IpKBroerqDNAJnfqxKHX_w4Cr1xRaaxrhyW-NyBAlL74g2RfoLvWEPB5TkPQ\/s2048\/SNC03689_p.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"304\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgJk5OL6Ia5NAJz1nmYfrk15OPbPESK0ZelxRh9X4n3FWGPNMwxEEOq_4UMUoYP1NB5552LS8P0-6IpKBroerqDNAJnfqxKHX_w4Cr1xRaaxrhyW-NyBAlL74g2RfoLvWEPB5TkPQ\/s2048\/SNC03689_p.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhq3M787IokTMVblb0rkbUPhaCkTRU7QyY1_z4_NEWU6jOknoo802o9cEwaoVc5u6FYzFOzhskNgOIAB9TZRo4vMOY4RHkMDirTpYLfPRbxdWUWVtzmSCesOY_Nz0KkskU6WaCiFw\/s2048\/SNC02690_p.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"480\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhq3M787IokTMVblb0rkbUPhaCkTRU7QyY1_z4_NEWU6jOknoo802o9cEwaoVc5u6FYzFOzhskNgOIAB9TZRo4vMOY4RHkMDirTpYLfPRbxdWUWVtzmSCesOY_Nz0KkskU6WaCiFw\/s2048\/SNC02690_p.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>Na foto anterior, \u00e1 nosa dereita, Jos\u00e9 Antonio Ares, e \u00e1 esquerda, coa cabeza cortada, Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez, vocal e Presidente da comisi\u00f3n da Plataforma veci\u00f1al. No medio, os representantes pol\u00edticos.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjbHIH9D_AP-J7WLWWXPMPiJkQ2HCgrzFojsS-Y0lwkFRzALjg8Eo1ciprFv5BrpJCXjuWe88NSPyta9XyNcVdhzHcyl9xm9Wlj-byfL0_BuiDO_ti6IKjQGLeOZ4asanFmWBwXSQ\/s2048\/SNC02696_p.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"328\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjbHIH9D_AP-J7WLWWXPMPiJkQ2HCgrzFojsS-Y0lwkFRzALjg8Eo1ciprFv5BrpJCXjuWe88NSPyta9XyNcVdhzHcyl9xm9Wlj-byfL0_BuiDO_ti6IKjQGLeOZ4asanFmWBwXSQ\/s2048\/SNC02696_p.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.facebook.com\/media\/set\/?set=a.10150844376816217.472953.229982326216&amp;type=1\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Fotos no facebook<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onte tivo lugar la manifestaci\u00f3n para pedir a residencia de anci\u00e1ns en Ribadeo. Como caracter\u00edsticas, que a manifestaci\u00f3n foi a maior que se lembra na vila, con cousa de 1 500 persoas asistindo na r\u00faa. Choveu, e iso impideu que todos chegaran \u00f3 concello, pero non fixo que a manifestaci\u00f3n se vi\u00f1era abaixo, sen\u00f3n que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[64],"class_list":["post-7541","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-residencia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7541","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7541"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7541\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7541"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7541"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7541"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}