{"id":7431,"date":"2012-07-21T23:58:00","date_gmt":"2012-07-21T21:58:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:28:58","modified_gmt":"2024-11-12T13:28:58","slug":"a-corbeta-mercante-bella-antonia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2012\/07\/21\/a-corbeta-mercante-bella-antonia\/","title":{"rendered":"A corbeta mercante \u201cBELLA ANTONIA\u201d. Pancho Campos"},"content":{"rendered":"<p>&#8211;<em>Artigo para o libro das Festas do Carme 2012 escrito por Pancho Campos, que espero en breve ser\u00e1 acompa\u00f1ado con alg\u00fan outro relativo \u00e1 influenza no desenvolvemento da zona e capa da r\u00eda que tivo a ponte dos Santos, a punto de cumprir 25 anos (inaugurado o 29 de xullo de 1987)<\/em>&#8211;<\/p>\n<p>Os barcos representan desde a remota antig\u00fcedade unha das formas m\u00e1is avanzadas de medir o grado de civilizaci\u00f3n en que se atopaban os pobos que os constru\u00edan. Cretenses, fenicios, exipcios, gregos, romanos, escandinavos e chinos dan mostra nos seus grabados e restos arqueol\u00f3xicos, de ser pobos de \u00e1mplia civilizaci\u00f3n e desenrolo no estudio das ciencias, polas s\u00faas t\u00e9cnicas de Construcci\u00f3n Naval e<br \/>\ncomo consecuencia das s\u00faas navegaci\u00f3ns, foron precursores do Comercio Mar\u00edtimo que abr\u00edu as portas do mundo o intercambio de todo tipo de produtos agr\u00edcolas e artes\u00e1ns, extendendose as s\u00faas t\u00e9cnicas de cultivo e artesanais, por t\u00f3dolos continentes. As rutas mar\u00edtimas abriron as portas hacia o co\u00f1ecemento m\u00e1is profundo do saber de outros pobos lonxanos, abriron as portas da civilizaci\u00f3n mundial.<\/p>\n<p>Sempre me gustaron os barcos e a Historia, e para a mi\u00f1a sorpresa, atopo con que as historias m\u00e1is entra\u00f1ables de barcos, est\u00e1n nos mercantes de Ribadeo. Unha lista de 43 barcos mercantes que me amosa o meu amigo Pablo Rodr\u00edguez Fern\u00e1ndez, \u201cVivin\u201d, foi a espoleta que fixo saltar a meu instinto de b\u00fasqueda das s\u00faas historias, todos eles son de Armadores afincados en Ribadeo. Co\u00f1ec\u00eda a s\u00faa parte comercial, polo documentado libro de Chemi Lombardero Rico: \u201cO Porto Comercial de Ribadeo\u201d. Pero hai moito m\u00e1is, de ambiente mari\u00f1eiro, e quero destacar hoxe aqu\u00ed, unha das viaxes da Corbeta mercante \u201cBella Antonia\u201d, cuxa parte da s\u00faa historia mar\u00edtima dice as\u00ed:<\/p>\n<p>Corbeta mercante \u201cBELLA ANTONIA\u201d Porte: 309 Tm (TRB)<br \/>\nQuilla: 91 p\u00e9s de Burgos; Eslora: 100\u2019; Manga: 27\u2019; Puntal: 16\u2019; Plan: 18\u2019 <\/p>\n<p>(Nota: 1 vara de Burgos = 0,835905 metros   1 p\u00e9 de Burgos = 27,8635 cm.) <\/p>\n<p>(Caracter\u00edsticas expresadas en escritura de 8 de Febreiro de 1852)<\/p>\n<p>Armadores: D. Antonio Casas \/\/ D. Antonio Garc\u00eda de Tr\u00edo da cidade da Habana<br \/>\nConstructor: D. Jos\u00e9 Ron, no Asteleiro de Viabelez.<\/p>\n<p>Mandada polo 2\u00ba Piloto D. Agust\u00edn Torrontegui <\/p>\n<p>Unha Corbeta de 100 p\u00e9s de eslora, de mediados do s\u00e9culo XIX, arbolaba tres palos: trinquete e maior con aparello redondo ou de velas cuadras, e mesana de cangrexa, con sobremesana e perico redondos. No baupr\u00e9s catro foques. Era como unha Fragata, pero de menor tonelaxe. As alturas dos palos, seg\u00fan a lexislaci\u00f3n Inglesa de 1835, eran das medidas aproximadas seguintes: macho maior: 78\u2019; mastelero maior: 26\u2019; mastelerillo maior: 13\u2019 e para o galope ou mastelerillo de sosobre: 6\u2019.<\/p>\n<p>Resultando unha guinda de: 123\u2019 (p\u00e9s) = 41 metros (altura desde a fogonadura a galleta do pao). As\u00ed o Bella Antonia, non poder\u00eda entrar hoxe arbolado no Porto de Ribadeo, pois non pasar\u00eda por debaixo do mamotreto, fruto da \u201cmodern\u00edsima\u201d Inxenier\u00eda Civil, chamado a Ponte dos Santos. <\/p>\n<p>Por motivos de fletamento ou de tasas, o \u201cBella Antonia\u201d, en 8 de Xu\u00f1o de 1852, volve a ser arqueado polo Carpinteiro de Maestranza da matr\u00edcula de Rivadeo, D. Antonio Mart\u00ednez, dando: Eslora: 110 pes de Burgos; Manga: 29\u2019; Puntal: 18\u2019 o que resulta un porte de 402 Tm. Esto \u00e9 unha tonelaxe 100 Tm. superior ca orixinal. Creemos que esto fora debido a motivos comerciais, pois en casi t\u00f3dolos barcos, era pr\u00e1ctica com\u00fan o facer unha nova medida de Arqueo, seg\u00fan o flete, viaxe ou tipo de carga a que fora destinado.<\/p>\n<p>E aqu\u00ed chegamos a rese\u00f1a documentada, transcrita a letra (sic), que despertou o meu inter\u00e9s por este barco:<\/p>\n<p>\u201cEl C\u00f3nsul de S.M. (Su Majestad) en Singapur en oficio de 30 de Enero de 1860, remite a esta Comandancia (de Rivadeo) en cumplimiento de lo que previene la Ley 28-octubre-1837, un testimonio en que se expresa la carena y composici\u00f3n que se ha dado en aquel puerto, y su coste, a la Corbeta espa\u00f1ola \u201cBella Antonia\u201d, al mando de su Capit\u00e1n D. Jos\u00e9 Torrontegui, que llego con Gruesa Aver\u00eda el 9 de Noviembre anterior (1859) procedente de Manila y sali\u00f3 para La Coru\u00f1a el 20\u2013Enero-1860\u201d.<br \/>\n\u201cEl testimonio es como sigue: \u201cConsulado de Espa\u00f1a en Singapur N\u00ba1, D. Balbino Cort\u00e9s, C\u00f3nsul por S.M. (q.D.g.) = Certifico y doy fe que el d\u00eda 5 de Noviembre de 1859, se present\u00f3 en este Consulado a hacer declaraci\u00f3n de Aver\u00eda el Capit\u00e1n D. Jos\u00e9 de Torrontegui de la Corbeta espa\u00f1ola Bella Antonia, el cual despu\u00e9s de cumplir con todas las prescripciones del C\u00f3digo de Comercio, se procedi\u00f3 al reconocimiento pericial de su citado buque y a su composici\u00f3n, la cual consisti\u00f3: Primero: En reconocer los sitios por donde su casco hac\u00eda agua, siendo preciso darle de quilla y desforrarle los fondos. Segundo: Que en ellos faltaban algunas planchas de cobre y que hubo necesidad de cubrirlas con gala-gala y felpa, despu\u00e9s de calafateado y forrarlo de metal de nuevo. Tercero: Que la tablaz\u00f3n ro\u00edda por la broma, ha sido reemplazada con obra nueva de teca y claveteada de cobre. Cuarto: Que se le han puesto al tim\u00f3n dos nuevas hembras de metal con sus correspondientes pernos y Quinto: Que el coste a que han ascendido estas reparaciones han llegado a la cantidad de 3.413 pesos fuertes con 76 c\u00e9ntimos.<\/p>\n<p>Certifico adem\u00e1s que se ha entregado al dicho Capit\u00e1n D. Jos\u00e9 de Torrontegui todo el expediente original, en el cual consta su tramitaci\u00f3n y que ha quedado en esta Canciller\u00eda dicho duplicado y aut\u00e9ntico. En 30 de Enero del a\u00f1o de 1860 = El C\u00f3nsul de S.M. Balbino Cort\u00e9s = Hay un sello\u201d. Lo que se anota por providencia del Sr. Comandante de Rivadeo de 2 de Abril de 1860 (Firmado: Palacio)<\/p>\n<p>Como podemos ver, esta Corbeta de 300 Tm de Rivadeo chegaba a Manila, a Filipinas \u00a1nada menos! e reparaba en Singapur de viaxe de volta. \u00c9 de suli\u00f1ar que non atopo ning\u00fan barco de Rivadeo, cun viaxe semellante. Os viaxes a La Habana; Puerto Rico; Bos Aires, Amberes, Cardiff, Liverpool, Londres, Terranova, eran os viaxes normales, pero a Manila non era nada normal, pois \u00bfcal non ter\u00eda que ser o precio da carga, para que compensara traer algo m\u00e1is de 300 Tm. netas?. Coloniales seguramente: vaixelas completas e pezas de porcelana fina, mant\u00f3ns de Manila de riqu\u00edsmo bordado; mobles e tallas de madeiras nobles de meticulosa filigrana, todas elas xoias da artesan\u00eda, \u00a1un flete chamado de \u201ccarga de valor ou preciosa\u201d! <\/p>\n<p>A seguinte nota, da idea do tempo que tardou en facer a viaxe: \u201cEl 2 de Junio de 1860 entr\u00f3 (en Rivadeo) la Corbeta \u201cBella Antonia\u201d procedente de La Coru\u00f1a\u201d, as\u00ed que si sale de Singapur 20-Xaneiro-1860, e entra en Ribadeo o 2-Xu\u00f1o-1860, si\u00f1ifica que en algo m\u00e1is de tres meses, fixo a vela m\u00e1is de 12.000 millas de navegaci\u00f3n, pois xa proced\u00eda da Coru\u00f1a, seguramente para descargar o cargamento de Manila, o que lle levaba m\u00e1is-menos 20 d\u00edas de plancha ou surto na abra do porto&#8230; toda a viaxe casi de un tir\u00f3n. \u00a1Casi nada!<\/p>\n<p>E como todo se acaba neste mundo, logo de 16 anos de navegaci\u00f3n por t\u00f3dolos mares do mundo, chega o retiro e dice unha nota: \u201cA solicitud de los propietarios, este buque fue desguazado y desecho totalmente en el Carenero de la Villavieja, previo permiso del Comandante de la Provincia (Mar\u00edtima) lo que se anota en Rivadeo a 10 de Marzo de 1868. El encargado del Detall (D. Juan Tom\u00e1s Cucullu Alferez de Nav\u00edo) (Firmado: Cucullu)\u201d<\/p>\n<p>Reflexionando sobre o antedito, e vista a Historia dos s\u00e9culos XVII e XVIII e dos m\u00e1is de 50 barcos mercantes que contribu\u00edron \u00f3 Rivadeo pr\u00f3spero do s\u00e9culo XIX, recorro con nostalxia as calles do noso Ribadeo antiguo para ver os vest\u00edxios que quedan das casas de Armadores, Capitanes, Maestros Constructores, mari\u00f1eiros e da xente que traballaba no porto, para entender que pasou con aquel tempo que trouxo a construcci\u00f3n dos Portos de Porcill\u00e1n, e de Figueir\u00faa, as v\u00edas f\u00e9rreas, o Cargadeiro, as Casas de Indianos e os edificios emblem\u00e1ticos como a Torre dos Moreno, a Plaza de Abastos, a Granxa Pedro Murias, o progreso e industrializaci\u00f3n crecente, as conserveiras de pescado, a f\u00e1brica de li\u00f1o, os aserradoiros de roble, casta\u00f1o e pino, de Consulados, de Xuzgado de Primeira Instancia&#8230;de Academias de Ense\u00f1anza, talleres de Pintores e de oficios diversos de artes\u00e1ns de t\u00f3dolos gremios&#8230;. incluso por aqueles finales dos 1890 se reconstru\u00edu a Terceira \u00d3rden e o Convento de S. Francisco, en fin, un pobo en progreso crecente&#8230; e por desgracia, chego a conclusi\u00f3n, de que nunca m\u00e1is volver\u00e1n aqueles tempos, pois tendo como t\u00ed\u00f1amos a magn\u00edfica herdanza da R\u00eda de Ribadeo con calado dabondo, nun Porto Comercial coas rutas abertas o mundo enteiro, donde atracaban os barcos de mediano porte da \u00e9poca, fonte indispensable de propulsi\u00f3n da nosa econom\u00eda local e comarcal, fomos incapaces de parar as obras da Inxener\u00eda Civil desastrosa, como: a Ponte dos Santos, feita como un tabl\u00f3n de andamio, apoiado entre acantilados e sobre pilastras centrales (para que non lles caiga o tabl\u00f3n) fincadas na R\u00eda, e cuxas zapatas distorsionan o transcurrir natural do fluxo e refluxo das mareas, que xunto coas \u201cmagn\u00edficas obras de inxenier\u00eda\u201d da escollera e recheos varios, producen a colmataci\u00f3n de area m\u00e1is desastrosa que puidera imaxinar o mellor artificiero de destrucci\u00f3n masiva dun porto. En 1787 Porcill\u00e1n ti\u00f1a un fondeadoiro con amplias zonas de 8 e 13,5 metros de calado en marea baixa e hoxe o centro do canal ten 6 metros en marea chea. \u00a1Non hai derecho, que se permita facer obra p\u00fablica con fondos do herario p\u00fablico a personas tan incompententes!<\/p>\n<p>Non quero acabar sin decir, que a Ponte dos Santos \u00e9 necesaria. Sin duda. Pero unha ponte feita baixo estudos serios de impacto ambiental, con inxenier\u00eda intelixente e con xuizo para crear futuro, con al menos 42 metros de altura ou con g\u00e1libo de navegaci\u00f3n axeitado as necesidades dos barcos modernos; prevendo a menor obstaculizaci\u00f3n do canal, sin pilastras, nin zapatas fincadas na R\u00eda, o que puidera ser resolto cun arco de alto peralte, estribado nos acantilados, tipo viaducto da Concha de Artedo, ou unha ponte atirantada, ou colgante&#8230; en fin, algo do noso tempo e non unha ponte \u201cneo-rom\u00e1nica\u201d chea de m\u00e1is badenes que unha monta\u00f1a rusa, e que de seguir as\u00ed, terminar\u00e1 caendo polo seu propio peso&#8230; <\/p>\n<p>Por outra banda, para volver a ver un Ribadeo con Porto Comercial competitivo, deber\u00eda unirse por v\u00eda f\u00e9rrea coa meseta, obra xa estudiada no s\u00e9culo XIX hasta Villafranca, tan necesaria daquela como hoxe, para unha econom\u00eda provincial pr\u00f3spera, e tam\u00e9n ser\u00e1 necesario facer limpeza total da escollera e dos rompeolas diversos, que fan de tap\u00f3ns do canal e que non sirven para nada&#8230;<\/p>\n<p>\u00bfComo \u00e9 posible que non se poida hoxe ir e vir a Veiga en piragua sin varar?. \u00c9 intolerable que toda a p\u00e9sima construcci\u00f3n civil que se fixo a partires de 1985 se siga mantendo en p\u00e9, a pesar de verse a todas luces que est\u00e1 destru\u00edndo todo o noso futuro de desenrolo industrial, pois estase terminando de cegar de forma irreversible, a principal v\u00eda de comunicaci\u00f3n de Ribadeo, a Autopista dos Oc\u00e9anos que representa a R\u00eda de Ribadeo.<\/p>\n<p>Felices Festas da Virxen do Carmen a todos, e inv\u00edtovos a reflexionar sobre todo esto un minuto, en particular os que sentides o mundo do mar a flor de piel.<br \/>\nPancho Campos Dorado<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8211;Artigo para o libro das Festas do Carme 2012 escrito por Pancho Campos, que espero en breve ser\u00e1 acompa\u00f1ado con alg\u00fan outro relativo \u00e1 influenza no desenvolvemento da zona e capa da r\u00eda que tivo a ponte dos Santos, a punto de cumprir 25 anos (inaugurado o 29 de xullo de 1987)&#8211; Os barcos representan [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46,120],"class_list":["post-7431","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos","tag-ponte-dos-santos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7431","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7431"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7431\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7431"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7431"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7431"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}