{"id":7347,"date":"2012-10-23T08:08:00","date_gmt":"2012-10-23T06:08:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:26:24","modified_gmt":"2024-11-12T13:26:24","slug":"pero-foron-as-eleccions-outro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2012\/10\/23\/pero-foron-as-eleccions-outro\/","title":{"rendered":"Pero, foron as elecci\u00f3ns? Outro comentario post-electoral"},"content":{"rendered":"<p>Ben, si, foron. E a\u00ednda que pareza que hai continuidade, hai novidades abondo. A nivel Galicia, aumenta a abstenci\u00f3n, primeiro bando en cantidade de elecci\u00f3n, pero sobre todo, entendo que aumenta a consciencia da abstenci\u00f3n. \u00c9 dicir, nestas elecci\u00f3ns deuse o paso do pasotismo pol\u00edtico desinteresado ou adocenado \u00f3 pasotismo plenamente consciente. Algo que, polo dem\u00e1is, se manifesta nos comentarios electorais.<\/p>\n<p>Igual que no xogo da perindola, agora tocou o &#8216;todos perden&#8217;, se exceptuamos a Beiras, e a\u00ednda as\u00ed. Porque todos perden votos, a mans cheas, mentras os votos en branco e os nulos seguen tam\u00e9n a aumentar. E mentras que o dito \u00e9 evidente, cada partido parece que tenta facer as s\u00faas an\u00e1lises m\u00e1is ou menos de xeito individual, co que o contexto de descreto pol\u00edtico desaprov\u00e9itase.<\/p>\n<p>A\u00ednda as\u00ed, ahi triunfalismo no PP, que coa terceira parte dos votos consegue unha folgada maior\u00eda absoluta, e unha indisimulada explosi\u00f3n de x\u00fabilo en AGE que me parece l\u00f3xica por ser un resultado con s\u00f3 un mes de preparaci\u00f3n, pero totalmente il\u00f3xica tanto polo resultado dentro do conxunto como polas dificultades unha uni\u00f3n feita \u00e1s pr\u00e9sas e menos por ideas que por perspectiva electoral.<\/p>\n<p>CxG, desaparecida ata nos comentarios, UPyD coa perspectiva de ter esgotado o seu recorrido electoral a nivel do estado a non moi longo prazo, e Mario Conde (que non un partido), ignorado. O resto de minoritarios, minoritarios quedan, tendo Beiras rendibilizado o descontento que poideran ter aproveitado. Quiz\u00e1is unha excepci\u00f3n co partido dos escanos en branco, votos que se poder\u00edan asemellar \u00f3s votos en branco, alomenos dende certa perspectiva.<\/p>\n<p>O PSOE? Coa s\u00faa tradici\u00f3n, poder\u00e1 reinventarse, levantarse e voltar \u00f3 ruedo como partido grande. Pero antes necesita condici\u00f3ns de seriedade e consistencia interna (de estrutura e ideas) que parece que est\u00e1 lonxe de lograr.<\/p>\n<p>O BNG quedou noqueado, pero en contra do que lle pasa a AGE, ten unha estrutura detr\u00e1s e s\u00e1beo. Do que non estou tan seguro \u00e9 de que sexa consciente de que se houbo unha escisi\u00f3n non debeu ser s\u00f3 por causas de mesianismo. C\u00f3nstame que hai xente que quere facer an\u00e1lise das causas da derrota, pero coido que a clave elixida \u00e9 interna, e non en funci\u00f3n de toda Galicia.<\/p>\n<p>O PP est\u00e1 sendo advertido de xeito inconexo de que unha victoria en Galicia non \u00e9 extrapolable (a\u00ed est\u00e1 o caso vasco), do aumento do partido abstencionista, etc, pero a victoria pode obnubilar as mentes, e as\u00ed se amosa unha e outra vez. Queda quiz\u00e1is a esperanza de que a maior\u00eda absoluta folgada de deputados se case coa magnanimidade de victoria que &#8216;se sabe&#8217; incontestable e a partires dun contacto asim\u00e9trico tal, se poda facer unha pequena rexeneraci\u00f3n de ideas. Pero non parece, co horizonte en lograr alg\u00fan posto extra que poidera caer e ser ocupado.<\/p>\n<p>Voltando a AGE, os tempos do mesianismo, a pesares das ansias dun Caudillo que se representan por algures, coido que te\u00f1en pasado, e se ben Beiras arrastrou, as coalici\u00f3ns son coalici\u00f3ns e esta ben o manifestou nas s\u00faas papeletas, cos s\u00edmbolos de Anova e EU, unha vez case f\u00f3ra das listas Equo e Ecosocialistas. Quiz\u00e1is, ata poder\u00eda tinguir de galeguismo a EU por un tempo, pero a pesares dos resultados e do sorpasso do seu antigo partido, o BNG, antes de chegar a algo necesita unha visi\u00f3n de conxunto interno para deixar de ser un merlo branco (vermello) para convertirse en algo de m\u00e1is longo alcance. A menos que a situaci\u00f3n dexere abondo antes de catro anos &#8230;<\/p>\n<p>E en Ribadeo? O PP, como no resto, co BNG fac\u00e9ndolle fronte a nivel PSOE e ben por riba de AGE. O alcalde tira como icono, e a estrutura interna do BNG, a presi\u00f3n, aguantou o resquebraxamento xeral. O futuro, de calquera xeito, compl\u00edcaselles.<\/p>\n<p>En fin, comentarios post-electorais onte poideron verse, escoitarse e lerse unha morea. Iste \u00e9 un m\u00e1is de a p\u00e9 de r\u00faa, que aprezo por ser meu, igual que cada un dos electores ter\u00e1 o seu, consciente de que non son polit\u00f3logo nin siquiera pol\u00edtico no sentido que moitas veces se lle da, sen\u00f3n pol\u00edtico sinxelamente por ser persoa&#8230; (iso si, non sa\u00edn elixido por Ourense)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ben, si, foron. E a\u00ednda que pareza que hai continuidade, hai novidades abondo. A nivel Galicia, aumenta a abstenci\u00f3n, primeiro bando en cantidade de elecci\u00f3n, pero sobre todo, entendo que aumenta a consciencia da abstenci\u00f3n. \u00c9 dicir, nestas elecci\u00f3ns deuse o paso do pasotismo pol\u00edtico desinteresado ou adocenado \u00f3 pasotismo plenamente consciente. Algo que, polo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[48,13],"class_list":["post-7347","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-eleccions","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7347","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7347"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7347\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7347"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7347"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7347"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}