{"id":7413,"date":"2012-08-04T23:02:00","date_gmt":"2012-08-04T21:02:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:28:25","modified_gmt":"2024-11-12T13:28:25","slug":"marcas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2012\/08\/04\/marcas\/","title":{"rendered":"Marcas"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Publicado o 19961231 na secci\u00f3n de A Mari\u00f1a \/ El Progreso, e premiado pola Asociaci\u00f3n de Consumidores, lembreime do artigo hoxe mesmo a conto dunha nota en Facebook de Suso L\u00f3pez, en relaci\u00f3n a <a href=\"http:\/\/www.lavanguardia.com\/vida\/20120804\/54333083895\/camisetas-definen.html\">iste artigo da Vanguardia<\/a>. A\u00ed vai pois &#8230;<\/p>\n<p><em>&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>Marcas&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;&nbsp; As primeiras marcas das que o\u00edn falar pode que foran as de gaseosa, pola competencia entre &#8220;La Casera&#8221;, &#8220;La Revoltosa&#8221; e outras moitas menores. Non \u00e9 que as marcas comerciais non existiran, \u00e9 que non se identificaba o nome correspondente como se fai agora. Daquela, unha camisa era unha camisa, a secas, e os traxes fac\u00edannos os xastres, que non lles po\u00f1\u00edan marca, a\u00ednda que fora com\u00fan o etiquetalos con algunha referencia. Logo, ese pequeno plantel de nomes comerciais que soaban foise ampliando a moitas outras cousas. Hoxe todo ten marca e con\u00f3ceselle, dende os coches que ate cativos de dous anos reco\u00f1ecen pola r\u00faa, identific\u00e1ndoos co nome e logotipo, \u00f3s pat\u00edns, por rematar con outra cousa con rodas.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;&nbsp; Nembargantes, as marcas como posesi\u00f3n o\u00ednas con posterioridade. Tampouco saber\u00eda dicir ben cando foi, pero creo que primeiro o\u00edn das marcas do gando e logo as do Imperio Carolinxio: ambas son expresi\u00f3n dunha pertenza. Moito despois o\u00edn falar, via tele, das marcas que fan os animais para delimitar o seu territorio, ou, a\u00ednda m\u00e1is tarde, as marcas que lles corresponden nos humanos para marcar sociol\u00f3xicamente &#8220;o noso terreo&#8221;.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;&nbsp; Hoxe, que as marcas comerciais nos invaden porque todo son produtos manufaturados baixo unha &#8220;marca&#8221;, atop\u00e1monos con que manifestan a posesi\u00f3n pero con orientaci\u00f3n diferente, relacionado con esas marcas de compravenda. Fai xa alg\u00fan tempo que os &#8220;ni\u00f1os pijos&#8221; comezaron a levar prendas &#8220;de marca&#8221;. O fen\u00f3meno parece que se foi extendendo a grupos sociais cada vez maiores, cobrando importancia non s\u00f3 en temas de roupa, senon tam\u00e9n en coches, bebidas&#8230; aument\u00e1ndose como signo de diferencia a outros m\u00e1is antigos: dende hai tempo, a xente &#8220;que pode&#8221; tratou de diferenciarse &#8220;dos com\u00fans&#8221; por pequenas minucias como poder ter unha xoia m\u00e1is ou a\u00ednda non s\u00f3 posuir un iate, senon con grifer\u00eda de ouro.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;&nbsp; A\u00ednda as\u00ed non deixan de chamar a atenci\u00f3n particular cousas como aquelas vestimentas que po\u00f1en algo as\u00ed como &#8220;property of &#8230;&#8221;, naturalmente, en ingl\u00e9s e cun nome a continuaci\u00f3n que soa a al\u00e9n das fronteiras a\u00ednda que sexa do p\u00e9 da nosa casa. Eso de levar roupa cun letreiri\u00f1o indicando que son propiedade de algo ou algu\u00e9n l\u00e9mbrame \u00f3s homes-anuncio que te\u00f1o visto nas pel\u00edculas americanas cun cartel por diante e outro por tras anunciando calquera cousa. A\u00ednda as\u00ed, aqueles homes anunciaban algo, non a s\u00faa pertenza cal escravos a unha marca comercial. Xa lle te\u00f1o tomado o pelo a alg\u00fan\/algunha que anunciaba a s\u00faa propia negaci\u00f3n persoal dese xeito, a modo de dependente dun imperialismo econ\u00f3mico. Con ese imperialismo, naturalmente, entran ideas, o capitalismo que as mant\u00e9n e outra lingua. En particular, unha idea: a de ser propiedade dun nome, por contra a ter n\u00f3s en propiedade o noso propio nome&#8230;&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;&nbsp; As\u00ed, os tempos de &#8220;ser do atleti&#8221; ou &#8220;ser do barsa&#8221; non pasaron, pero est\u00e1n deixando ver outras pertencias non tan anunciadas en conversas como vistas no comportamento e polo tanto, socialmente tan ou m\u00e1is importantes. A invasi\u00f3n da econom\u00eda en t\u00f3dalas esferas da vida estase manifestando por detalles como este das marcas. Cabe alegar que estas &#8220;minucias&#8221; non son m\u00e1is que a manifestaci\u00f3n dunha maior socializaci\u00f3n. E estar\u00eda dacordo con que a marcaxe dun territorio implica para as persoas unha elaboraci\u00f3n cultural e que non ten por que significar ning\u00fan tipo de invasi\u00f3n nin perda de persoalidade&#8230; se non fora porque o mesmo xeito de marcaxe referido non \u00e9 propio, senon mercador\u00eda, e non implica constru\u00edr algo para delimitar o territorio, senon sinxelamente un poder mercar imitable e imitado. E esa caracter\u00edstica, o ser imitable, limita a marcaxe a unha pertenza \u00f3 &#8220;club&#8221; dunha marca, s\u00ed, pero do estilo da se\u00f1al que o &#8220;se\u00f1or do rancho&#8221; pon \u00f3 seu gando. As\u00ed se explica que hoxe as marcas comerciais supo\u00f1an para os fabricantes un activo superior \u00f3 das f\u00e1bricas; de feito, moitos non te\u00f1en tan siquiera f\u00e1bricas propias. \u00bfQue importa, se te\u00f1en a posesi\u00f3n dos compradores?.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;&nbsp; De calquera xeito, non se poden olvidar outras marcas divisorias m\u00e1is arraigadas: Non esquezo que fai pouco tempo presenciei como unha rapaza, emparentada co propietario dun bar, neg\u00e1base a entrar noutro, alegando sinxelamente &#8220;eu a\u00ed non podo entrar&#8221;. Te\u00f1o visto sinais semellantes por enemistade ou calquer outra frusler\u00eda. Delimitaci\u00f3n do territorio novamente. Enfrontamentos que non son da mafia pero lembran a aqueles.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;&nbsp; E no medio de todo isto, \u00bfOnde queda o sentido de posesi\u00f3n propio? \u00bfOnde queda o ser persoa fronte \u00f3 ter unha ou outra cousa?. Erich Fromm, que escribiu fai xa trinta anos un libro, &#8216;\u00bfTer ou ser?&#8217;*, titulou outro &#8216;O arte de amar&#8217;**. \u00bfTer\u00e1 relaci\u00f3n a marca e a pasi\u00f3n? \u00bfou existir\u00e1 m\u00e1is ben entre o ser e o ser capaz de amar por encima de marcas e divisi\u00f3ns?.<\/em>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;* <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/To_Have_or_to_Be%3F\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">To have or to be<\/a>?&nbsp;<\/p>\n<p>** <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/The_Art_of_Loving\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">The art of loving<\/a><\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEglUOZA94W1DDYzPKDZcrHdAGAmPYmEHwKD1pRGIvApk5Qtg6ssDleDYO_TjulkZkyCOdCAWOEGVxOKvGrpOgKGHiJjVW3tkF_WWK37wylw4PRxoBSj2ZSpWELyJlfJNrg0ICGkdQ\/s2048\/premio+AGC.jpeg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEglUOZA94W1DDYzPKDZcrHdAGAmPYmEHwKD1pRGIvApk5Qtg6ssDleDYO_TjulkZkyCOdCAWOEGVxOKvGrpOgKGHiJjVW3tkF_WWK37wylw4PRxoBSj2ZSpWELyJlfJNrg0ICGkdQ\/s2048\/premio+AGC.jpeg\" width=\"288\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Estatu\u00ed\u00f1a Premio da AGC<\/span><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Publicado o 19961231 na secci\u00f3n de A Mari\u00f1a \/ El Progreso, e premiado pola Asociaci\u00f3n de Consumidores, lembreime do artigo hoxe mesmo a conto dunha nota en Facebook de Suso L\u00f3pez, en relaci\u00f3n a iste artigo da Vanguardia. A\u00ed vai pois &#8230; &nbsp; Marcas&nbsp; &nbsp;&nbsp; As primeiras marcas das que o\u00edn falar pode que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21],"class_list":["post-7413","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7413","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7413"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7413\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7413"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7413"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7413"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}