{"id":7446,"date":"2012-07-11T09:50:00","date_gmt":"2012-07-11T07:50:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:29:27","modified_gmt":"2024-11-12T13:29:27","slug":"20120710-pleno","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2012\/07\/11\/20120710-pleno\/","title":{"rendered":"20120710 pleno"},"content":{"rendered":"<p>Correspondente coa <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2012\/07\/hoxe-martes-10-de-xullo-habera-pleno.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">entrada de aviso do pleno<\/a>, onte celebrouse unha sesi\u00f3n que voltou a non ser curta, pois cara \u00e1s dez e media remataban a terceira moci\u00f3n, e despois delas a\u00ednda quedaba o apartado de rogos e preguntas, na que faltou unha concelleira do equipo de goberno e na que houbo no momento de m\u00e1xima afluencia 16 asistentes, que para a media de xente na s\u00e1 non \u00e9 pouco.<\/p>\n<p>Por esta non houbo \u00f3 final preguntas de O Tes\u00f3n, pois supo\u00f1\u00edase (mal) que o retraso do pleno, co\u00f1ecido a pasada semana, ser\u00eda como \u00e9 tradicional, para luns seguinte, e non para onte, o que motivou non presentar a tempo as preguntas. <\/p>\n<p>A sesi\u00f3n comezou tras un previo para comentar o t\u00edtulo &#8216;catedralicio&#8217; que se concedeu \u00f3 concelleiros por (supo\u00f1\u00edase) ter visitado a zona pola que o autob\u00fas tur\u00edstico pasea \u00e1 xente durante d\u00faas horas e media, d\u00e1ndolles \u00f3 final o t\u00edtulo se demostran con fotos a s\u00faa participaci\u00f3n. No caso dos concelleiros, repito, supo\u00f1\u00edase a s\u00faa visita.<\/p>\n<p>No primeiro punto foi aprobada a acta correspondente \u00f3 <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2012\/05\/semipleno-ata-as-2359.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">pleno do 14 de maio<\/a>.<\/p>\n<p>2.-Expediente para extinci\u00f3n t\u00edtulo de ocupaci\u00f3n e desafiuzamento da<br \/>\nvivenda n\u00famero 13 da r\u00faa Paco Lanza (Grupo de Vivendas de Profesores<br \/>\nn\u00fam. 6242 B).<\/p>\n<p>Esp\u00faxose que hab\u00eda un ditame da comisi\u00f3n de facenda e un tr\u00e1mite de audiencia de 15 d\u00edas. A votaci\u00f3n foi un\u00e1nime a favor: 12-0-0 <\/p>\n<p>3.Expediente para dar nomes a diversas r\u00faas na Vila de Ribadeo.<\/p>\n<p>Foi a proposta da Xunta de portavoces, e especificouse que faltaba xente que ser\u00eda reco\u00f1ecida doutro xeito, como os concelleiros da \u00e9poca democr\u00e1tica (por exemplo, far\u00e1se un acto p\u00fablico a Jos\u00e9 Duarte), as\u00ed como que todos os grupos cederan algo e fac\u00edan s\u00faas o conxunto de propostas aceptadas, se ben houbo algunha referencia a preferencias pol\u00edticas. Para finalizar, lembrouse que o acto de reco\u00f1ecemento (nun acto ou varios, pois son moitos) debeser exactamente igual en todos os casos. Igualmente, houbo unanimidade: 12-0-0<\/p>\n<p>4.-Modificaci\u00f3ns na RPT deste Concello.<\/p>\n<p>Foi o punto que levantou m\u00e1is discusi\u00f3n, e na introducci\u00f3n d\u00edxose que na comisi\u00f3n f\u00f3ra aprobada s\u00f3 cos votos do BNG e abstenci\u00f3n de PSOE e PP (con ausencia de UPRi). A li\u00f1a argumental do PSOE foi que non participara na s\u00faa xesti\u00f3n previa, nin ti\u00f1a legalmente por que, que ti\u00f1a cousas boas e malas, pero que o trasfondo non era comaprtido. UPRi apuntou que non sab\u00eda se as conversas estaban cerradas, pediu transparencia e preguntou que \u00edan sacar os veci\u00f1os. O PP, por boca de Azucena, fixo unha exposici\u00f3n m\u00e1is detallada, resaltando a dicotom\u00eda entre xente que ten d\u00faas tardes e outra, &#8216;especial adicaci\u00f3n horaria&#8217;, e que consol\u00eddanse os complementos espec\u00edficos, as\u00ed como que o RPT non sup\u00f3n aforro, e que dentro do traballo corresponden a cada traballador incl\u00faese unha coletilla para inclu\u00edr calquera tarefa en raz\u00f3n de cargo ou categor\u00eda.<\/p>\n<p>O alcalde defendeu unha transparencia in\u00e9dita, enfatizou que se mant\u00e9n o emprego p\u00fablico e non se reduce soldo nin ning\u00fan traballador cobra un soldo de miseria. Asemade, en en referencias \u00e1 falta de datos \u00e1 que tam\u00e9n se referiu o representante d eUPRi, axustou que se pode pedir o orzamento e, como concelleiro, a n\u00f3mina de cada traballador. Como excepci\u00f3n, suben o soldo a bibliotecaria e o t\u00e9cnico de turismopor aumento de xornada. Explicou a diferenza entre &#8216;especial adicaci\u00f3n&#8217;, que representa d\u00faas tardes que, a diferenza do que vi\u00f1a sucedendo, est\u00e1n especificadas en canto \u00f3 que representan en horario, e a &#8216;dispo\u00f1ibilidade horaria&#8217;, que representa que se pode chamar a calqeura hora, con compensaci\u00f3n posterior en horas ou soldo, axustando que se tratar\u00e1 de facer uso desta posibilidade do xeito m\u00e1is escaso posible. Axustou tam\u00e9n que a maior\u00eda sindical non o aceptou.<\/p>\n<p>Da segunda rolda de intervenci\u00f3ns dicir que o PP queda \u00e1 espera das alegaci\u00f3ns sindicais, e o alegato do alcalde de que para defende a funci\u00f3n p\u00fablica hai que facer que rinda. A votaci\u00f3n, 6 a favor-6 abstenci\u00f3ns-o en contra.<\/p>\n<p>5.- Control dos \u00f3rganos da Corporaci\u00f3n (art. 46.2 da Lei 7\/1985, de 2<br \/>\n de abril, reguladora das Bases de R\u00e9xime Local). Dacion de conta de<br \/>\ndecretos da Alcald\u00eda.<\/p>\n<p>A\u00ednda que levou un certo tempo, destaco s\u00f3 algunha curiosidade. Unha, a voltas coa definici\u00f3n\/indefinici\u00f3n de &#8216;Sonda Norte&#8217; e a a participaci\u00f3ndo concello na mesma, a conta de facturas pagadas. Unha pregunta moi corti\u00f1a sobre a aportaci\u00f3n do concello \u00e1 visita dos p\u00edcaros saharauis, que deu p\u00e9 a dicir que este ano s\u00f3 ve\u00f1en 3 (aportaci\u00f3n do concello, 1 700 \u20ac), e a pregunta (en galego) sobre unha alegaci\u00f3n que inclu\u00eda unha queixa por estar o PXOM s\u00f3 en galego, que \u00f3 parecer, foi respondida en castel\u00e1n<\/p>\n<p>Moci\u00f3ns:<\/p>\n<p>1.- Moci\u00f3n do BNG sobre fumigaci\u00f3ns.<\/p>\n<p>2.- Moci\u00f3n do PSG-PSOE sobre fumigaci\u00f3ns.<\/p>\n<p>Foron tratadas en conxunto e votadas co mesmo resultado: 8-0-4. Parece que a diferenza entre ambas estaba que a do PSOE inclu\u00eda o feito que a substancia qu\u00edmica <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2012\/04\/nosa-saude-faigome-eco.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Flufenoxur\u00f3n<\/a> afecta tam\u00e9n \u00e1s abellas. Chamoume a atenci\u00f3n na discusi\u00f3n o que entendo foi a relativizaci\u00f3n, por parte do PP na defensa da s\u00faa postura contra a moci\u00f3n e a favor da Xunta, da relativizaci\u00f3n da ciencia como opini\u00f3n (algo que sigo por outros motivos) e a cualificaci\u00f3n da fumigaci\u00f3n a\u00e9rea como loita biol\u00f3xica que se fixo nun momento determinado e que entendo que foi algo as\u00ed como un desliz no fragor da batalla. Houbo unha discusi\u00f3n sobre se a Xunta segu\u00eda ou non criterios t\u00e9cnicos e cient\u00edficos, sobre se tivo ou non xuntanzas e\/ou enviou t\u00e9cnicos a convencer \u00e1 xente para a aplicaci\u00f3n (negaci\u00f3n por unha beira e aseveraci\u00f3n -&#8216;p\u00f3doo demostrar&#8217;- por outra), se compet\u00eda ou non \u00f3 concello prohibir ou pedir, sobre se se estaban a xulgar intenci\u00f3ns e non feitos, sobre se se estaba a crear alarma social ou son as fumigaci\u00f3ns xa feitas as que a crean, &#8230; Present\u00e1ronse 200 sinaturas aportadas pola Asamblea A Mari\u00f1a-Occidente (movemento 15M)<\/p>\n<p>3.- Moci\u00f3n do PP sobre petici\u00f3n de dimisi\u00f3n do Presidente e Vicepresidente da Deputaci\u00f3n de Lugo.<\/p>\n<p>O resultado da votaci\u00f3n, 7 en contra-1 abstenci\u00f3n-4 a favor debuxa o mapa pol\u00edtico do concello na actualidade, o que non obviou unha discusi\u00f3n na que o tema central foi o pago dun anuncio con logo e nome da Deputaci\u00f3n co mesmo lema que unha campa\u00f1a do BNG (&#8216;rescatan \u00e1 banca, rouban \u00f3 pobo&#8217;). Eduardo Guti\u00e9rrez amosou documentaci\u00f3n na que se certificaba que non se pagou con fondos p\u00fablicos e si con fondos do BNG, e Fernando Su\u00e1rez axustou que foi un tema que erro na maquetaci\u00f3n, sendo ambas cousas co\u00f1ecidas polos po\u00f1entes da moci\u00f3n. A resposta do PP incl\u00edu que non se cr\u00edan as explicaci\u00f3ns, e o segundo turno do alcalde, que estabamos a entrar nas insidias propias da campa\u00f1a electoral.<\/p>\n<p>4.- Moci\u00f3n do BNG sobre supresi\u00f3n da oficina liquidadora.<\/p>\n<p>5.- Moci\u00f3n do PSOE sobre a Axencia Tributaria de Galicia.<\/p>\n<p>Foron tratados asemade de xeito conxunto, se ben xa non podo dicir m\u00e1is do tema.<\/p>\n<p>6.- Moci\u00f3n do BNG polo futuro da comarca da Mari\u00f1a.<\/p>\n<p>Rogos e preguntas.<\/p>\n<p>Mentras se estaba a celebrar o pleno, unha marcha nouturna a partir do coraz\u00f3n dos mineiros ench\u00eda as r\u00faas de Madrid con 200 000 persoas e unha sombra informativa na televisi\u00f3n, compensada nas redes sociais.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Correspondente coa entrada de aviso do pleno, onte celebrouse unha sesi\u00f3n que voltou a non ser curta, pois cara \u00e1s dez e media remataban a terceira moci\u00f3n, e despois delas a\u00ednda quedaba o apartado de rogos e preguntas, na que faltou unha concelleira do equipo de goberno e na que houbo no momento de m\u00e1xima [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[38,42],"class_list":["post-7446","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-eduardo-gutierrez","tag-plenos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7446","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7446"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7446\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7446"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7446"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7446"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}