{"id":7516,"date":"2012-05-15T07:58:00","date_gmt":"2012-05-15T05:58:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:31:30","modified_gmt":"2024-11-12T13:31:30","slug":"semipleno-ata-as-2359","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2012\/05\/15\/semipleno-ata-as-2359\/","title":{"rendered":"Semipleno ata as 23:59"},"content":{"rendered":"<p>A historia en Ribadeo (\u00e1s veces) parece que se vai escribindo cun sorriso nos beizos.<\/p>\n<p>Onte f\u00edxose patente esa parte e tam\u00e9n algunha menos sorrinte. Un pleno que comezou con 12 ed\u00eds dos 13 rematou con 10. Cando cheguei (tarde), un total de 12+3+4 persoas (concelleiros, persoal municipal e p\u00fablico), e, \u00f3 final, 10+2+1. Cada unha das tres compo\u00f1entes coido que dar\u00eda para falar do tema por separado, e algo comentarei \u00f3 llongo de varias entradas, pois un pleno de 4 horas (case) da para comentar. A pesares de que non considero que fora especialmente complicado na tem\u00e1tica.<\/p>\n<p>Como outras veces, comezo polo final. Porque desta volta, si se contestaron, -repito, a partires das 23:59- algunhas preguntas do Tes\u00f3n. Algunhas, que a base de retrasar as respostas, coido que a\u00ednda quedan (as de abaixo foron feitas para o pleno de xaneiro). As preguntas contestadas:<\/p>\n<p>1.Dada a perda cultural e identitaria en curso das Terras de Ribadeo, co uso do nome da Reserva da Biosfera &#8211; Rio Eo-Oscos &#8220;y Tierras&#8221; de Bur\u00f3n (carteis na rotonda dos Irmandi\u00f1os, Autov\u00eda, e moitos outros lugares mercede \u00f3s fondos do Ministerio de Fomento ou o de Medio Ambiente, variaci\u00f3ns patron\u00edmicas diversas debidas \u00e1 Xunta de Galicia, continuaci\u00f3n da designaci\u00f3n de R\u00edo de Ribambo ou Obeso en Google Maps, a noticia de que se est\u00e1 &#8216;cerca de Castropol&#8217; ou que se vive en Ribadeo-Asturias se se usa Facebook, etc, solicitamos co\u00f1ecer se existe unha pol\u00edtica da alcald\u00eda en relaci\u00f3n a dito tema.<\/p>\n<p>2.Tendo en conta a finalizaci\u00f3n das obras da F\u00e1brica de Alxinatos e a s\u00faa promoci\u00f3n xunto co paseo,  que te\u00f1amos noticia a\u00ednda ambos sen entregar, pero usados puntualmente, solicitamos co\u00f1ecer o destino que se pretende \u00f3 edificio remodelado.<\/p>\n<p>3.Dada a ausencia de novas sobre o estado e recuperaci\u00f3n das vidrieiras da capela do cemiterio, solicitamos co\u00f1ecer en que estado se atopa a delimitaci\u00f3n de responsabilidades, os pasos para a s\u00faa reposici\u00f3n e a posibilidade de usar a F\u00e1brica de Alxinatos ou outro lugar para facer unha exposici\u00f3n dos restos.<\/p>\n<p>4.Despois de ter nova recente da finalizaci\u00f3n de obras para ter un campo de c\u00e9spede artificial nos terreos do C.P. Gregorio Sanz por un importe abondo superior a cen mil euros, solicitamos co\u00f1ecer as partidas de cartos propios ou doutras entidades, dispostas para as m\u00e1s necesarias obras na casa do xulgado, o comezo da residencia de maiores ou a participaci\u00f3n do concello nas tam\u00e9n necesarias obras da Torre dos Moreno.<\/p>\n<p>As respostas \u00e1s preguntas anteriores, dun xeito sucinto:<\/p>\n<p>As queixas de Google maps est\u00e1n subsanadas dende onte mesmo.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEj5fZSeAeRFHKJUSamDKcEPMtH8qhgqWIjnhj5d9rZKWBbC-JiCb73DuVVu7tlrU4yWZT0eItFAVzsmm9q_JNgG4gBWwXHSntvOuXPLgPtewxE_JXepC4fVZSsFQRBTzMS5R8F0nw\/s2048\/por+fin+Ria+de+Ribadeo.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"629\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEj5fZSeAeRFHKJUSamDKcEPMtH8qhgqWIjnhj5d9rZKWBbC-JiCb73DuVVu7tlrU4yWZT0eItFAVzsmm9q_JNgG4gBWwXHSntvOuXPLgPtewxE_JXepC4fVZSsFQRBTzMS5R8F0nw\/s2048\/por+fin+Ria+de+Ribadeo.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>No mesmo paquete, pero anteriormente, \u00eda &#8216;Obeso&#8217; por Ove &#8230; Comezou o alcalde sinalando que a pol\u00edtica \u00e9 a que ven establecida polo uso do galego, segundo a normativa presente na p\u00e1xina web, e que o que fan as empresas particulares ou outras administraci\u00f3ns non \u00e9 responsabilidade do concello. Non obstante, tenta actuar, e as\u00ed, xunto co dito de Google, logrouse o cambio en google maps tras un proceso longo porque non \u00e9 doado po\u00f1erse en contacto dun xeito adecuado coas empresas de internet, e pux\u00e9ronse en contacto coas instituci\u00f3ns e o cartel da autov\u00eda xa est\u00e1 en galego, pero os datos de facebook, asignando partes do concello a Asturias ou relacion\u00e1ndoo con el, a\u00ednda est\u00e1 por corrixir. Asemade, o comunicado a Feij\u00f3o polo cartel sobre o &#8216;r\u00edo Eo&#8217; en troques de R\u00eda de Ribadeo que est\u00e1 perto da confrar\u00eda tam\u00e9n est\u00e1 por corrixir, tras facer o\u00eddos xordos.<\/p>\n<p>Respecto a alxinatos, rem\u00edtese a unha xuntanza futura cos portavoces dos grupos, \u00f3s que emprazou onte mesmo.<\/p>\n<p>En canto \u00e1s vidirieiras, algo m\u00e1is ou menos co\u00f1ecido xa, pero m\u00e1s claro. Foi dirixido polo concello un escrito formal \u00e1 asoc. Ponte dos Santos, quen reclamou \u00e1 aseguradora, con resposta de que non lle compete a ela, co que posteriormente entrou en v\u00eda xudicial. Cabe aclarar pola mi\u00f1a parte que, no que respecta \u00e1 pregunta de O Tes\u00f3n, esa ser\u00eda a resposta s\u00f3 a unha parte, pois sobre responsabilidade non houbo menci\u00f3n algunha na resposta.<\/p>\n<p>En canto \u00f3 xulgado, estritamente \u00e9 do concello, pero con usufruto por parte xudicial, o que crea \u00f3 parecer un vac\u00edo que non ama\u00f1a as cousas. A residencia tivo unha resposta m\u00e1is sinxela: non estamos en tempo, pois a\u00ednda est\u00e1n as cousas moi verdes (o de verdes p\u00faxeno \u00e9u de xeito gr\u00e1fico, non foi verba empregada polo alcalde). E respecto \u00e1 Torre, 35 000 \u20ac foron os fondos empregados polo concello no pasado exercicio. Coido que non quedou patente pola resposta do alcalde algo que sa\u00edu no pleno a conta doutras cousas: as diferentes preferencias de emprego dos cartos en relaci\u00f3n con diferentes necesidades do concello non cubertas. Non obstante, a ausencia de citaci\u00f3n deses criterios \u00e9 abondo para po\u00f1er \u00e1s claras que os criterios empregados \u00e1s veces non corresponden \u00e1 urxencia das actuaci\u00f3ns.<\/p>\n<p>As\u00ed pois, como outras veces, continuar\u00e1. Nos temas que restan e tam\u00e9n nalg\u00fans dos temas respostados.<\/p>\n<p>Partes <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2012\/05\/semipleno-ata-as-2359-ii.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">II<\/a> e <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2012\/05\/semipleno-ata-as-2359-iii.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">III<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A historia en Ribadeo (\u00e1s veces) parece que se vai escribindo cun sorriso nos beizos. Onte f\u00edxose patente esa parte e tam\u00e9n algunha menos sorrinte. Un pleno que comezou con 12 ed\u00eds dos 13 rematou con 10. Cando cheguei (tarde), un total de 12+3+4 persoas (concelleiros, persoal municipal e p\u00fablico), e, \u00f3 final, 10+2+1. Cada [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[42],"class_list":["post-7516","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-plenos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7516","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7516"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7516\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7516"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7516"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7516"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}