{"id":7306,"date":"2012-12-08T10:22:00","date_gmt":"2012-12-08T09:22:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:25:07","modified_gmt":"2024-11-12T13:25:07","slug":"sobre-unha-barreira","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2012\/12\/08\/sobre-unha-barreira\/","title":{"rendered":"Sobre unha barreira en Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>Unha pequena historia&#8230; Dende a construci\u00f3n do ferrocarril da costa, ten habido un paso a nivel&nbsp; nos Garitos, ata que con bo criterio, decidiuse substitu\u00edlo por un paso inferior. Ent\u00f3n desviouse a estrada, que antes transcorr\u00eda segundo a li\u00f1a vermella, a un trazado semellante \u00f3 da li\u00f1a verde, baixando o nivel da calzada e subindo un par de metros a v\u00eda do ferrocarril para facilitar as cousas. A\u00ednda estaba a uns cantos anos a \u00e9poca da ponte e m\u00e1is da autov\u00eda, o tr\u00e1fico a\u00ednda non aumentara como no boom posterior, e a idea non foi mala para os coches. A xente da zona, a falta de mellores condici\u00f3ns de cruce pola estaci\u00f3n do ferrocarril ou pola a\u00ednda m\u00e1is alonxada ponte da estrada &#8216;do monte&#8217;, optou por seguir pasando pola v\u00eda polo mesmo lugar do antigo paso a nivel. A cousa foise endurecendo pouco a pouco \u00f3 aumentar dificultades para o paso, pero a xente a p\u00e9 seguiu a cruzar, e m\u00e1is a\u00ednda dende que se fixo a zona comercial, agora con cinco macro tendas. Con esa zona, dunhas poucas casas \u00f3 paso pasou a ser usado por unha parte m\u00e1is numerosa do pobo, que, de xeito alternativo se viaxa a p\u00e9, ten que ir polo cami\u00f1o marcado de azul, que a\u00ednda que \u00e9 abondo m\u00e1is longo e compartido polos coches, non ten case tr\u00e1fico, en parte est\u00e1 sen asfaltar, non ten luz nas tardes de inverno ou a\u00ednda que te\u00f1a un paso por baixo da estrada cami\u00f1o \u00f3 actual entronque da autov\u00eda que est\u00e1 a auga e lama. \u00c9 a opci\u00f3n dende o centro de Ribadeo, a non ser unha volta a\u00ednda abondo maior, pois o cruce de v\u00edas na estaci\u00f3n, tras varias reformas, p\u00faxose peor, e pola ponte da estrada do monte tampouco hai arc\u00e9n.<\/p>\n<p>Quede claro que todas as opci\u00f3ns se usan, pero coido que a principal con diferencia segue a ser, a pesares de sucesivos atrancos en xeito de barreiras diversas, o cruce polo antigo paso a nivel. En d\u00edas pasado houbo outra volta de aumento de barreiras, como puiden comprobar onte mesmo, volta que certamente fai m\u00e1is dif\u00edcil o paso, pero que xa xerou que unha zona do valado fora removida por algu\u00e9n.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEi7jrOv2CxLC9t8wIDEqXxClH7UHu11g5huv1dBTXIZT3b7fxJ5rAX5_rIOe4Cpca7UHxPu2O5p0zsif5OCYYpI76Ynr9eZHTuA_4MgEDkCH3JsyAg9Gc3tzZv4Rhh8r0P-mOUiNQ\/s2048\/ribadeo+alternativa+barreira.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"504\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEi7jrOv2CxLC9t8wIDEqXxClH7UHu11g5huv1dBTXIZT3b7fxJ5rAX5_rIOe4Cpca7UHxPu2O5p0zsif5OCYYpI76Ynr9eZHTuA_4MgEDkCH3JsyAg9Gc3tzZv4Rhh8r0P-mOUiNQ\/s2048\/ribadeo+alternativa+barreira.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>No medio de todo isto, hai pouco que se rematou a obra de cesi\u00f3n por fomento da estrada entre a glorieta da autov\u00eda e a Vila vella. Pero iso non se ama\u00f1ou. P\u00faxose ata unha beirar\u00faa \u00f3 mesmo nivel que a vella estrada na zona dos Garitos, pero non hai paso para pe\u00f3ns a traverso da v\u00eda. Ou para cruzar \u00e1 zona comercial. \u00c9 dicir, hai que ir en coche. A cousa contrasta con que unha vez cedida a estrada por Fomento, o primeiro que se fixo foi unha glorieta para que os coches poideran acceder \u00e1 segunda parte da zona comercial (os actuais Lidl, Koodza e Merkal), mentras que o ama\u00f1o da actual glorieta do xard\u00edn (da que haber\u00e1 que falar outro d\u00eda de xeito independente) a\u00ednda est\u00e1 remat\u00e1ndose estes d\u00edas.<\/p>\n<p>Non deixa de chocar a diferenza de trato que se lle da \u00f3s coches e \u00e1s persoas neste caso. Algo \u00f3 que hai que engadir que as d\u00faas partes da zona comercial dos Garitos est\u00e1n separadas por un pequeno murete (resultado da delimitaci\u00f3n dos terreos e aparcamento da primeira zona, a correspondente a Eroski e Brico King) que a persoas de certa idade ou con algo de carga non deixa e importunar abondo. Por certo &#8230; onte mesmo amenceu en Facebook a idea de pedir \u00f3s centros comerciais que facilitaran o paso entre eles, mediante o uso continuado do buz\u00f3n de suxerencias, petici\u00f3n \u00e1 que me apunto e fago p\u00fablica a traverso desta entrada. Estas verbas non ser\u00edan m\u00e1is que a ampliaci\u00f3n da petici\u00f3n para involucrar \u00f3 concello e facilitar o paso, e a aportaci\u00f3n dalg\u00fan dato &#8216;hist\u00f3rico&#8217; relacionado, xunto coa constataci\u00f3n de que as\u00ed non se favorece nin o gasto, nin a integraci\u00f3n dos arrabais en Ribadeo, nin a ecolox\u00eda &#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha pequena historia&#8230; Dende a construci\u00f3n do ferrocarril da costa, ten habido un paso a nivel&nbsp; nos Garitos, ata que con bo criterio, decidiuse substitu\u00edlo por un paso inferior. Ent\u00f3n desviouse a estrada, que antes transcorr\u00eda segundo a li\u00f1a vermella, a un trazado semellante \u00f3 da li\u00f1a verde, baixando o nivel da calzada e subindo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,11,9],"class_list":["post-7306","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-historia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7306","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7306"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7306\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7306"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7306"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7306"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}