{"id":7433,"date":"2012-07-19T23:06:00","date_gmt":"2012-07-19T21:06:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:29:00","modified_gmt":"2024-11-12T13:29:00","slug":"nota-de-prensa-do-comite-de-empresa-do","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2012\/07\/19\/nota-de-prensa-do-comite-de-empresa-do\/","title":{"rendered":"Nota de prensa do comit\u00e9 de empresa do concello de Ribadeo (de 20120718)"},"content":{"rendered":"<p>O Comit\u00e9 de Empresa de Ribadeo diante das medidas aprobadas polo Goberno municipal en materia de horarios e funci\u00f3ns dos traballadores do Concello  quere manifestar o seguinte:<br \/>\n1.-  As medidas aprobadas foron comunicadas aos representantes dos traballadores  en sendas Mesas de Negociaci\u00f3n que de negociaci\u00f3n s\u00f3 ti\u00f1an o nome pois a actitude do Goberno Municipal foi de imposici\u00f3n das mesmas .<br \/>\n2.- Os traballadores do Concello estamos fartos de que o Alcalde utilice os medios de comunicaci\u00f3n para denigrar a nosa imaxe e presentarnos diante da opini\u00f3n publica como uns \u201cvagos e maleantes\u201d. No m\u00e1is puro estilo populista, m\u00e1is propio de dirixentes conservadores que dun representante dun partido progresista e de esquerdas, o Alcalde dia si e dia tam\u00e9n carga contra os traballadores nos medios fac\u00e9ndolle un fraco favor \u00e1 imaxe dos servizos p\u00fablicos, e contribu\u00edndo a caricaturizar a nosa labor. Isto ten mais gravidade sendo el,tam\u00e9n, un traballador da administraci\u00f3n local. Non era a nosa intenci\u00f3n contestar a estas provocaci\u00f3ns diante dos medios, pois entendemos que iso \u00e9 o que o que el pretende , pois parece comulgar coa ola neoliberal imperante que carga contra o sector publico e os seus traballadores.<br \/>\n3.- NON temos ning\u00fan problema,e as\u00ed llo manifestamos reiteradamente, en que se controlen os horarios e se cumpra coa xornada estipulada no convenio, faltar\u00eda mais, pois estamos convencidos de que isto xa se cumpre na inmensa maior\u00eda dos casos. Se existe algunha conduta incorrecta ser\u00e1 de xeito excepcional e ten capacidade de sobra o Alcalde, como Xefe de persoal, para corrixila polos medios legalmente establecidos. Esa \u00e9 a s\u00faa responsabilidade.<br \/>\n4.- Mostra da s\u00faa mala fe negociadora foi a denuncia que fixo do Convenio Colectivo o mesmo dia que nos presentaba as reformas de horarios e funci\u00f3ns. O Estatuto dos Traballadores establece a obriga de constitu\u00edr unha comisi\u00f3n negociadora no prazo dun mes dende a denuncia do convenio, e o Alcalde negouse a convocala, mesmo despois de solicitarlla n\u00f3s por escrito. A nosa pretensi\u00f3n era negociar as modificaci\u00f3ns de horarios e funci\u00f3ns dentro desa comisi\u00f3n, como \u00e9 l\u00f3xico, pero o Alcalde demostrounos que a denuncia do convenio era unha manobra para chantaxearnos e presionarnos para aceptar as s\u00faas propostas.<br \/>\n5.- O Alcalde ac\u00f3llese as\u00ed \u00e1s reformas que dende o goberno do Partido Popular  se est\u00e1n levando a cabo, e er\u00edxese en abandeirado das mesmas. Critica na r\u00faa e nos medios unhas reformas que con entusiasmo e prontitude aplica, antes, incluso, que outros alcaldes de distintas cores pol\u00edticas.<br \/>\n6.- A famosa coletilla que inclu\u00edu en todos os postos de traballo da RPT coa finalidade, segundo el, de que todos os traballadores deban facer calquera funci\u00f3n, vai dar pe \u00e1 arbitrariedade e a posibles abusos por parte dos responsables municipais.<br \/>\n7.- Sabemos que, desgraciadamente, a nova lexislaci\u00f3n laboral fai posible que dentro da administraci\u00f3n se tomen medidas contra os dereitos adquiridos dos traballadores p\u00fablicos, medidas que lonxe de mellorar os servizos ou provocar aforro aos contribu\u00edntes o que pretenden \u00e9 aumentar o poder e a discrecionalidade dos gobernantes de turno. Intentaremos polos medios legais defender as nosas teses, sen caer en practicas de descualificaci\u00f3n nin entrar en pol\u00e9micas que o \u00fanico que fan \u00e9 contribu\u00edr a deteriorar a imaxe do sector p\u00fablico ao que pertencemos.<br \/>\n8.- Sent\u00edmonos decepcionados  cun goberno municipal que lonxe de buscar soluci\u00f3ns dende o dialogo o fai dende a imposici\u00f3n e a descualificaci\u00f3n, que lonxe de po\u00f1er en valor diante dos veci\u00f1os de Ribadeo a importancia e eficacia dos servizos p\u00fablicos do Concello ded\u00edcase a desprestixialos, que lonxe de defender uns servizos p\u00fablicos de calidade parece empe\u00f1ado en sentar as bases para a s\u00faa desafecci\u00f3n na sociedade e a futura desaparici\u00f3n e privatizaci\u00f3n. E todo isto vindo dun goberno de persoas que presuntamente deber\u00edan defender todo o contrario par\u00e9cenos a\u00ednda m\u00e1is grave.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Comit\u00e9 de Empresa de Ribadeo diante das medidas aprobadas polo Goberno municipal en materia de horarios e funci\u00f3ns dos traballadores do Concello quere manifestar o seguinte: 1.- As medidas aprobadas foron comunicadas aos representantes dos traballadores en sendas Mesas de Negociaci\u00f3n que de negociaci\u00f3n s\u00f3 ti\u00f1an o nome pois a actitude do Goberno Municipal [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-7433","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7433","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7433"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7433\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7433"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7433"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7433"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}