{"id":7531,"date":"2012-05-01T09:58:00","date_gmt":"2012-05-01T07:58:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:31:58","modified_gmt":"2024-11-12T13:31:58","slug":"1-de-maio-traballando-pola-residencia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2012\/05\/01\/1-de-maio-traballando-pola-residencia\/","title":{"rendered":"1\u00ba de maio: traballando pola residencia"},"content":{"rendered":"<p>Deixo abaixo a \u00faltima nota de prensa da Comisi\u00f3n Delegada da Residencia Comarcal de Maiores (pasada \u00f3 galego).<\/p>\n<p>ACLARACI\u00d3NS A UNHA CONCELLEIRA DO PP<\/p>\n<p>Poucos acontecementos houbo nos \u00faltimos tempos capaces de desatar tantos comentarios, escritos e orais, e exacerbado tanto os \u00e1nimos dalg\u00fans pol\u00edticos locais como a manifestaci\u00f3n celebrada o pasado domingo en demanda dunha Residencia Comarcal para Ribadeo. Unha expresi\u00f3n da vontade popular que non ter\u00eda por que ser negativa, nin demag\u00f3xica como a cualifica a concelleira Campo L\u00f3pez-Bra\u00f1a nun comentario publicado nas p\u00e1xinas da Comarca do Eo, do pasado 28 de abril, baixo o t\u00edtulo \u201cValoraci\u00f3n personal de la reivindicaci\u00f3n de la Residencia\u201d. <\/p>\n<p>Nada m\u00e1is lonxe do noso \u00e1nimo que entrar nunha pol\u00e9mica est\u00e9ril e destructora que a nada conduce sen\u00f3n \u00e9 a caer na trampa de quen trata de romper coas s\u00faas actitudes e declaraci\u00f3ns esta mod\u00e9lica unidade de criterios e actuaci\u00f3ns, sobre todo nestes momentos nos que a unidade de todas as persoas e forzas pol\u00edticas deste concello \u00e9 tan necesaria para a consecuci\u00f3n do obxectivo que se demanda.<\/p>\n<p>Sen deixar de valorar moi positivamente as expresi\u00f3ns contidas no mencionado escrito da concelleira, favorables \u00e1 dotaci\u00f3n dunha residencia para Ribadeo, a fidelidade \u00e1 correcta informaci\u00f3n que se debe aos cidad\u00e1ns esixe que esta Comisi\u00f3n Delegada da Plataforma Comarcal pro Residencia de Maiores, e para mellor informaci\u00f3n dos veci\u00f1os deste concello, non poida por menos de sa\u00edr hoxe ao paso das falsas afirmaci\u00f3ns manifestadas por ela no seu comentario, afirmaci\u00f3ns que distorsionan a realidade e a verdade dos feitos, coas seguintes precisi\u00f3ns e aclaraci\u00f3ns. Un comentario feito, sen d\u00fabida, con \u00e1nimo de confundir aos veci\u00f1os deste concello e desvirtuar as\u00ed toda a actividade desenvolvida pola Plataforma pro Residencia e pola mesma Comisi\u00f3n Institucional formada polos portavoces dos partidos pol\u00edticos para a consecuci\u00f3n deste obxectivo.<\/p>\n<p>1\u00aa.-&nbsp; Rexeitamos, por falsa e insidiosa, a afirmaci\u00f3n manifestada no citado comentario desa concelleira do PP, no que se di que esta manifestaci\u00f3n foi promovida polo concello. Como consta nas hemerotecas dos medios, a quen se comunicou o acordo o d\u00eda seguinte, a manifestaci\u00f3n foi acordada pola Asemblea Xeral da Plataforma das Asociaci\u00f3ns de Veci\u00f1os e Comunidades deste concello, celebrada en data 15 de xaneiro do presente ano, sen intervenci\u00f3n algunha de ningunha forza pol\u00edtica deste concello, nin do propio alcalde que, como todos os veci\u00f1os, decatouse deste acordo pola prensa do d\u00eda seguinte. \u00c9 m\u00e1is, o propio alcalde intentou posteriormente evitala por todos os medios en favor doutras actuaci\u00f3ns pol\u00edticas menos rechamantes. A manifestaci\u00f3n foi, pois, o resultado dun acordo da Asemblea Xeral que al\u00ed se tomou, e non sen que antes fosen rexeitadas outras acci\u00f3ns de protesta m\u00e1is radicais, propostas por alg\u00fans membros da Plataforma.<\/p>\n<p>2\u00ba.-&nbsp; A celebraci\u00f3n do pleno extraordinario no que se acordou elevar \u00e1 Xunta de Galicia a petici\u00f3n da inclusi\u00f3n dunha Residencia Comarcal en Ribadeo no Mapa de Residencias para Galicia, elaborado pola propia Conseller\u00eda de Benestar da Xunta, foi consecuencia da iniciativa presentada aos portavoces dos partidos pol\u00edticos pola Comisi\u00f3n Delegada da Plataforma de Veci\u00f1os do concejo. Iniciativa ejemplarmente asumida por todos os portavoces dos partidos pol\u00edticos, sen excepci\u00f3n, que non dubidaron en facer s\u00faas as demandas do pobo. A falaz acusaci\u00f3n que a concelleira fai no seu comentario arredor de que a manifestaci\u00f3n foi promovida por iniciativa do alcalde para o seu propio proveito pol\u00edtico ha de ser, pois, tomada a beneficio de inventario dos propios intereses pol\u00edticos da citada concelleira.<\/p>\n<p>3\u00ba.- Lamentamos e rexeitamos as s\u00faas incomprensibles ameazas de que esta manifestaci\u00f3n vainos a pechar todas as portas da Xunta por habernos atrevido a pedir p\u00fablicamente na r\u00faa unha residencia para os nosos anci\u00e1ns. Unhas palabras que soan m\u00e1is a unha ameaza e amonestaci\u00f3n dirixida a uns nenos polo seu mal comportamento: todos de xeonllos xa que vos portastes mal. Esperamos que sexan outros os sentimentos e actitudes de quen, habendo asumido a s\u00faa responsabilidade e percibindo os seus honorarios dos impostos dos cidad\u00e1ns, ten a obriga de escoitar as demandas do pobo e de estar ao servizo dos seus intereses.<\/p>\n<p>4\u00ba.- Creemos, as\u00ed mesmo, que son falsas as afirmaci\u00f3ns formuladas pola concejala do PP contra o alcalde, nas que lle acusa de aproveitarse pol\u00edticamente desta manifestaci\u00f3n. Tanto o alcalde como os demais representantes pol\u00edticos do BNG, do PSOE, de UPRI e dous concelleiros do PP, demostraron todos eles por igual a s\u00faa total elegancia pol\u00edtica e persoal ao antepo\u00f1er os desexos do pobo e asumir as s\u00faas demandas \u00e1s s\u00faas posibles conveniencias pol\u00edticas. Se o apoio dos portavoces e concelleiros a este obxectivo representase, pois, algunha vantaxe pol\u00edtica, esta ha de ser atribu\u00edda a todos por igual.<\/p>\n<p>5\u00ba.-&nbsp; En contra do que a autora do comentario afirma, tanto a actitude negativa mantida ata agora pola Conselleira de Benestar de non recibirnos personalmente, como se lle hab\u00eda reiteradamente solicitado e a s\u00faa Delegada Provincial prometeunos, como o feito de que Ribadeo non figure inclu\u00eddo no recientemente elaborado Mapa de Residencias para Galicia, demostra \u00e1s claras a postura negativa da Conselleira cara \u00e1 dotaci\u00f3n a Ribadeo dunha Residencia Comarcal de Maiores e, xa que logo, a necesidade da manifestaci\u00f3n como medio para expresar as esixencias dos veci\u00f1os de Ribadeo.<\/p>\n<p>6\u00ba.- E, finalmente, en canto \u00e1 loable preocupaci\u00f3n manifestada no escrito da concelleira do PP pola nosa ruta a seguir no futuro nas nosas demandas, algo sobre o que se pregunta no seu comentario, ben far\u00eda a autora en sumarse \u00e1s demandas dos veci\u00f1os, na seguridade de que ser\u00eda ben recibido o seu apoio.&nbsp; Desde aqu\u00ed invit\u00e1mola a aportar as s\u00faas suxesti\u00f3ns de face \u00e1 consecuci\u00f3n deste obxectivo, que \u00e9 o que, ao fin, a todos os veci\u00f1os do concejo de Ribadeo interesa.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Deixo abaixo a \u00faltima nota de prensa da Comisi\u00f3n Delegada da Residencia Comarcal de Maiores (pasada \u00f3 galego). ACLARACI\u00d3NS A UNHA CONCELLEIRA DO PP Poucos acontecementos houbo nos \u00faltimos tempos capaces de desatar tantos comentarios, escritos e orais, e exacerbado tanto os \u00e1nimos dalg\u00fans pol\u00edticos locais como a manifestaci\u00f3n celebrada o pasado domingo en demanda [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[64],"class_list":["post-7531","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-residencia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7531","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7531"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7531\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7531"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7531"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7531"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}