{"id":7478,"date":"2012-06-12T10:37:00","date_gmt":"2012-06-12T08:37:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:30:18","modified_gmt":"2024-11-12T13:30:18","slug":"resolucion-do-claustro-de-profesores-do","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2012\/06\/12\/resolucion-do-claustro-de-profesores-do\/","title":{"rendered":"Resoluci\u00f3n do claustro de profesores do IES Porta da Auga"},"content":{"rendered":"<p>A conto de que sa\u00edu nos xornais onte alg\u00fan comentario recollendo partes do acrodo adoitado a pasada semana polo calustro do IES Porta da Auga, f\u00edxenme coa resoluci\u00f3n enteira, que reproduzo:<\/p>\n<p>Resoluci\u00f3n Claustro de Profesores\/as<\/p>\n<p>A Secretar\u00eda do \u00cdES Porta da Auga, concello de Ribadeo, informa que o Claustro de Profesores\/as, na reuni\u00f3n celebrada o 6 de xu\u00f1o de 2012, aprobou con 20 votos a favor, O en contra e 5 abstenci\u00f3ns, a seguinte resoluci\u00f3n:<\/p>\n<p>Asdo,: Moptserrat Villar Riveira<\/p>\n<p>A Educaci\u00f3n \u00e9 un dereito, un dereito de todas e todos, que os gobernos te\u00f1en a abriga de garantir \u00f1as mellores condici\u00f3ns pos\u00edbeis. So a trav\u00e9s do ensino p\u00fablico se poden minorar as diferenzas saci\u00e1is e se poden formar as xerad\u00f3ns do futuro nos valores da liberdade, da \u00a1gualdade, dos dereitos humanos e da democracia. O ensino non \u00e9 unha mercader\u00eda. Nunca pode ser medido con criterios de rendibilidade econ\u00f3mica. A s\u00faa oferta e calidade debe estar garantida para todas e para todos, independentemente da procedencia socioecon\u00f3mica ou xeogr\u00e1fica de cadaqu\u00e9n, aplicando as medidas compensatorias necesarias para garantir a igualdade de oportunidades. Por \u00a1so mesmo, nun momento de crise econ\u00f3mica \u00e9 cando compre fortalecer os servizos p\u00fablicos e manter as dotaci\u00f3ns necesarias para que non perd\u00f3n calidade e para que o conxunto da cidadan\u00eda, esa que est\u00e1 a sufrir a crise, non se vexa privada dos seus dereitos.<\/p>\n<p>Mais iso non \u00e9 o que sucede hoxe. O actual gobern\u00f3 galega veu aplicando sucesivos recortes ao ensino p\u00fablico e reduciu en 425 mill\u00f3ns os orzamentos en relaci\u00f3n aos do ano 2009, o que provocou a perda de m\u00e1is de 2000 docentes e a conseguinte falta de dotaci\u00f3n necesaria para facer fronte \u00e1 atenci\u00f3n \u00e1 diversidade, ao reforz\u00f3 educativo e as necesidades educativas especi\u00e1is, \u00e9 dicir, a todas as necesidades que ten o sistema educativo galega. Xunto a isto, a Administraci\u00f3n galega eliminou a gratuidade dos libros de texto e non cobre as baixas do profesorado inferiores a quince d\u00edas. Gast\u00e1ronse mill\u00f3ns de euros en tirar con libros por estaren en galega e en facer propaganda da eliminaci\u00f3n da gratuidade dos libros, mentres se manti\u00f1an e se incrementaban as axudas aos centros privados concertados, mesmo cando segregan o alumnado por sexo.<\/p>\n<p>A sociedade galega non merece que o ensino, medio onde deben medrar e formarse as xerad\u00f3ns do futuro, sexa tido en tan pouca consideraci\u00f3n polo gobern\u00f3 galega. Co pretexto da crise, golp\u00e9ase, de maneira grave, o ensino p\u00fablico, pondo en cuesti\u00f3n o dereito \u00e1 educaci\u00f3n da das clases populares. Por iso, ped\u00edmoslle que rectifique e que, como primeira medida, se posidone en contra dos recortes que agora nos quere aplicar o gobern\u00f3 do Estado.<\/p>\n<p>As medidas que se proponen buscan reducir o profesorado dos centros (despedindo miles de docentes), incrementar o n\u00famero de alumnado por aula (masificando as aulas), reagrupar<\/p>\n<p>alumnado de diferentes niveis educativos nunha mesma aula e reducir a oferta educativa. Todas estas medidas dificultan o acceso \u00e1 educaci\u00f3n das clases sociais m\u00e1is desfavorecidas, van contra a calidade do ensino e significan maior fracaso escolar.<\/p>\n<p>Os recortes propostos, de lev\u00e1rense a cabo, superan:<\/p>\n<p>Incrementar as ratios a 30 alumnos\/as en Infantil e Primaria, 36 en Secundaria e 42 en Bacharelato. Esta medida provocar\u00e1 a masificaci\u00f3n das aulas, impedir\u00e1 unha atenci\u00f3n personalizado do alumnado e atender as necesidades educativas espec\u00edficas, e supor\u00e1 menor calidade do ensino e maior fracaso escolar.<\/p>\n<p>Impar unha xornada lectiva semanal m\u00ednima para o profesorado de 25 horas en Primaria e 20 en Secundar\u00eda. Isto traducirase, entre outras consecuencias, en que o profesorado ter\u00e1 que impartir materias das que non \u00e9 especialista, completar horario neutros centros, incrementando as itinerancias, e dificultar\u00e1 a realizaci\u00f3n doutras funci\u00f3ns necesarias para o funcionamento do centro e para a mellara da calidade do ensino. Non substituir o profesorado de baixa. Ser\u00e1 un prexu\u00edzo para o centro e para o alumnado que as baixas non se cubran at\u00e9 que pasen catorce d\u00edas (dez d\u00edas lectivos). Os centros ver\u00e1n alterado o seu plan de traballo cada vez que se produza unha baixa e o alumnado ter\u00e1 que ser atendido por profesorado de diferentes especialidades \u00e1 do substituido\/a, conculcando o dereito \u00e1 educaci\u00f3n do propio alumnado.<\/p>\n<p>Eliminar o requisito de ofertar d\u00faos modalidades de bacharelato. Isto ten graves consecuencias na formaci\u00f3n do alumando que deber\u00e1 desprazarse cando non cont\u00e9 na s\u00faa localidade coa modalidade de bacharelato que quere cursar. Esta medida afasta os servizos dos \u00e1mbitos non urbanos, detraendo a\u00ednda m\u00e1is poboaci\u00f3n ao rural, e reduce o acceso ao ensino superior, pois non todo o alumnado estar\u00e1 en condici\u00f3ns de custearse os desprazamentos, o que incrementar\u00e1 o abandono escolar e dificultar\u00e1 que cursen os estudos desexados.<\/p>\n<p>Adiar a implantaci\u00f3n de ciclos de formaci\u00f3n profesional. O atraso da posta en marcha destes ciclos prexudica gravemente as persoas que, precisamente nun momento de crise econ\u00f3mica, buscan unha mellar e m\u00e1is actualizada formaci\u00f3n, entre e\/os moitas persoas paradas.<\/p>\n<p>Incrementar as taxas universitarias. Tr\u00e1tase dunha suba desorbitada, que pode superar o 50% e que se fixar\u00e1 en funci\u00f3n do cusi\u00f3 dos titulaci\u00f3ns. Isto achegar\u00e1 o prezo das matr\u00edculas ao que hai \u00f1as universidades privadas e impedir\u00e1 que as universidades p\u00fablicas contin\u00faen a cumprir o papel de inclusi\u00f3n e igualdade social.<\/p>\n<p>A Plataforma Galega en Defensa do Ensino P\u00fablico rexeita estes recortes, denuncia que con e\/es se ataca gravemente o ensino p\u00fablico e a s\u00faa calidade, as\u00ed como o dereito de igualdade de oportunidades do alumnado, que aumentar\u00e1 o fracaso escolar e despedir\u00e1 m\u00e1is de 2000 profesores\/as.<\/p>\n<p>Por todo isto, esiximos que o gobern\u00f3 galego act\u00fae como tal e non se someta a decisi\u00f3ns que van en contra do ensino galego, que se negu\u00e9, rotunda e publicamente, a aplicar calquera das medidas co\u00f1udas no RD Le\u00ed 14\/2012 e que presente recurso por invasi\u00f3n de competencias.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A conto de que sa\u00edu nos xornais onte alg\u00fan comentario recollendo partes do acrodo adoitado a pasada semana polo calustro do IES Porta da Auga, f\u00edxenme coa resoluci\u00f3n enteira, que reproduzo: Resoluci\u00f3n Claustro de Profesores\/as A Secretar\u00eda do \u00cdES Porta da Auga, concello de Ribadeo, informa que o Claustro de Profesores\/as, na reuni\u00f3n celebrada o [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[18,32],"class_list":["post-7478","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-educacion","tag-filosofia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7478","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7478"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7478\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7478"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7478"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7478"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}