{"id":7312,"date":"2012-11-30T08:02:00","date_gmt":"2012-11-30T07:02:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:25:16","modified_gmt":"2024-11-12T13:25:16","slug":"estimado-lector","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2012\/11\/30\/estimado-lector\/","title":{"rendered":"Estimado lector: saiba vostede que hoxe hai pleno"},"content":{"rendered":"<p>\u00c9 un pracer comunicarlle que o concello xa ten dispo\u00f1ible na s\u00faa web <a href=\"http:\/\/www.ribadeo.org\/actualidade\/nova.php?id=1128&amp;lg=gal\">propaganda sobre o pleno de hoxe<\/a>.<\/p>\n<p>Non crea vostede que \u00e9 cuesti\u00f3n de pouco, cando se fixo xa vox p\u00f3puli polo boca a boca a realizaci\u00f3n do pleno debido quiz\u00e1is a que \u00e9 plantexada a aprobaci\u00f3n definitiva do RTP, a relaci\u00f3n de postos de traballo da instituci\u00f3n, que pasa por ser a maior empregadora do \u00e1mbeto local.<\/p>\n<p>Pod\u00eda vostede estar equivocado (ou equivocada) sobre a intenci\u00f3n de po\u00f1er en co\u00f1ecemento do pobo o que se trata na casa de Ib\u00e1\u00f1ez. Non, os asuntos p\u00fablicos rematan sendo p\u00fablicos (m\u00e1is ou menos), a\u00ednda que sexa a destempo, e para dar informaci\u00f3n do pleno debe haber alg\u00fan papeli\u00f1o na mara\u00f1a branca que hai colgada na entrada \u00e1 casa de Ib\u00e1\u00f1ez. As\u00ed, neste caso, xunto co tema da relaci\u00f3n de postos do concello, tratarase tam\u00e9n do pavill\u00f3n deportivo parado. Quiz\u00e1is o que este\u00f1a parado, cun concurso empresarial por medio, e sen visos de finalizaci\u00f3n en breve a pesares de que estivera prevista xa para xullo te\u00f1a que ver con que agora se trate o tema. \u00c9 posible tam\u00e9n que ninguen se decatara ata o momento porque \u00e9 a entidade provincial quen o financia, cun equipo de goberno participado polo partido que ata agora ocupa nominalmente tam\u00e9n o goberno local, onde non afectaron as divisi\u00f3ns partidarias que alg\u00fans te\u00f1en vivido a nivel Galicia hai uns meses.<br \/>\nE, estimado lector, saiba vostede que hai outro terceiro punto inclu\u00eddo nos temas a tratar no pleno, pero como non debe ser tan importante ou lustroso, non aparece na nota e polo tanto, para que po\u00f1elo aqui?<\/p>\n<p>Saiba tam\u00e9n vostede que o pleno celebrarase \u00e1s 20 horas deste venres, hoxe, coincidindo con algunha outra actividade como o co <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2012\/11\/do-acorazado-potemkin-un-mundo-feliz.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">cine forum de O Tes\u00f3n<\/a>. Si, notouno vostede: eu tam\u00e9n fago propaganda aqu\u00ed dalgunha cousa na que estou involucrado ou pola que te\u00f1o simpat\u00eda. Pero ben, hai que disimular: a\u00ed est\u00e1 tam\u00e9n a inauguraci\u00f3n dun novo local de accesorios musicais \u00e1 mesma hora. E como venres que \u00e9, en Ribadeo, case seguro que hai a\u00ednda algunha outra<\/p>\n<p>actividade. Mais, vaia \u00f3 pleno se nunca foi: aprender\u00e1 xeitos transparentes como a luz das estrelas a traverso dos vidros do pazo de Ib\u00e1\u00f1ez, seguramente ter\u00e1 longas horas para deleitarse coas idas e voltas de intereses partidarios inmediatos cun verniz de puntillosas miras ribadenses. Poder\u00e1 ver o magn\u00edfico sal\u00f3n de plenos cun marmurio de fondo que guiar\u00e1 o esprito a cotas m\u00e1is elevadas de participaci\u00f3n social. S\u00f3 procure outra alternativa no caso de que quera enterarse de posibles xeitos de manipulaci\u00f3n a traverso da imaxe, ou que sexa dos que queren po\u00f1er en valor os harm\u00f3nicos sons musicais.<\/p>\n<p>Estimado lector, vostede decide. Por certo, e do goberno? Do goberno, falaremos outro d\u00eda.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u00c9 un pracer comunicarlle que o concello xa ten dispo\u00f1ible na s\u00faa web propaganda sobre o pleno de hoxe. Non crea vostede que \u00e9 cuesti\u00f3n de pouco, cando se fixo xa vox p\u00f3puli polo boca a boca a realizaci\u00f3n do pleno debido quiz\u00e1is a que \u00e9 plantexada a aprobaci\u00f3n definitiva do RTP, a relaci\u00f3n de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-7312","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7312","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7312"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7312\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7312"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7312"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7312"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}