{"id":7355,"date":"2012-10-15T08:02:00","date_gmt":"2012-10-15T06:02:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:26:37","modified_gmt":"2024-11-12T13:26:37","slug":"estado-actual-de-moitas-ilusions","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2012\/10\/15\/estado-actual-de-moitas-ilusions\/","title":{"rendered":"Estado actual de moitas ilusi\u00f3ns: proxectos para Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>Ribadeo \u00e9 persoa maior. Como tal, moitas ilusi\u00f3ns e proxectos v\u00e1nse quedando no tinteiro.<br \/>\n Lei de vida? Si, inexorable, pero non invariable para cada un dos<br \/>\nproxectos, pois est\u00e1 visto que se se deixa, o n\u00famero de proxectos<br \/>\ninalcanzables chegar\u00e1 \u00f3 infinito, mentras que con acci\u00f3n o n\u00famero dos que se vexan perdidos baixar\u00e1 tendendo a cero. Naturalmente, ambos como l\u00edmite: sempre pode xurdir alg\u00fan de carambola, sen comelo nin bebelo, e alg\u00fan outro ser\u00e1 inalcanzable como na canci\u00f3n infantil o de &#8216;quisiera ser tan alta como la luna&#8217; &#8230;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEinDBkFwX2KRfVohQvcOGKP7DPme3IgCxAN16SgqEbz8P7zjZQsDrHZTpclt80UThq8abPJAPluFe2jxhPAKu5Rjye1HxWr08LDJ5yP-E9F-seH8Otbeih03LOg2UvipvNrsB4v4A\/s2048\/loteria+Teson+2012.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"460\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEinDBkFwX2KRfVohQvcOGKP7DPme3IgCxAN16SgqEbz8P7zjZQsDrHZTpclt80UThq8abPJAPluFe2jxhPAKu5Rjye1HxWr08LDJ5yP-E9F-seH8Otbeih03LOg2UvipvNrsB4v4A\/s2048\/loteria+Teson+2012.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>A loter\u00eda de O Tes\u00f3n reivindica alg\u00fans dos proxectos para Ribadeo que nestes momentos est\u00e1n pendentes. A casa dos xulgados, da que te\u00f1o falado no blog a conta do seu estado e falta de mantemento, sirve como fondo este ano a catro reivindicaci\u00f3ns de calado que se pretende que non se esquezan.<\/p>\n<p>A primeira, a residencia de maiores, \u00e9 unha necesidade que se vai ver incrementada pouco a pouco, pero que non pode ser enchida de calquera xeito: se non hai cartos por parte das familias e a residencia non se subvenciona, os maiores quedar\u00e1n nas casas, por imposibilidade material, a\u00ednda que haxa unha flamante residencia \u00e1 que non poidan acceder. Logo \u00e9 unha reivindicaci\u00f3n que non se trata de encher nin s\u00f3 con promesas nin s\u00f3 cun edificio. E que cada vez \u00e9 m\u00e1is acuciante.<\/p>\n<p>As vidrieiras seguen nun impasse dende hai tempo: parece como se todas as forzas vivas deixaran o tema en barbecho, met\u00e9ndose todo o m\u00e1is en vericuetos que \u00e1 cidadan\u00eda importan s\u00f3 de xeito secundario, e esquecendo que se non se investiga e se asignan culpabilidades e castigo, voltar\u00e1 a suceder con calquera outro ben p\u00fablico. Mentras, polo que parece os anacos a\u00ednda conservados seguen nunha carretilla.<\/p>\n<p>O xulgado? Mondo\u00f1edo m\u00f3vese defendendo con unllas e dentes a instituci\u00f3n que ten al\u00ed s\u00e9. Viveiro non lle vai moito \u00e1 zaga, contando coa s\u00faa potencia comarcal. Din que a r\u00edo revolto, ganancia de pescadores, e agora mesmo o mapa territorial do eido xudicial est\u00e1 revolto, pero Ribadeo non se puxo a pescar, se exceptuamos \u00f3 Tes\u00f3n. E, se non hai pescadores, a pesca non aparecer\u00e1 no prato por arte de maxia. O prato estar\u00e1 vac\u00edo.<\/p>\n<p>A r\u00eda de Ribadeo &#8230; oficialmente, ch\u00e1mase as\u00ed, e \u00e9 algo m\u00e1is que un nome: \u00e9 un s\u00edmbolo de adicaci\u00f3n \u00e1 r\u00eda que Ribadeo est\u00e1 a perder pouco a pouco, comezando polo seu desentendemento do uso do propio nome. Coido que en Galicia sabemos ben da substituci\u00f3n de nomes por alcumes, e o que significa en cada un dos casos. A r\u00eda de Ribadeo leva anos loitando por seguir sendo r\u00eda de Ribadeo. Tam\u00e9n leva a nos loitando pola s\u00faa conservaci\u00f3n &#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ribadeo \u00e9 persoa maior. Como tal, moitas ilusi\u00f3ns e proxectos v\u00e1nse quedando no tinteiro. Lei de vida? Si, inexorable, pero non invariable para cada un dos proxectos, pois est\u00e1 visto que se se deixa, o n\u00famero de proxectos inalcanzables chegar\u00e1 \u00f3 infinito, mentras que con acci\u00f3n o n\u00famero dos que se vexan perdidos baixar\u00e1 tendendo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[93,9],"class_list":["post-7355","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-fotos-ribadeo","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7355","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7355"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7355\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7355"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7355"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7355"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}