{"id":7353,"date":"2012-10-17T08:05:00","date_gmt":"2012-10-17T06:05:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:26:34","modified_gmt":"2024-11-12T13:26:34","slug":"proposta-para-un-dia-de-reflexion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2012\/10\/17\/proposta-para-un-dia-de-reflexion\/","title":{"rendered":"Proposta para un d\u00eda de reflexi\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p>Ach\u00e9gase o que se chama fin da campa\u00f1a, e antes do d\u00eda das votaci\u00f3ns, hay teoricamente un d\u00eda de reflexi\u00f3n. Te\u00f3ricamente porque os carteis seguen (en Ribadeo a\u00ednda hai varios das elecci\u00f3ns pasadas, a estas alturas xa para escarnio do candidato correspondente), as novas non deixar\u00e1n de lembrar \u00f3s candidatos, etc.<\/p>\n<p>Ben, se se quere pasar da teor\u00eda \u00e1 pr\u00e1ctica, e se conta con ganas e posibilidades, propo\u00f1o a ruta do ferrocarril.<\/p>\n<p>O d\u00eda poder\u00eda comezar tranquilamente lendo algo como <a href=\"http:\/\/blogs.publico.es\/dominiopublico\/5960\/la-crisis-deuda-y-riqueza-real\/\">isto<\/a>, pero tam\u00e9n se poder\u00eda pasar do tr\u00e1mite, pois a proposta fai reflexionar. Para quen este\u00f1a descolocado, a ruta do ferrocarril \u00e9 un tramo de v\u00eda verde que aproveita as v\u00edas do antigo tren do mineral que un\u00eda A Pontenova con Ribadeo, transitable andando ou en bici sen dificultade algunha. Est\u00e1 convertido en v\u00eda verde s\u00f3 nuns 12 km entre a Pontenova e Santiso de Abres, pero hai xa m\u00e1is dunha d\u00e9cada que se pretende (mesmo con estudo xa realizado e a estas alturas a\u00ednda desco\u00f1ecido popularmente: cousas da informaci\u00f3n \u00e1 cidadan\u00eda) chegar a Ribadeo.  Coido que a paisaxe paga a pena, e que \u00e9 unha m\u00e1goa quedarse s\u00f3 co tramo recuperado.<\/p>\n<p>Ben, como antiga v\u00eda, temos asegurado que non hai desniveis, e rec\u00f3rrese con facilidade como apuntei antes. Na parte recuperada hai alg\u00fans carteis, lembrando alg\u00fan a existencia de mineral de ferro en Vilaoudriz, que serviu como motivo para constru\u00edr a v\u00eda por unha compa\u00f1\u00eda que naceu no pa\u00eds vasco, a onde se exportou o mineral mentras foi rendible, sobrevivindo a li\u00f1a m\u00e1is tempo e rematando por abandoarse, arrincarse, pasar en parte \u00f3s veci\u00f1os, servir como zona de ampliaci\u00f3n da estrada, &#8230; \u00c9 dicir, como resume do que poder\u00eda ser a parte primeira, capital for\u00e1neo usa a zona como fonte de materias primas e cando xa est\u00e1n esgotadas, v\u00e1ise e deixa as infraestruturas, que rematan por perderse.<\/p>\n<p>Recup\u00e9rase cousa de un tercio do recorrido, e mesmo se lle mete luz mediante paneis solares e sensores \u00f3s t\u00faneles. Vano intento, pois unha e outra vez as l\u00e1mpadas son roubadas, como dilixentemente di a encargada da oficina de turismo da Pontenova cando se lle avisa de que non funcionan as luces.<\/p>\n<p>O tramo recuperado funciona entre Galicia e Asturias, e ese cambio administrativo n\u00f3tase no coidado, e non s\u00f3 porque a maior\u00eda do tramo galego este\u00f1a asfaltado a\u00ednda sendo unha v\u00eda verde.<\/p>\n<p>Se se ven cara a Ribadeo, despois de chegar a Santiso, hai un cachi\u00f1o no que a v\u00eda se int\u00fae, pero non est\u00e1 practicable, e logo volta a haber outro tramo (un quil\u00f3metro m\u00e1is) no que un cami\u00f1o de uso forestal fai preguntarse por que non o rotulan, lle botan un pouco de grixo e aumentan as\u00ed a ruta. Remata bruscamente perto de R\u00eda de Abres, colonizado polos eucaliptus e desfeito, pero deixando facilmente continuable o paseo nun tramo chan doutro cami\u00f1o despois dun pequeno desnivel.<\/p>\n<p>De al\u00ed ata Ribadeo, os restos son visibles sempre preto da veci\u00f1anza da estrada, mesmo con curtos tramos recorribles ben por estar integrados en cami\u00f1os ben por descuido, como o tramo que comeza\/finaliza no t\u00fanel de Porto, \u00e1 beira do comezo da estrada que vai a Santalla de Vilaosende e que cunha linterna e preparados para monte, permite unha exploraci\u00f3n abondo significativa do que son moitos tramos do recorrido non recuperados, ata que remata bruscamente por riba da estrada que lle comeu o terreo.<\/p>\n<p>Despois a\u00ednda do tramo citado, a ponte sobre o esteiro do r\u00edo Grande, aproveitada para a tra\u00edda de augas a Ribadeo, ou o tramo case sen inclinaci\u00f3n de cami\u00f1os entre a antiga estaci\u00f3n de Ribadeo en ru\u00ednas e Ove dan outra idea de usos do antigo medio de comunicaci\u00f3n, \u00f3 tempo que brinda a visi\u00f3n da construci\u00f3n dunha nova v\u00eda, a do actual FEVE, a car\u00f3n da vella, no que se ve como unha duplicaci\u00f3n \u00e1 que hai que buscarlle o sentido&#8230;<\/p>\n<p>Na zona de Ove non \u00e9 dif\u00edcil seguir o rastro m\u00e1is al\u00f3 do asfalto, mesmo con taludes a\u00ednda transitables e desaproveitados mesmo por actuais rutas de cami\u00f1antes.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEidbh8Rg4ghF6QkgUuU9VhW8ofspKACgTsjCT-pbHR4gmMmtCVVYmY2PFu17PpX-YY3do7fM3WRe9jsTjxRKmLdQXQWbg1QZPE-Lsdva9o7f9UZ47aeAO-rt-_2oNkYT__HEX-O7g\/s2048\/DSCI0001+calexon.JPG\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"480\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEidbh8Rg4ghF6QkgUuU9VhW8ofspKACgTsjCT-pbHR4gmMmtCVVYmY2PFu17PpX-YY3do7fM3WRe9jsTjxRKmLdQXQWbg1QZPE-Lsdva9o7f9UZ47aeAO-rt-_2oNkYT__HEX-O7g\/s2048\/DSCI0001+calexon.JPG\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>O ferrocarril do mineral conta con estudos e publicaci\u00f3ns a el adicadas, pero a s\u00faa recuperaci\u00f3n como v\u00eda verde non impide que o seu aproveitamento actual, un d\u00eda de ponte como o pasado s\u00e1bado, sexa o tr\u00e1nsito dalg\u00fan deportista suando e varias persoas en plan ruta do colesterol. Non sempre \u00e9 as\u00ed, pero lembra o dito aquel que indicaba hai cousa de medio s\u00e9culo que un alem\u00e1n preguntaba sobre os toxos que cobr\u00edan o monte \u00e1 beira dunha estrada: &#8216;que \u00e9 iso?&#8217;. &#8216;Son toxos&#8217;. &#8216;E para que serven?&#8217;. &#8216;Para facerlle a cama \u00e1s vacas&#8217;. &#8216;Pois se se aproveitaran doutro xeito, as vacas poder\u00edan durmir en leito de ouro&#8217;. Certo que a historia do alem\u00e1n, que me chegou por un familiar e da que non sei a s\u00faa orixe, admite m\u00e1is dunha interpretaci\u00f3n (por exemplo, a dun desarrollismo a ultranza e por riba do que faga falta), mais pode servir para rematar a reflexi\u00f3n sobre unha ruta bonita pero desaproveitada, sen finalizar, roubada e mesmo parece que deixada da man de Deus. Como Galicia.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ach\u00e9gase o que se chama fin da campa\u00f1a, e antes do d\u00eda das votaci\u00f3ns, hay teoricamente un d\u00eda de reflexi\u00f3n. Te\u00f3ricamente porque os carteis seguen (en Ribadeo a\u00ednda hai varios das elecci\u00f3ns pasadas, a estas alturas xa para escarnio do candidato correspondente), as novas non deixar\u00e1n de lembrar \u00f3s candidatos, etc. Ben, se se quere [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[48,91,26,77],"class_list":["post-7353","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-eleccions","tag-ferrocarril","tag-medio","tag-tren"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7353","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7353"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7353\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7353"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7353"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7353"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}