{"id":7398,"date":"2012-09-01T08:59:00","date_gmt":"2012-09-01T06:59:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:27:57","modified_gmt":"2024-11-12T13:27:57","slug":"comezaron-as-festas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2012\/09\/01\/comezaron-as-festas\/","title":{"rendered":"Comezaron as festas"},"content":{"rendered":"<p>Onte pola noite comezaron as festas. Non sen pol\u00e9mica(s) previa(s), e xa postos, previsiblemente quede algunha cousa para polemizar. O primeiro foi a rexeitamento do alcalde \u00e1 impartici\u00f3n pegoeira por unha pol\u00edtica do PP relacionada cun caso de corrupci\u00f3n, o que orixinou un baile na comisi\u00f3n de festas: alomenos nominalmente, o presidente deixou de selo para se un sinxelo comisionado m\u00e1is. O certo \u00e9 que non atopei referencia a quen o substitu\u00edra, pero as\u00ed apareceu nos medios que vin, e \u00e9 de supo\u00f1er que algu\u00e9n outro da comisi\u00f3n pasar\u00eda a ser presidente. Por certo, o preg\u00f3n, \u00f3 final, estivo a cargo de Julio Carballal, exdirector de Radio de la Costa-Cadena Cope.<\/p>\n<p>Esta semana saltou a segunda pol\u00e9mica, que por un tempo de onte pola ma\u00f1\u00e1 deixou a Ribadeo sen festas: o horario de verbena. O ano pasado houbo protestas polo ru\u00eddo a altas horas, e este ano o alcalde dixo que non a unha parte do horario, amezanado a comisi\u00f3n de non haber festas porque non lles resultaba rendible \u00f3s instalados no feiral. Hai que lembrar que o ano pasado a comisi\u00f3n dixo que quedaran 6 000 \u20ac favorables nas contas \u00f3 final. Este ano a cousa rematou con alg\u00fan cambio, segundo a nota que apareceu na rede un par de horas despois de que a comisi\u00f3n &#8216;rompera a baralla&#8217; co alcalde, que corto e pego:<\/p>\n<p><em>Tras la decisi\u00f3n tomada por el alcalde de ribadeo de recortar el horario inicialmente pactado, es decir, el mismo de todos los a\u00f1os anteriores y viendo el trastorno econ\u00f3mico que esto nos supone, la comisi\u00f3n en pleno nos vemos obligados a tomar las siguientes decisiones para poder continuar con las fiestas:<\/em><\/p>\n<p><em>1.- La discoteca Movil MM traslada su actuaci\u00f3n del mi\u00e9rcoles 5 al domingo 9. EL Domingo 9 se suspende la contrataci\u00f3n de ninguna orquesta quedando solo la discoteca m\u00f3vil MM.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>2.- Se suspenden todos los fuegos artificiales durante las fiestas, incluida la Traca del 7.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>3.- Nos vemos incapacitados, muy a nuestro pesar, a pagar unos gaiteiros que acompa\u00f1en a los cocos el d\u00eda 9, por lo que a falta de que alg\u00fan grupo se preste altruistamente a acompa\u00f1arlos no podemos garantizar que salgan.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>Es muy doloroso para nosotros tener que tomar estas decisiones, pero nos vemos en la obligaci\u00f3n de tener que hacerlo para poder garantizar el pago de todo lo que tenemos contratado a d\u00eda de hoy.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>La comisi\u00f3n os desea felices fiestas y espera que esto no influya en el \u00e1nimo de la gente y venga a ribadeo a disfrutar de unas grandes fiestas<\/em>.<\/p>\n<p>Corto e pego asemade a nota do alcalde, anterior \u00e1 da comisi\u00f3n:<\/p>\n<p><em>O GOBERNO TENTA CONCILIAR INTERESES CONTRAPOSTOS<\/em><\/p>\n<p><em>Festas patronais 2012<\/em><\/p>\n<p><em>31\/08\/2012<\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde de Ribadeo, Fernando Su\u00e1rez, pide comprensi\u00f3n aos veci\u00f1os polas molestias que poidan ocasionarlles as festas patronais e dem\u00e1ndalle sentidi\u00f1o \u00e1 comisi\u00f3n de festas, \u00e1 que lle lembra que hai moita xente que traballa e que precisa descansar. Su\u00e1rez Barcia fai unha chamada ao respecto mutuo entre unha parte e a outra.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O rexedor sinalou que &#8220;ao igual que non hai moito tempo moita xente cuestionaba que as festas da patrona de Ribadeo non ti\u00f1an a calidade doutras moitas que se puideran celebrar en calquera parroquia de calquera pequeno Concello dos arredores, debo dicir que tanto o ano pasado coma \u00e9ste a calidade e a cantidade dos eventos dos festexos fai que Ribadeo volte estar no mapa das festas patronais que un concello poida merecer. Isto \u00e9 importante e hai que valorarllo \u00e1 comisi\u00f3n de festas porque moitas veces de maneira abnegada, con moitas incomprensi\u00f3ns, ten que traballar, recadar di\u00f1eiro, etc&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Su\u00e1rez Barcia explicou que &#8220;digo esto de primeiras porque parece ser que a comisi\u00f3n de festas est\u00e1 molesta porque desde o Concello de Ribadeo lles po\u00f1emos alg\u00fan l\u00edmite aos horarios m\u00e1ximos das actuaci\u00f3ns. Debo dicir que o goberno municipal de Ribadeo e o alcalde o somos para ben e para mal alcalde e goberno para todos, para os que nos votaron, para os que non nos votaron, para os que toman as copas nas festas, para os que sirven as copas nas festas e para os que nas festas durmen porque te\u00f1en que traballar ao d\u00eda seguinte&#8221;. O alcalde asegurou que &#8220;por todos istes motivos o noso labor \u00e9 m\u00e1is complicado porque temos que conciliar intereses contrapostos, hai determinadas li\u00f1as que non podemos cruzar e non cruzaremos nunca, nunca cederemos a ningunha chantaxe, a\u00ednda que penso que non chegaremos a esa circunstancia&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O goberno municipal p\u00eddelle \u00e1 cidadan\u00eda de Ribadeo &#8220;que sexa comprensiva sobre todo os d\u00edas grandes, o venres e o s\u00e1bado, onde todo se pode alongar un pouco m\u00e1is do debido. P\u00eddolles comprensi\u00f3n aos veci\u00f1os para que fagan o esforzo de aturar ruidos e m\u00fasica m\u00e1is al\u00f3 dos l\u00edmites que poden ser normais. Pero tam\u00e9n lle pido \u00e1 comisi\u00f3n de festas que nos d\u00edas de semana, que son de festa, pero tam\u00e9n sabemos que hai moita xente que ten que madrugar, que ten durmir e descansar, porque non \u00e9 igual ter un ou dous d\u00edas de festa que ter seis ou sete\u2026 hai moita xente que se sinte moi inc\u00f3moda con esta situaci\u00f3n porque non poden pegar ollo durante toda a noite e p\u00eddolles que, con sentidi\u00f1o, nos d\u00edas de semana sexan consecuentes e razoables e que vaian cortando a m\u00fasica de xeito razoable para que a xente poida durmir unha parte importante da noite&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Su\u00e1rez Barcia indica que &#8220;o que se fale de n\u00f3s por a\u00ed adiante repercute no comercio, repercute na propia imaxe de Ribadeo e n\u00f3s nin estamos nunha parte nin na outra, as festas son de todos, todos temos que saber respectar, porque tam\u00e9n eses d\u00edas hai excesos, pero a outra parte debe saber comprender que hai moita xente que precisa descansar&#8221;.<\/p>\n<p><\/em><\/p>\n<p>No pobo, tras sa\u00edr nos medios a nova do enfrontamento, hab\u00eda comentarios diversos, entre eles, &#8216;xa ver\u00e1s como cando te\u00f1an que afrontar o pago das orquestras contratadas sen tocar, cambian de opini\u00f3n&#8217;. E parece que algo as\u00ed pasou, a\u00ednda que as festas deste ano non sexan tanto negocio como as do ano pasado.<\/p>\n<p>E o comezo das festas? &#8230; pois cunha semana de antelaci\u00f3n \u00f3 d\u00eda da patroa, tomadas como unha continuaci\u00f3n do ver\u00e1n.<\/p>\n<p>Mentras, hoxe volve sa\u00edr o sol para comezar un mes despois dun agosto excepcional &#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onte pola noite comezaron as festas. Non sen pol\u00e9mica(s) previa(s), e xa postos, previsiblemente quede algunha cousa para polemizar. O primeiro foi a rexeitamento do alcalde \u00e1 impartici\u00f3n pegoeira por unha pol\u00edtica do PP relacionada cun caso de corrupci\u00f3n, o que orixinou un baile na comisi\u00f3n de festas: alomenos nominalmente, o presidente deixou de selo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[25],"class_list":["post-7398","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-festas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7398","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7398"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7398\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7398"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7398"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7398"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}