{"id":753,"date":"2024-04-02T21:58:00","date_gmt":"2024-04-02T19:58:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T11:15:17","modified_gmt":"2024-10-23T09:15:17","slug":"de-gaza-o-mundo-e-do-mundo-gaza","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/04\/02\/de-gaza-o-mundo-e-do-mundo-gaza\/","title":{"rendered":"De Gaza \u00f3 mundo e do mundo a Gaza"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: center;\"><span>De Gaza \u00f3 mundo e do mundo a Gaza <br \/><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Gaza non fala. O acoso \u00f3 que o goberno israel\u00ed ten sometido \u00e1 cidade franxa non deixa sa\u00edr m\u00e1is ca un murmurio. Mais un murmurio que se dirixe \u00f3 mundo enteiro e que \u00e9 abondo para co\u00f1ecer a existencia de destruci\u00f3n, fame, morte. \u00c1s veces, indiscriminadas, outras, selectivas. Ou son eu o \u00fanico que relacionou os d\u00e9biles apuntamentos de Pedro S\u00e1nchez cara xa non \u00e1 paz, sen\u00f3n s\u00f3 a un alto o fogo, por unha beira, con que pola outra, unha ONG de base en Espa\u00f1a que tentaba mitigar a fame dos palestinos sufrira nun mesmo d\u00eda tres ataques diferentes co resultado de sete mortos entre os seus traballadores a m\u00e1is do peche do necesario servizo que estaban a facer? De Gaza \u00f3 mundo, un murmurio que \u00e9 abondo para que saibamos dalgunha cousa das que al\u00ed pasa. Mais, que reacci\u00f3n temos?<br \/>\n<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span><br \/>\nO mundo non fala. Ben, si, fala, e moito, mais con voces que parecen contraditorias, que parecen anularse entre si. Parecen. Con excepci\u00f3ns, claro, pero poder\u00edan resumirse como un clamor de xente pedindo que pare o horror e unha serie de mandatarios a pedir \u00f3 goberno israel\u00ed que non sexa moi duro mentres axudan a vender armas a ese goberno e merca as armas &#8216;probadas en combate real&#8217; made in Israel. Sud\u00e1frica toma a dianteira pedindo enxuizamentos: ten unha idea de que vai a cousa despois de ter experimentado hai non tanto tempo medio s\u00e9culo de apartheid. En sentido contrario, non saber\u00eda dicir quen toma a dianteira, inclu\u00edndo un goberno dos EEUU que por fin chegou ata a abstenci\u00f3n nunha resoluci\u00f3n do Concello de Seguridade das NNUU que \u00e9 moi probalbe que Israel atenda como as que lle precederon.<br \/>\n<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span><br \/>\nOu sexa que si, hai un di\u00e1logo entre Gaza e o resto do mundo. Un di\u00e1logo que pode parecer de xordos m\u00e1is que de mudos, pero m\u00e1is ben \u00e9 de tolos, de alienados. Un \u2018di\u00e1logo\u2019 que fai falta reco\u00f1ecer para logo reconducir. Sen int\u00e9rpretes, \u00f3 directo, pois sabemos quen \u00e9 quen se est\u00e1 a autoproclamar int\u00e9rprete, intermediario, inter-todo e parte tam\u00e9n: o goberno israel\u00ed, \u00f3 que lle medran as manifestaci\u00f3ns na casa por corrupci\u00f3n, por tentar o control da xudiciatura nunha deriva ditatorial, e dende hai cinco meses, pola xesti\u00f3n da \u2018crise\u2019, comezando pola s\u00faa actuaci\u00f3n no tempo previo \u00f3 ataque palestino. O mesmo goberno que env\u00eda o ex\u00e9rcito a bombardear hospitais ou ONG, a matar xente que \u00eda por comida ou \u2018autoriza\u2019 a que pase menos dunha d\u00e9cima parte da axuda humanitaria que necesita Gaza, ou \u2018permite\u2019 a montaxe dun porto provisional para desembarcar esa axuda \u2018de xeito controlado\u2019. Si, faino despois de pasar os seus antecesores por certo lugar as resoluci\u00f3ns das NNUU dende hai moitos anos. Si, ese goberno que ten anulado calquera tipo de organizaci\u00f3n palestina e que decide castigar a dous mill\u00f3ns de persoas polos ataques dunha organizaci\u00f3n que os seus antecesores financiaron. Si, un goberno que esgrime o holocausto mentres executa un xenocidio.<br \/>\n<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span><br \/>\nEn silencio. A paz necesita tam\u00e9n do silencio para reflexionar, \u00e1 par da comunicaci\u00f3n para co\u00f1ecer, reco\u00f1ecer e acordar. E do traballo de construci\u00f3n desa comunicaci\u00f3n, dos \u00fatiles para cubrir as necesidades, das relaci\u00f3ns, das ideas. Hai que telo claro: Gaza necesita do mundo, de n\u00f3s, mais o mundo tam\u00e9n necesita para o noso propio equilibrio, paz.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>De Gaza \u00f3 mundo e do mundo a Gaza &nbsp;&nbsp;&nbsp; Gaza non fala. O acoso \u00f3 que o goberno israel\u00ed ten sometido \u00e1 cidade franxa non deixa sa\u00edr m\u00e1is ca un murmurio. Mais un murmurio que se dirixe \u00f3 mundo enteiro e que \u00e9 abondo para co\u00f1ecer a existencia de destruci\u00f3n, fame, morte. \u00c1s veces, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,13,9],"class_list":["post-753","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/753","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=753"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/753\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=753"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=753"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=753"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}