{"id":7524,"date":"2012-05-05T19:51:00","date_gmt":"2012-05-05T17:51:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:31:48","modified_gmt":"2024-11-12T13:31:48","slug":"un-vello-artigo-publicado-o-19990430-na","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2012\/05\/05\/un-vello-artigo-publicado-o-19990430-na\/","title":{"rendered":"Un vello artigo publicado o 19990430 na Mari\u00f1a de El Progreso, para repensar sobre a econom\u00eda local"},"content":{"rendered":"<p>Pastoral<\/p>\n<p>Ribadeo, 1999. Un ano antes do fin do s\u00e9culo e do milenio, en Ribadeo estase a plantexar unha pequena revoluci\u00f3n comercial. Nalg\u00fans sitios, fai anos que tivo lugar. En outros, a\u00ednda tardar\u00e1.<\/p>\n<p>O feito: tres grandes superficies comerciais \/ \u00e1reas comerciais (ou como se lles queira chamar, pois hai unha gama de centros deste tipo que para moitos efectos son diferentes) est\u00e1n a piques de se instalar na nosa vila. A favor, o Concello, esgrimindo postos de traballo e progreso da vila. En contra, comerciantes (non todos) e defensores da produci\u00f3n aut\u00f3ctona. No medio, a maior\u00eda da xente, con vistas a unha maior posibilidade de compra e cunha apat\u00eda que se trata de mobilizar.<\/p>\n<p>Con certa frecuencia p\u00f3dese ver na prensa fotograf\u00edas de mercados doutros lugares do mundo, como Per\u00fa ou Kenia, que son empregados moitas veces como reclamo tur\u00edstico, lugares de colorido e tipismo que se tratan de identifica cos vellos tempos perdidos de estilo pastoral. Lembran \u00e1s nosas feiras, m\u00e1is \u00e1s de fai trinta anos que as de hoxe. Son feiras de supervivencia (dunha econom\u00eda de) que aspiran a evolucionar. Tam\u00e9n p\u00f3dese observar outro tipo de mercados \u00f3 estilo de Francia, por exemplo, onde a mecanizaci\u00f3n dos tenderetes arrasou por completo \u00f3s proveedores de produtos da s\u00faa propia colleita e era fai vinte anos cando xa se desenvolv\u00edan al\u00ed como agora aqu\u00ed. Aqu\u00ed mesmo estase levando a cabo unha transformaci\u00f3n, co nacemento de mercados especializados, dende o mel \u00e1 faba, por po\u00f1er s\u00f3 dous exemplos, ou mesmo a mecanizaci\u00f3n de tenderetes, da que quedan afastados os produtores aut\u00f3ctonos, se ben non os comerciantes. O esgrimir a defensa da producci\u00f3n do lugar por esa v\u00eda coido que \u00e9 querer loitar con pedras contra armas autom\u00e1ticas: poderase obter algunha vitoria, pero a guerra est\u00e1 perdida. A sa\u00edda desa produci\u00f3n est\u00e1 en buscar e atopar novas formas de comercializaci\u00f3n e logo, potencialas, non en ter unha econom\u00eda de supervivencia.<\/p>\n<p>\u00bfPostos de traballo? As estat\u00edsticas din que a creaci\u00f3n de postos polas \u00e1reas comerciais non compensa en principio os destru\u00eddos no pequeno comercio. Non hai estudio dese tipo que non te\u00f1a alg\u00fan sesgo, pero a realidade est\u00e1 a\u00ed: o rendemento empresarial \u00e9 superior na maior\u00eda dos casos cunha organizaci\u00f3n do tipo \u00e1rea comercial que coa dos comercios tradicionais. Outra cousa \u00e9 intentar repercutir novos postos de traballo pola atracci\u00f3n de clientes de f\u00f3ra, o que \u00e9 factible e supo\u00f1o que non descartar\u00e1n nos seus estudios de mercado as sociedades que pensan instalarse aqu\u00ed.<\/p>\n<p>O progreso da vila non \u00e9 igual a unha maior instalaci\u00f3n de empresas comerciais, pero parece ser algo parello. Dise que as novas zonas comerciais poden rematar cos pequenos comerciantes. Nunha confrontaci\u00f3n comercial, sempre hai quen gana e quen perde, a\u00ednda que se poden establecer relaci\u00f3ns amistosas nas que se pretende que ganen todos. E hai comerciantes que levan anos preparando os seus negocios, moderniz\u00e1ndoos, e tam\u00e9n crecendo, mentres outros te\u00f1en parado ese proceso. Na actualidade, hai \u00e1reas sensibles que est\u00e1n xa copadas por empresas for\u00e1neas. Un caso t\u00edpico \u00e9 a alimentaci\u00f3n. Tres empresas de f\u00f3ra, con cinco establecementos, copan a gran maior\u00eda da distribuci\u00f3n neste sector, e pouco efecto poden facer xa as novas instalaci\u00f3ns \u00f3s comerciantes de vello no pobo. Por contra, o comercio de Ribadeo ten tam\u00e9n establecidos pontes noutras vilas.<\/p>\n<p>No reparto de clientes, queda dito con anterioridade, hai que contar coa xente que vir\u00e1 comprar dende outros lugares e que non vir\u00eda doutro xeito. Xente que hai que atraer, e non s\u00f3 polo novo comercio, senon tam\u00e9n polo xa establecido en Ribadeo, \u00f3 tempo que toma medidas para perder a m\u00ednima cota de porcentaxe fronte \u00f3s novos. \u00bfDavid contra Goliat? Nalg\u00fan caso, a loita pode establecerse neses termos. En xeral, ser\u00e1 unha confrontaci\u00f3n de xeitos diferentes de organizaci\u00f3n de empresas, na que haber\u00e1 que agudizar o inxenio.<\/p>\n<p>Respecto \u00e1 competencia esperada que beneficie \u00f3 consumidor, pouca xente o pon en d\u00fabida, se ben a competencia poucas veces \u00e9 perfecta. Ademais, competencia libre implica depredaci\u00f3n do comercio sen po\u00f1er unhas regras do xogo que protexan a sociedade fronte a abusos libres, do mesmo xeito que se \u00e9 demasiado restrinxida sup\u00f3n un sometemento do comercio a determinadas entidades favorecidas, tam\u00e9n en detrimento da sociedade. Esperemos non entrar en ning\u00fan dos dous casos.<\/p>\n<p>De calquera xeito, cando se trata dunha perturbaci\u00f3n previsible de gran magnitude no comercio local, pode haber unha negociaci\u00f3n para conseguir que as empresas se instalen dun xeito favorable para todos, sen avasallar facendo, por exemplo, modificaci\u00f3ns en plans que perxudiquen \u00f3 pobo. Esto queda en mans do Concello. \u00bfF\u00edxose? As empresas que se instalan, a ben seguro fixeron un estudio de mercado. \u00bfPode facer \/ ten ACISA feito alg\u00fan plan que facilite a competencia das empresas que a integran?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pastoral Ribadeo, 1999. Un ano antes do fin do s\u00e9culo e do milenio, en Ribadeo estase a plantexar unha pequena revoluci\u00f3n comercial. Nalg\u00fans sitios, fai anos que tivo lugar. En outros, a\u00ednda tardar\u00e1. O feito: tres grandes superficies comerciais \/ \u00e1reas comerciais (ou como se lles queira chamar, pois hai unha gama de centros deste [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,106],"class_list":["post-7524","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-publicado-en-ribadeo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7524","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7524"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7524\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7524"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7524"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7524"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}