{"id":7498,"date":"2012-05-31T07:00:00","date_gmt":"2012-05-31T05:00:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:30:56","modified_gmt":"2024-11-12T13:30:56","slug":"se-xa-o-saben-os-nenos-se-xa-temos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2012\/05\/31\/se-xa-o-saben-os-nenos-se-xa-temos\/","title":{"rendered":"Se xa o saben os nenos, se xa temos a tecnolox\u00eda, &#8230;"},"content":{"rendered":"<p>Se xa somos conscientes, se xa o movemento est\u00e1 en marcha, o mundo comeza a cambiar.<\/p>\n<p>Do anterior pode resultar un sorriso, pero o mundo est\u00e1 a cambiar t\u00f3dolos d\u00edas, e a cuesti\u00f3n \u00e9 facer que cambie nunha direcci\u00f3n e non en outra. As\u00ed, se tentan fastidiarte o d\u00eda, por exemplo cando a primeira hora dunha ma\u00f1\u00e1 radiante de sol te pregunta &#8216;con ive ou sen ive?&#8217; (en realidade, &#8216;queres factura?&#8217;) cando eres consciente do que significan os impostos, xa tes a posibilidade de enderezar un pouco a cousa: &#8216;si, claro, quero factura, os teus fillos est\u00e1n sendo educados con fondos dos impostos&#8217;. Non creo que faiga falla engadir que en Ribadeo todo o ensino regulado recibe cartos dos impostos&#8230;&nbsp;<\/p>\n<p>Por iso podes sa\u00edr logo \u00e1 r\u00faa e seguir a sorrir a pesar dos 500 \u20ac que sabes que te van impo\u00f1er a ti e a cada membro da t\u00faa familia como colaboraci\u00f3n desinteresada a fondo perdido para &#8216;salvar Bankia&#8217; (e claro, principalmente \u00f3s seus xefes con soldadas multimillonarias), porque hai moita xente que est\u00e1 non s\u00f3 disconforme, sen\u00f3n indignada (din que o 99%), e moita xente que ir\u00e1 cambiando o panorama (polo momento, suavemente, pac\u00edficamente, pero &#8230;).<\/p>\n<p>Xente que est\u00e1 a crear conciencia, como a que se est\u00e1 a mover no 15M ou en acci\u00f3ns concretas como contra as fumigaci\u00f3ns a\u00e9reas con produtos perigosos. Xente que crea proxectos, como <a href=\"http:\/\/www.wikirating.org\/wiki\/Main_Page\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">wikirating<\/a>, unha axencia colaborativa de indexaci\u00f3n de riscos sobre d\u00e9beda, por agora en fase inicial, pero desenvolt\u00e1ndose tanto en funci\u00f3ns como en profundidade ou en importancia de xeito exponencial. Ou que procura outra econom\u00eda, como a que crea <a href=\"http:\/\/www.goteo.org\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">goteo<\/a>, para mantemento de proxectos por <a href=\"http:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Financiaci%C3%B3n_en_masa\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">crowfunding<\/a>. Ou que se manifesta de calquera xeito, como a nena de 12 anos que explica o problema dos cartos que non existen pero que serven para roubar \u00e1 poboaci\u00f3n, no seu caso do Canad\u00e1.<br \/>\n<iframe loading=\"lazy\" allowfullscreen=\"\" frameborder=\"0\" height=\"360\" src=\"http:\/\/www.youtube.com\/embed\/rF0__o__66o\" width=\"640\"><\/iframe><br \/>\nXente como perroflautas admirables que fixeron e fan a diario que o despectivo perroflautas pase a ser mesmo laudatorio.&nbsp;<\/p>\n<p>Xente, a secas, que ten en fronte unha mini minor\u00eda de aproveitados ladr\u00f3ns corruptores ou corruptos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Se xa somos conscientes, se xa o movemento est\u00e1 en marcha, o mundo comeza a cambiar. Do anterior pode resultar un sorriso, pero o mundo est\u00e1 a cambiar t\u00f3dolos d\u00edas, e a cuesti\u00f3n \u00e9 facer que cambie nunha direcci\u00f3n e non en outra. As\u00ed, se tentan fastidiarte o d\u00eda, por exemplo cando a primeira hora [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[102,13,9],"class_list":["post-7498","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-15m","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7498","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7498"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7498\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7498"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7498"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7498"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}