{"id":7324,"date":"2012-11-15T07:43:00","date_gmt":"2012-11-15T06:43:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:25:40","modified_gmt":"2024-11-12T13:25:40","slug":"sobre-folga-dende-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2012\/11\/15\/sobre-folga-dende-ribadeo\/","title":{"rendered":"Sobre a folga, dende Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>Coido que ser\u00eda m\u00e1is adecuado dicr &#8216;sobre a protesta&#8217;, da que a folga s\u00f3 \u00e9 unha parte. En Ribadeo, alg\u00fans locais cerrados , a grande maior\u00eda abertos, e dos cerrados, alg\u00fans s\u00f3 parte do d\u00eda. Moi alta incidencia a folga de alumnos no centro integrado de formaci\u00f3n profesional, que estivo vac\u00edo, e desigual no novo IES de Ribadeo, con folga total no 2\u00ba de bacharelato e env\u00edo \u00e1 clase da grande maior\u00eda dos pequenos de 1\u00ba ESO. O mercado celebrouse m\u00e1is ou menos con normalidade, a\u00ednda que con menor afluencia de xente, e coido que de cara \u00e1s novas, por iso de ser unha acci\u00f3n \u00fanica, tivo m\u00e1is importancia a ocupaci\u00f3n un pouco de tempo antonte da antiga Caixa Galicia por un grupo do BNG que todas as acci\u00f3ns ribadenses de protesta de onte.<\/p>\n<p>D\u00faas manifestaci\u00f3ns, unha pola ma\u00f1\u00e1 e outra pola tarde, recorreron Ribadeo (a pesares de que moita xente foi \u00e1 cualificada de masiva manifestaci\u00f3n en Burela) como testemu\u00f1a, con escasa participaci\u00f3n que contribuiu a que parte da xente \u00f3 paso mirara como se se tratara dunha an\u00e9cdota desnortada, ou que alg\u00fan individuo se sentira apoiado para descalificar de calquera xeito \u00f3s participantes.<\/p>\n<p>Houbo outros m\u00e9todos de protesta. A\u00ed est\u00e1 a folga de consumo, que me resulta dif\u00edcil de avaliar nestes momentos, ou na inactividade no traballo.<\/p>\n<p>Certamente en Ribadeo a protesta de calquera tipo estivo por baixo da media estatal, e por iso dende aqu\u00ed \u00e9 m\u00e1is doado preguntarse para que serve unha folga.<\/p>\n<p>Ben, de novo, dir\u00eda protesta, non folga. E internacional, non en Ribadeo. Par\u00e9ceme evidente que o contexto \u00e9 fundamental para a apreciaci\u00f3n da importancia ou da repercusi\u00f3n. E unha protesta, calquera que sexa, non serve para nada aparentemente se non se logran os obxectivos, como se fora unha cousa dixital: ou 1 ou 0. Pero iso s\u00f3 \u00e9 en apariencia, pois pode contribu\u00edr a unha consecuci\u00f3n adiada e\/ou parcial. E toda protesta contrib\u00fae algo nese sentido. Toda. Non se trata do dereito \u00f3 pataleo, e hai na rede abondos lugares onde atopar raz\u00f3ns para a folga.<\/p>\n<p>Chamoume a atenci\u00f3n onte nunhas novas que a locutora dixo algo as\u00ed como que, entre os motivos de protesta, hab\u00eda quen o fac\u00eda por motivos propios, sen citar o facelo pola comunidade. \u00c9 dicir, en defensa do status propio. Naturalmente, pode darse, pero cunha parte importante de xente con motivos desa \u00edndole, calquera protesta levar\u00e1 a lugares indesexables, e coido que a\u00ednda que evidentemente no sentido de que cada quen conta cos seus propios motivos, a protesta \u00e9 individual, onte os motivos estiveron integrados nunha sociedade que sofre, non nos mill\u00f3ns de persoas que sofren como parte dese todo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Coido que ser\u00eda m\u00e1is adecuado dicr &#8216;sobre a protesta&#8217;, da que a folga s\u00f3 \u00e9 unha parte. En Ribadeo, alg\u00fans locais cerrados , a grande maior\u00eda abertos, e dos cerrados, alg\u00fans s\u00f3 parte do d\u00eda. Moi alta incidencia a folga de alumnos no centro integrado de formaci\u00f3n profesional, que estivo vac\u00edo, e desigual no novo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,32,9],"class_list":["post-7324","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-filosofia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7324","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7324"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7324\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7324"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7324"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7324"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}