{"id":7428,"date":"2012-07-25T10:36:00","date_gmt":"2012-07-25T08:36:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:28:53","modified_gmt":"2024-11-12T13:28:53","slug":"non-se-escoitan-os-rumorosos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2012\/07\/25\/non-se-escoitan-os-rumorosos\/","title":{"rendered":"Non se escoitan os rumorosos"},"content":{"rendered":"<p>25 de xullo, e non se escoitan os rumorosos.<\/p>\n<p>Quiz\u00e1is porque os pinos de Pondal foron substitu\u00eddos por eucaliptus ou c\u00e1litros, o rumor xa non \u00e9 o mesmo.<\/p>\n<p>Pode que a falta de entendemento ve\u00f1a de que a Galicia de hoxe ten pouco que ver coa de hai tempo, ou porque os galegos (si, coa coletilla de &#8216;e galegas&#8217; para quen lle faiga falla) non s\u00f3 escreben m\u00e1is na lingua de Cervantes que na de Rosal\u00eda, sen\u00f3n que tam\u00e9n falan m\u00e1is na de Machado que na de Castelao -a\u00ednda que Machado fixera os seus pini\u00f1os en galego e Rosal\u00eda algo m\u00e1is que pinos en castel\u00e1n-<\/p>\n<p>Oc\u00f3rreseme que sexa porque a costa verdecente onde se atopaban os rumorosos agora xa s\u00f3 deixa escoitar galernas entre os ocos dos edificios.<\/p>\n<p>Mais, chegados un pouco m\u00e1is adiante no himno, \u00f3 escoitar os atributos dos non entendedores, t\u00e9\u00f1oo m\u00e1is craro: te\u00f1en importancia as causas anteriores, si, mais en particular non se escoitan os rumorosos polos atributos de quen estar\u00eda en mellor posici\u00f3n para escoitalos e obrar en pertinencia. Sobresae o ruxe ruxe do frotamento dos cartos uns contra os outros, e do roce familiar e doutras influenzas, nun recinto a salvo de rumorosos e do pobo que os pode escoitar. Sobresaen os pensamentos de docilidade a unha estrutura. Sobresaen os feitos de non ser menos nin igual que \u00f3 da beira, e menos colaborar con el no balbordo &#8230;<\/p>\n<p>Que fermosa terra e que carallo de xente! \u00e9 unha expresi\u00f3n que escoitei tempo despois de chegar a Ribadeo a outro vido do interior de Galicia, como extremo dun dito que ti\u00f1a recibido en diversas versi\u00f3ns menos s\u00fabitas. A terra \u00e9 fermosa, pero a xente podemos facela m\u00e1is o desfacela. Non se trata de perseguir rumores, sen\u00f3n de atender \u00f3s rumorosos.<\/p>\n<p>Mentras, feliz Santiago, que a ansia de felicidade define \u00f3 ser humano.<\/p>\n<p>&#8211;<\/p>\n<p>Un engadido posterior: <\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/a.yfrog.com\/img532\/6194\/9akvx.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"240\" src=\"http:\/\/a.yfrog.com\/img532\/6194\/9akvx.jpg\" width=\"320\" \/><\/a><\/p>\n<p>A foto, collida de&nbsp; http:\/\/a.yfrog.com\/img532\/6194\/9akvx.jpg a traverso de Lourenzo Fdez. Prieto, coido que vai un pouco m\u00e1is al\u00f3 do que escrib\u00edn, din que est\u00e1 tomada esta mesma ma\u00f1\u00e1 en Bonaval.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>25 de xullo, e non se escoitan os rumorosos. Quiz\u00e1is porque os pinos de Pondal foron substitu\u00eddos por eucaliptus ou c\u00e1litros, o rumor xa non \u00e9 o mesmo. Pode que a falta de entendemento ve\u00f1a de que a Galicia de hoxe ten pouco que ver coa de hai tempo, ou porque os galegos (si, coa [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,18,32,13,9],"class_list":["post-7428","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-educacion","tag-filosofia","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7428","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7428"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7428\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7428"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7428"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7428"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}