{"id":7521,"date":"2012-05-09T08:37:00","date_gmt":"2012-05-09T06:37:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:31:38","modified_gmt":"2024-11-12T13:31:38","slug":"castropol-entre-nubes-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2012\/05\/09\/castropol-entre-nubes-ribadeo\/","title":{"rendered":"Castropol entre nubes. Ribadeo &#8230;"},"content":{"rendered":"<p>De todos \u00e9 sabido que a r\u00eda de Ribadeo ten magn\u00edficas vistas.<br \/>\nTam\u00e9n o \u00e9 que as vistas dende a beira en Ribadeo son mellores que as que se observan dende Castropol. \u00c9 algo que ten dada lugar a algunha an\u00e9cdota. Aqu\u00ed queda unha foto de Castropol dende a beira occidental da r\u00eda de Ribadeo para amosar esas vistas.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiISHPktEGtGgT2qfYbFRfgjSWPdwnl8OyKf9EfLMOJaqRMAAImz2_ARGMqagaDblwbSKNGT5DUu-InzG7eG_eQV8qjpgnN7K7T2ZcP6xR-itswewv2D40YowEf3vw9o4C_z5LjCg\/s2048\/Castropol+entre+nubes.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"480\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiISHPktEGtGgT2qfYbFRfgjSWPdwnl8OyKf9EfLMOJaqRMAAImz2_ARGMqagaDblwbSKNGT5DUu-InzG7eG_eQV8qjpgnN7K7T2ZcP6xR-itswewv2D40YowEf3vw9o4C_z5LjCg\/s2048\/Castropol+entre+nubes.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>O urbanismo ten algo que ver coa explicaci\u00f3n do tema das vistas. Pasou xa a metade do per\u00edodo de alegaci\u00f3ns \u00f3 Plan Xeral de ordeamento municipal e \u00e9 previsible que nesta segunda parte se aumente o n\u00famero de alegaci\u00f3ns respecto \u00f3 anterior per\u00edodo, e mesmo hai quen di que o total de alegaci\u00f3ns sobrepasar\u00e1 \u00e1s da anterior exposici\u00f3n. As raz\u00f3ns ser\u00edan que que os erros observados non foron en xeral corrixidos, e os cambios pedidos non foron tampouco en xeral atendidos, pero, se o foron, en moitas ocasi\u00f3ns ter\u00e1n intereses opostos que ser\u00e1n os que reclamar\u00e1n agora. Por outra parte, \u00f3 ver a existencia de alegaci\u00f3ns e, literalmente, que non pasa nada por presentar unha alegaci\u00f3n, a xente tam\u00e9n se anima m\u00e1is a facelo. E m\u00e1is a\u00ednda o ver que non calquera terra vale para calquera cousa, como antes se pensaba, saltando por riba do que fora. Por certo, quiz\u00e1is os erros non foron corrixidos porque a empresa encargada \u00e9 a mesma da vez anterior, e da da anterior &#8230; que voltou a facer sen pisar moito o terreo, tirando dos datos e facendo rendir unha vella inversi\u00f3n. O que pasou coas variaci\u00f3ns de tipo de chan da outra vez a esta, iso xa \u00e9 diferente, e entrar\u00eda dentro dos c\u00e1lculos pol\u00edticos e t\u00e9cnicos, pero &#8230; coido que segue sen propo\u00f1erse nas indicaci\u00f3ns iniciais un modelo claro para Ribadeo, co que as alegaci\u00f3ns ser\u00e1n en plan particular, sen unha visi\u00f3n xeral, e respostadas do mesmo xeito. E as visi\u00f3ns particulares xa sabemos o que te\u00f1en: salvo excepci\u00f3ns, defenden o particular, non o xeral.<\/p>\n<p>Dito o anterior, as novas antes das municipais (antes a\u00ednda chegouse a pensar en deixar todo ben atado antes das elecci\u00f3ns) eran que no primeiro tramodo mandato quedar\u00eda listo o PXOM. Agora parece que non vai ser as\u00ed. Sair\u00e1 neste mandato, alongarase ata o pr\u00f3ximo ou haber\u00e1 que facer outro?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>De todos \u00e9 sabido que a r\u00eda de Ribadeo ten magn\u00edficas vistas. Tam\u00e9n o \u00e9 que as vistas dende a beira en Ribadeo son mellores que as que se observan dende Castropol. \u00c9 algo que ten dada lugar a algunha an\u00e9cdota. Aqu\u00ed queda unha foto de Castropol dende a beira occidental da r\u00eda de Ribadeo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[65,57],"class_list":["post-7521","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-arquitectura","tag-fotos-ria-de-ribadeo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7521","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7521"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7521\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7521"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7521"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7521"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}