{"id":7454,"date":"2012-07-06T09:10:00","date_gmt":"2012-07-06T07:10:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:29:36","modified_gmt":"2024-11-12T13:29:36","slug":"variedade-en-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2012\/07\/06\/variedade-en-ribadeo\/","title":{"rendered":"Variedade en Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>A variedade abre posibilidades, oportunidades, e desfrute. Dende a an\u00e9cdota de que o coche pod\u00eda ser de calquera cor, sempre que f\u00f3ra negra dos comezos da Ford ata a camisa Mao do uniforme chino, a uniformidade sempres se usou, mesmo se impuxo, pero como paso mentras non se daba resposta \u00e1 diversidade ou como imposici\u00f3n para evitala en funci\u00f3n de determinados intereses. Parecer\u00eda pois que a diversidade \u00e9 en si boa, o que ven acompa\u00f1ado, por exemplo, das bondades da diversidade na ecolox\u00eda. As\u00ed pois, con limitaci\u00f3ns polas circunstancias de aplicaci\u00f3n, viva a diversidade! Mais, queda a coletilla das circunstancias de aplicaci\u00f3n: diversidade p\u00f3dese considerar se catro condutores que se turnan a conducir nun mesmo coche queren ir a lugares diferentes &#8230; e se cambian de ruta cada vez que hai un cambio de turno?<\/p>\n<p>Voltando a Ribadeo, est\u00e1 a haber un mont\u00f3n de iniciativas que en principio enriquecen o panorama de posibilidades vitais en Ribadeo. Arte, cultura, deporte, &#8230; Est\u00e1 xa un ano m\u00e1is instalada fronte \u00f3 cant\u00f3n a pequena pista de futbol 3, onte chegoume a nova de <a href=\"http:\/\/eventos.ribadeo.org\/gl\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Ribadeo Eventos<\/a>, unha web que pode ser moi interesante, \u00f3 pouco de publicar sobre a <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2012\/07\/exposicion-de-maquetas-e-documento.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">exposici\u00f3n de maquetas de barcos no forte<\/a>, e competindo con outras d\u00faas iniciativas que mencionei hai pouco tempo, o &#8216;<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2012\/06\/xornal-dixital-porta-norte.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">xornal dixital porta norte<\/a>&#8216;, co que colisiona en parte, e outra idea sen nome e \u00e1 que lle perd\u00edn a pista \u00faltimamente. A\u00ed est\u00e1 o <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2012\/06\/festival-internacional-de-musica.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">festival de m\u00fasica cl\u00e1sica de Ribadeo<\/a>, ou o &#8216;<a href=\"http:\/\/www.cronica3.com\/2012\/07\/musikeando-e-o-cim-de-ribadeo-organizan-a-xornada-son-de-mulleres-sobre-o-papel-da-muller-na-musica\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">son de mulleres<\/a>&#8216; para o d\u00eda 13, \u00f3 tempo que semana si, semana tam\u00e9n, o Rockuncho ofrece m\u00fasica variada en vivo e potencia o son local, e <a href=\"http:\/\/sondanorte.ribadeo.org\/wp-content\/uploads\/2012\/07\/CARTEL-ARDORA-copia.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">ma\u00f1\u00e1 mesmo o Tren de Moebius<\/a> ofrecer\u00e1 nas illas piano, poes\u00eda e danza, anunciados por <a href=\"http:\/\/sondanorte.ribadeo.org\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Sonda Norte<\/a>., e pasado, domingo, tras as pegadas de &#8216;La Barraca&#8217;, representaci\u00f3n dunha <a href=\"http:\/\/campus.usal.es\/%7Elicesio\/T_I_Farmacia\/Lope_de_Vega_El_Bobo_del_Colegio.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">obra de Lope de Vega<\/a> por un grupo de teatro universitario sevillano. Sonda Norte que parece hiperactiva instrumentalizando posibilidades en Ribadeo dun xeito creativo, como no tema das <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2012\/05\/tapas.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">tapas<\/a> ou na actual exposici\u00f3n de ilustraci\u00f3n, c\u00f3mic e banda dese\u00f1ada. Aqu\u00ed chegou o ver\u00e1n co abano de posibilidades para os p\u00edcaros (que seguen sen desfrutar dun local da xuventude agora dinamizado pero para m\u00e1is maiores), ou a iniciativa da pasada semana &#8216;Ribadeo aberto&#8217;, cousas que se suman a outras como as potenciadas dende a <a href=\"http:\/\/casa-das-letras.blogspot.com.es\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Casa das Letras<\/a>, coas s\u00faas diversas actividades, ou os diversos clubes deportivos e asociaci\u00f3ns, como as marat\u00f3ns de f\u00fatbol, as charlas e cineforum de O Tes\u00f3n, a presentaci\u00f3n dun novo episodio da memoria de Ribadeo pora Atalaia, etc. Non pretendo ser exhaustivo porque de seguro que me esquecer\u00eda dalgunha iniciativa.<\/p>\n<p>Todas as actividades potencian a ecolox\u00eda cultural e vital de Ribadeo, pero coido que haber\u00eda que ter coidado con que nalg\u00fan caso se faga uso da difusi\u00f3n sen nada (ou moi pouco) detr\u00e1s, esperando que despois do anuncio, a iniciativa se desenvolte por si soa, haxa unha competencia entre iniciativas que afogue a t\u00f3dalas que compiten por un espazo como o de Ribadeo, cun volume de atenci\u00f3n posible abondo reducido en xeral, ou polo contrario, que se tente vigorizar unha determinada corrente con recursos en detrimento doutras posibilidades en troques de consideraci\u00f3n de actividade a actividade. Falaba Darwin da supervivencia das especies e da mellora da mesma nun medio diversificado, pero tam\u00e9n da competencia polos recursos que pode levar \u00e1 extinci\u00f3n \u00e1s menos adaptadas nun momento dado, e que \u00e9 doado variar \u00e1s veces coa variaci\u00f3n artificial dos recursos do medio.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A variedade abre posibilidades, oportunidades, e desfrute. Dende a an\u00e9cdota de que o coche pod\u00eda ser de calquera cor, sempre que f\u00f3ra negra dos comezos da Ford ata a camisa Mao do uniforme chino, a uniformidade sempres se usou, mesmo se impuxo, pero como paso mentras non se daba resposta \u00e1 diversidade ou como imposici\u00f3n [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-7454","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7454","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7454"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7454\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7454"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7454"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7454"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}